Amosando publicacións coa etiqueta BNG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BNG. Amosar todas as publicacións

xoves, 6 de xullo de 2017

Vídeo montaxe do BNG e vídeo ao natural


Observando algúns comentarios en redes sociais, deses que os que o emite agradece a volatilidade de tales publicacións, pois nun couto como Facebook, pérdense en días ou en horas: lembras ler, pero non lembras onde, se nun muro, nunha resposta a un comentario, nunha foto, nunha compartida... e cando queres buscar non hai maneira de dar con el.

O comentario ao que me refiro é un no que, con soberbia actitude, declaran que teñen fotos que demostran que eles coidaban as cousas. Pois velaquí, unhas fotos que amosan unha realidade doutros tempos: así estaba a beirarrúa de Cans e o entorno do monólito o día 2 de outubro de 2010, cando o BNG co-gobernaba co PSOE. Nesta situación, o meu fillo máis eu puxémonos mans á obra para deixar todo tal e como se aprecia na foto de portada. Sobra dicir que dez días despois aproveitáronse do noso traballo para facer o seu "paripé" (Santiago Suárez dixit).


Nestas, o antes e o despois de pasarmos o traballo.

A seguir comparto tamén o vídeo e fotos que fixeron. Despois de tal cousa, algúns do BNG do Son estráñanse porque en Nebra non levantan cabeza, a pesar de que en teoría teñen máis militantes que nunca. A derradeira vez que pasei por ese paseo foi o 9 de xuño e non o vín tan desfeito como se da a entender no vídeo, no que para facer máis "dramática" a montaxe sacan varias fotos das mesmas táboas dende varias posicións queren facer pasalas por outras. No caso da ducha, sóame tela visto xa polo Facebook quizais o ano pasado, así que, presuntamente, usan fotos non propias, noutro intento de poñer as cousas como non están, porque repito, cando pasei por alí, non me pareceu ver tal cousa. O malo que ten a política é que unha cousa é predicar e outra dar trigo. Onde non enganan é nas fotos das beirarrúas, na entrada a Cans. A modo de anécdota, eu mesmo auxiliado por un pau, teño capado silvas por aí como fago habitualmente polas pistas por onde paseo. Por certo, arrepiante como en tan pouco texto cometen tantos atentados ao idioma galego.



Creo que como calquera veciño pode facer, sempre que vin algún defecto nesta pasarela, pasáballe as fotos ao responsable e, no caso de que fixesen caso omiso, publicaba no Facebook. A última vez que dei conta de defectos, eran 3 ou 4 táboas en mal estado na entrada por Salagoa, que foron repostas en cuestión de días.

Como non sei quen leva a páxina de Facebook do BNG Porto do Son, convídoo ou convídoa a que revisen esta entrada que publiquei no seu día, a ver se cae na conta de que, cando os partidos se instalan no poder trocan o "chip" copiando as mala artes de criticar o que descoidaban estando na poltrona. Oxalá o resto de paseos do Concello estivesen tan mal coma este.


venres, 13 de maio de 2016

NON foi a xente de Nebra a que lle deu a maioría ao PP

Desde o Pleno constituínte non acudirá a outro da actual lexislatura, e o único que saquei claro é que saín bastante aburrido e coido que non fun o único, tras escoitar varios "bostezos", no chamado salón nobre.

A pesar de que agora se celebran ás 20:00 h. a asistencia, baixo a miña opinión foi mínima, xa que apenas pasamos da ducia, contando que 5 eran do BNG.

O que menos me agardaba era que a súa portavoz nos citase por 2 veces aos veciños e veciñas de Nebra, primeiro porque segundo ela, grazas ás obras de última hora a cargo do POS, investido no saneamento (toda aldea de Resúa, Puílla, menos 1 casa e 3 na Aguieira) arrincoulles o seu voto á última hora.

Como o voto é segredo, xa me gustaría saber como está tan segura que TODOS os de esa xente foron parar ao PP, ao igual que os de Beneso.
O gráfico non deixa dúbidas de que o PP gañou en tódalas mesas do Concello, incluso na súa parroquia, polo que non entendo que solo cargara as culpas contra Nebra.
Aínda me resoa nos oídos as risas que soltou moita xente, eu incluído cando nos falou das bondades do monte e como ademais dos porcos lle podíamos sacar máis beneficios. Claro que ese día algunha esquecéuselle dicirnos que a comunidade estaba denunciada polos danos causados que estes lle causaron a un veciño ao que se negaron a indemnizalo, que a día de hoxe non cobrou mentres a outros si que os compensaron.

Das excelencias e mina de ouro que podía ser o monte se gañaban tamén o prometeu no mitin que deron no Son.

Ao mellor Luís e o seu equipo entre outras cousas gañaron en Nebra por isto e iso que daquela non se sabía o que sabemos hoxe de todo o que pasou no monte, porque non foi até setembro cando convocou eleccións ante o "toque que lle deu a Xunta" que apunto estivo de quitarnos o monte. Co que a bo seguro "sería unha arma" a usar contra o PP, porque algúns ven mellor a palla en ollo alleo que a viga «aínda que non estea atravesada» no propio.

Volveunos a citar noutro intre que neste momento non lembro, cando se publique a acta se foi recollido, igual escribo algo a maiores.

O que non podo pasar por alto é a queixa que neste caso fixeron tódolos grupos, pola modificación no proxecto dunha pista en Queiruga, aínda que voume deter expresamente no BNG, polo que pasou aquí coa modificación do proxecto do local veciñal, que a pesar de ser obrigatorio levalo de novo a asemblea, o ex-presidente polas presas que tiña "botábanse unhas eleccións enriba", eludiu adxudicando directamente o 2º proxecto, algo que algunha xente da asemblea local do BNG, coñecía e preferiu poñerse da súa banda en detrimento da legalidade.

Por reclamar esa legalidade foi polo que fun expulsado da secretaría da comunidade. Nuns días publicarei varios documentos que me afectan para que se vexa como fun maltratado e ríndose da ignorancia dos comuneiros e comuneiras, aos que mentiron na asemblea do 13 de maio de 2007.

luns, 19 de outubro de 2015

Especialistas en apropiación de fotos, actos e propiedades

Se cando entrei no BNG me dixeran que algún día tería que escribir estas cousas sobre algúns nacionalistas, seguramente non dera o paso. Aquí teño que aplicarme isto de: onde menos agardas salta a lebre.

A revista dixital e nacionalista Terra e Tempo, foi a que me roubou a foto que encabeza esta entrada para ilustraren o artigo de Xosé Alfredo Pereira, e por riba, como se comproba ao poñela a carón da orixinal, manipulárona (tan chafalleiros foron que nin o nome indicador da foto se mataron a editar).

Este ano, o xa ex-presidente da comunidade (dende o 27 de setembro) convidou a Xosé Alfredo Pereira Martínez a presidilo «paripé» que xunto co BNG de O Son promoven desde que abandonei o partido (e empeñan en atribuírse a autoría). No discurso mencionou que asistían familiares das vítimas, cando en realidade tanto os descendentes de Antonio Sobrado como os de Xenerosa Vidal estaban na misa, a cal desde a 1ª homenaxe se celebra na súa memoria. Até niso ten que recorrer á mentira!!

Como podía seguir sendo militante dun partido que desde o bipartito levoulle por diante, con mentiras, parte deste agro a meu pai (e outros) para cruzarllo cunha pista? Daquela ese señor e os ex-compañeiros non moveron un dedo polos nosos dereitos, agora veñen aldraxar a memoria desta xente, entre os que había familiares meus.

Segundo o anunciaron, veu en calidade de presidente da orgaccmm, pero Santiago Suárez fixo fincapé en que foi un dos fundadores do Instituto De Estudos Agrarios Mártires de Sobredo, e que tamén organizan «un acto como o deles».
O secretario do IEAMS xa se puxera en contacto comigo hai 2 anos. Por convicción xa ía á súa homenaxe moito antes, e coñezo a maneira na que o organizan, e ese ano como fun invitado acudín novamente e tamén falar en persoa mellor que por teléfono, mais non só non corresponderon (a pesar de invitalos expresamente), se non que por afinidade política o seu vogal preferiu vir ao do BNG. Se fose coherente como a seguir había o acto sen vinculacións políticas, en xusta correspondencia debería agardar.

Así coincidiría con Deira, ex-alcalde de Boiro que non tivo inconveniente en sumarse á homenaxe, a pesar de que, encabezado polo alcalde había unha ampla representación do goberno local, faltando toda a oposición e iso que foron invitados expresamente, porque este acto sempre foi aberto, e como ben dixen alí mentres había só un xamais se usou a estreleira, porque sempre actuei como nebrán non coma militante, algo que non queren aceptar porque quedarían sen argumentos para levar a auga para ao seu muíño.

Agardo que polo menos se o chamou polo móbil, non usase o da comunidade, que aínda non llo entregou á nova xunta reitora, un feito incomprensible.

Este ano produciuse algo no que ao mellor moitos non repararon, non puxeron a súa bandeira ao pe dos monólitos nin fixeron acto de presenza con ela como cando se colocou a placa que acompaña o monólito, colocada por un alcalde do PP, Manuel Tomé, a quen apearon grazas a unha moción de censura que á prostre non lles valeu de moito (e tiña o mesmo dereito, ou máis, que eles a estar aí).
Igual este ano alguén os asesorou de que non o fixesen ou déronse unha volta polos meus artigos para ver como organizan, por exemplo, o de Sobredo, onde non hai bandeiras coa estreleira xunto ao monólito.

A mesma revista non tivo empacho en usar o cartel do noso acto, un traballo do meu fillo, para "adornar" a crónica do meu homónimo, Calo Lourido, de cando veu ao «paripé» deles. Digo eu que, estando a súa intervención anunciada no cartel do BNG (cos anagramas correspondentes), porque fixo uso do outro?.
Sorpresa tamén e ler o comentario que escribiu Santiago nese artigo, e ver como esa "pailanada" se desminte soa coas súas propias palabras. Malditas hemerotecas! Ademais das difamacións que fai, lembrarlle que non é preciso militar nun partido nacionalista para ser considerado como tal. Se acudise algunha vez a Sobredo vería que tamén acode algún alcalde do PP.

Logo temos en Salceda de Caselas unha rúa Mártires de Sobredo. Algo que eles aquí non fixeron, a pesar de ter a oportunidade estando por 2 veces ao fronte do Concello, e, se me informaron ben, participaron na renovación dos novos rueiros de O Son.
No caso dos rueiros, para min foi unha desconsideración pórlle a rúa a David Mariño (fusilado na Guerra Civil), en Portosin no mesmo lugar onde aínda resiste un escudo da Falanxe. Como non hai ningún acto que o lembre (ou como no meu caso, non teñen a quen roubarllo), é un dos esquecidos da historia sonense, que, non sendo de Portosin, limiteime a lembralo aquí.
Seguindo coas apropiacións (ou curiosidades), atopeime no Facebook como Ánxela Franco (quen me chama «mentireiro») compartía a publicación de Alexandre Bóveda, que vai acompañada dunha foto miña.
E non podía rematar sen presentar, por fin, a proba de como a Consellería do Medio Rural, cando estivo ao fronte o curmá do "pailanadas" actuou de mala fe, enviándolle a documentación da denuncia de meu pai (q.e.p.d), mentres a el XAMAIS lle contestaron. Se lle fago caso á señora Franco, que por ser militante contaba como «do bloque», entón estes feitos que aconteceron cando seguía militando, tamén son o culpable, non?.

sábado, 28 de marzo de 2015

ASÍ É COMO MANIPULA O BNG

https://www.facebook.com/
Bárbara Resúa: A verdade qe eu fun e deixou ben clariño qe en dous meses non lle ia dar tempo a realizar todos eses servizos básicos que os veciños pedian e claro que para iso tiñan qe gañar as eleccións en maio. Manda carallo!!!! O que non fixeron en catro anos disque o van facer todo como sigan no goberno. Por certo, tamen dixo que o veciño que precise librar o pozo negro o concello ofrecese a librarllo sin problema ningún así que estamos como queremos que incluso a merda nos veñen limpar ( que xenerosos ).

Paco Do Martelo: Pero acaba porque dixo iso, non te quedes a medias

Xoán Xosé León Martinez: Aparece agora prometendo o que non fixo en 4 anos. e prometendo algo difícil de facer como e o vaciado dos pozos negros por medio dunha cisterna,¿ onde pretende libralos? ademáis tamén llo prometeu aos veciños de Caamaño.

Bárbara Resúa: Siiii esa e outra! Foi o último que se falou nesa charla-mítin. Que ben imos estar en Nebra como estes sigan no goberno, isto vai parecer Madrid Chiquita co Estadio Santiago Bernabéu incluido.

Paco Do Martelo: MANDA CARALLO e despois o manipulador son eu.

Xoán Xosé León Martinez: Outra perla que deixou nese mitin foi:
· O concello contará con tres campos de fútbol de herba artificial: Nebra, na zona norte; Porto do Son, na zona centro; e Caamaño, na zona sur.

Pinchando no enlace pódense ver máis comentarios que os reflectidos aquí.

xoves, 5 de marzo de 2015

A teima do BNG de Porto do Son coas "tabernas"


Aínda que o artigo apareza asinado tamén polo PSOE e o GM Non Adscrito, ao estar publicado na web do Bloque, manteño a postura, quen o escribe é o que menos pode opinar do tema.

Se só fose ese o problema non me importa moito porque non pertenzo ao gremio, mais como militei no partido sei ben quen facía a maioría dos escritos do Nordés, e ollando estas coincidencias parece que segue imperando a maneira do impostor que temos de presidente de facer amigos, terxiversando as cousas e a verdade.

Estiven na asemblea que "non se debera repetir o acontecido", da que o impostor grazas á complicidade do secretario, escribiu o que lle ditou punto por punto «cousa que comigo tentou pero non achantei», burlarse de todos os veciños e comuneiros con esa nota, ao igual que fixera na asemblea. A súa postura si que foi propia dunha taberna. O único que fixo a xente ese día foi preguntarlle as dúbidas, e ante a indiferenza e os desplantes do agora presidente ilegal, foi polo que a xente, xa queimada de tanta soberbia, o deixou alí só no local.

Como non estiven no pleno do PAI non podo opinar, só me limitei a ler opinións vertidas pola xente, doída polo tratamento que se lle dou por parte da oposición. Porén, por moito que a xente berrase «segundo a interpretación do seu escrito», seguen sendo veciños do Son e non deberían menosprezar nin dirixirse a ningunha persoa como "energúmenos", que esa si que sería unha palabra que calquera empregaría nunha taberna, pero non algo para expoñer nun documento oficial «e os dous grupos asinantes non deberan deixarse enredar e estar de acordo con esas formas de expresarse, pois saen igual de mal parados».

Resumo da asemblea que cito: Politizando a comunidade... de novo

luns, 31 de marzo de 2014

Tan fráxil é a memoria dos políticos ante as eleccións?

Lémbrome coma se fose hoxe. Por mor de acudir ao Parlamento coa intención de recoller unha intervención da Comisión 7ª onde o Conselleiro de Agricultura, Diz Guedes, respondíalle aos deputados naquel entón do BNG, Emilio López (Milucho) e Suso Vega, por mor da Concentración Parcelaria na parroquia, ese día debatían a supresión da peaxe na autoestrada Coruña-Carballo, lucindo tódolos deputados da oposición un cartaz no peito que dicía: Non á peaxe na AG-55.

O PP grazas á súa maioría, non deu o brazo a torcer. Porén ano e medio despois o PSOE e BNG, fixéronse coa Xunta, e o PSOE aplicou aquilo de «onde dixen digo, digo Diego», mais o BNG, podendo, non fixo a forza precisa para dobregalos.

Agora que temos as eleccións á vista, dende a oposición volven á carga esixindo a supresión e gratuidade das autoestradas, algo que aplaudo, mais pregúntome, como non fixeron ren, cando tiveron a tixola pola man, como neste caso?

Mentres teña folgos GRITAREI ALTO e CLARO, para facernos esa «cacicada fascistoide», particularmente, sairiamos mellor parados se gobernase o PP.

Quien no te conozca, que te compre.
02/09/2005: A nova Xunta xera expectativas sobre a gratuidade da AG-55

O nacionalista Henrique Tello advirte de que o bipartito debe cumprir as súas promesas.
Touriño sinalou que liberará a taxa de Rande, o que abre a porta para a supresión doutras.

15/02/2006: A AG-55 volve quedar fóra dos acordos sobre supresión de peaxes

Todas as forzas políticas da zona reclaman a gratuidade da autoestrada A Coruña-Carballo.
O BNG considera que o Goberno bipartito da Xunta debe cumprir as súas promesas.

28/04/2006: A oposición achaca a Touriño un troco de opinión sobre a gratuidade da AG-55

18/10/2008: «Todos os que formabamos parte dela seguimos contra a peaxe»

03/7/2010: O BNG denuncia que os descontos que se aplican na AG-55 non compensan a nova subida da peaxe

28/04/2011: Rexeitada no Parlamento de Galicia unha iniciativa máis para a supresión da peaxe

martes, 18 de marzo de 2014

Malo que o presidente e o seu partido non sexan quen de aprecialas diferenzas, entre expropiación, cesión e roubo

Montse Prado, na súa conta de Facebook a raíz do seu apoio aos mariñeiros do cerco.
13 Marzo: Está claro do lado de quen está @obloque

Paco Do Martelo. Montse, gustaríame saber neste caso de lado de quen estaba o BNG e o exbigoberno, ante este atropelo?
Expropiación ilegal
Medio Rural non contesta

Dado que a señora Prado non se dignou a responderme a ningunha desas preguntas aproveito esta noticia para que xunto cos seus compañeiros, saiba discernir entre:

A Expropiación, é unha institución de Dereito Público que consiste na transferencia coactiva da propiedade privada desde o seu titular ao Estado, mediante indemnización: concretamente, a un ente da Administración Pública dotado de patrimonio propio. Pode expropiarse un ben para que este sexa explotado polo Estado ou por un terceiro.

A Cesión: é a renuncia dunha posesión ou un dereito a favor doutra persoa ou organismo.


O roubo: é un delito contra o patrimonio, consistente na apropiación de bens alleos.
La Voz de Galicia: O arranxo do paseo marítimo de Boa requirirá a cesión de novos terreos


Barbanza/Marta Gómez: Os danos causados polos temporais tamén afectaron á estrada

Dentro do paquete de intervencións de urxencia que acometerá o Goberno central a través da Demarcación de Costa para reparar os danos causados polos temporais dos últimos meses anunciouse unha actuación no litoral de Boa, en Noia. Segundo informouse desde o goberno local, a actuación que se acometerá nesa zona non será peccata minuta, xa que os danos causados polo mar tanto no paseo marítimo como na estrada que pasa pola zona son importantes. De feito, requirirán a cesión de novos terreos para que poidan acometerse os traballos.

A forza do mar non só afectou ao paseo de Boa Grande, que permanece cortado desde hai semanas debido, precisamente, aos danos sufridos, senón tamén á estrada. A erosión do terreo fixo que viñese abaixo a parte da plataforma da vía máis próxima á praia e será preciso modificar o trazado, polo que desde Costas de solicitou a colaboración do Concello para que xestione cos veciños con propiedades na zona a cesión dos terreos necesarios.

Ademais, será preciso modificar a anterior estrutura do paseo, que resultou moi danada, para garantir a súa estabilidade e evitar que volva resultar tan afectada polos temporais.

No verán

Pola súa banda, desde o Concello piden a colaboración dos veciños na cesión dos terreos. O obxectivo é axilizar as xestións todo o posible para que o paseo de Boa e a súa contorna estean recuperados para a tempada estival.

Por agora confirmouse a intervención da Demarcación de Costas para acometer a actuación en Boa, pero os danos ocasionados polo mal tempo no municipio noiés alcanzaron a outras zonas do litoral. Tamén en Testal rexistráronse danos e será preciso retirar a caseta dos socorristas.

No seu momento, o executivo noiés cifrou en 250.000 euros o custo de reparar os danos causado polos temporais.

A intención é que a zona se atope en perfecto estado este verán
Estou seguro que Bieito, en ningún caso fará en Boa o que lle fixo o seu compañeiro, Suárez Canal e o seu curmán a meu pai, que ademais de ser un emigrante, era tan galego coma esa xente que por intereses electorais din defender. Isto dáme dereito a dicirlles alto e claro: ÍDELLE CON ESE CONTO A OUTROS E A OUTRAS!!!


domingo, 16 de marzo de 2014

Como me sona esta canción!!!


Con que moralidade ou dereito atrévese agora esta señora, a pedir contas ou explicacións á Xunta do PP, cando no seu día o seu partido desde a Concellería do Medio Rural, non foi quen de darllas a un cidadán que pagaba os seus impostos, co agravante de que o seu fillo, eu, nese intre militaba no partido, do que me arrepentirei toda miña vida, e onde ademais de pagala cota mensual, aportaba fondos nas campañas, sen que xamais pedise contraprestacións xa que ese non era o meu estilo, como adoitan facer outros, neste partido e noutros.

A Xunta non responde...

Como troca o conto!!!

Medio Rural non contesta...

Para unha vez que reclamamos un dereito, non unha prebenda, vexase a súa resposta. Doutros partidos agardaba de todo, porén do meu? XAMAIS!!! Así espoliounos, ou mellor dito, o exconselleiro roubounos parte dese agro atravesándonolo con esa pista ilegal, feita con fondos públicos, e que nin sequera fora aprobada pola Comunidade.

Descoñezo onde ese señor, xunto co seu curmán, estudaron o termo propiedade privada e Democracia. Verbas que baixo o meu punto de vista quédanlles moi grandes, casándolles mellor esta: Ditadores.

Fai uns días, ollando a defensa que facía Montse Prado na súa conta de Facebook (presuntamente somos amigos), pregunteille por que non seu día non alzou a súa voz contra este atropelo. Non hai peor cego que o que non quere ver... tampouco me contestou.

Viario no PXOM. Planos que Ánxela Franco, como tenente de alcalde mostraba orgullosa a todo o mundo que se achegaba ao Concello, onde prometía a Variante de Portosín, da que agora, conxuntamente co seu partido, seguramente por intereses electorais rexeitan. Xa o di o refrán: Non cuspas para riba que te pode caer na cara.

venres, 5 de xullo de 2013

Onde estabades todos cando nos roubaban a vida?

Dóeme mesturar de novo a cacicada cometida polo bipartito contra meu pai, coas preferentes, mais ollando como os excompañeiros volven a facelo mesmo tentando presentar a enésima moción no Concello para declarar persoa non grata a calquera deputado do PP, polo voto á quita no Congreso, nomeadamente un veciño de Noia, síntome na obriga de lembrarlles unha vez máis que son os menos indicados para tentar dar leccións de moralidade a outros.


Escoitalos retráeme de novo á derradeira reunión que tiven con eles e outros, na Asemblea Local, onde ao igual que fixeron eses deputados, eles tamén tomaron partido polos seus compañeiros, no canto do agraviado polo "roubo". A proba máis palpable é que fixeron igual que no PP, o banqueiro que vendeu as preferentes saíu "premiado" polo partido con un posto de saída nas eleccións xerais e aquí, o culpable da "quita" a meu pai, nas municipais..., pero de recheo.

O único que digo e repito é que meu pai antes da cacicada tiña unha propiedade intacta e agora, quedáronnos dous cachos atravesados por unha pista, e por riba, sen un tractor de leña e todo o que deixa de producila zona.

O culpable
O consentidor e cómplice
O agro galego non se defende roubándolle a un comuneiro para lucimento persoal do presidente da comunidade, ao que o exconselleiro de Medio Rural e á prostre, seu curmán non soubo poñer couto ou non quixo, de aí que estes señores negáranse a repudialos por ser do partido. Por descontado que se fosen doutro, non teño a menor dúbida que trocaría o conto, porén a estas alturas sei ben de que pe coxean.

Supoño que o saben, porén, se non é así, deixo esta noticia dun compañeiro que vendeu preferentes, mais tivo a valentía de pedirlles perdón aos clientes estafados.

Un concelleiro de Gondomar pide perdón por colocar preferentes: O nacionalista Crego, que traballou en banca, é o primeiro político que o fai.

Recuncando ao problema dos estafados coas preferentes, cando se darán conta os políticos, sexan do goberno ou da oposición que, saben perfectamente que uns e ouros levan tempo xogando con eles? De aí que sexan os únicos sinceros na comisión de investigación das caixas no Parlamento galego?

Ana María Cedeira Zas: "a min non me importa quen estaba; estabas todos". "Deixade de pasarvos a pelota", instou e recriminou que os banqueiros facían o que lles daba a gana" e os políticos "miraban para outro lado"

Pola súa banda, os grupos coincidiron en defender a vía da arbitraxe e a devolución total. O BNG agradeceu aos comparecentes que lembren ao Parlamento que debate sobre "persoas de carne e óso", mentres AGE criticou que esta sexa a primeira vez que "unha lei di aos afectados que teñen que deixar unha parte ao ladrón".

O PSdeG pediu perdón por "os erros" que puidese cometer o partido e trasladou o seu apoio ás reivindicacións dos afectados. O PP manifestou o seu "compresión" e "apoio" ás demandas e o ofreceu tamén as súas "desculpas".
Aquí a proba palpable do dobre traseiro da xente do BNG

Contradicións do BNG relacionadas:

Francisco Jorquera instou aos populares a posicionarse, “a carón dos estafados ou dos estafadores”

O portavoz nacional do BNG visita este venres 5 aos estafados das preferentes pechados no Concello

Manifesto das Alcaldías do BNG en solidariedade coas vítimas das preferentes e contra a lei da administración local

Guillerme Vázquez (BNG): "Ningún gobierno que permite o roubo das preferentes debería durmir tranquilo"

Pero... ¿Quen ten a culpa das preferentes?

El origen de la reglamentación de los polémicos productos financieros está en una reforma legal del Gobierno de Aznar. Mientras fueron emitidos gobernaron en el Estado populares y socialistas y en Galicia, el PP y el bipartito de PSdeG y BNG.





luns, 27 de maio de 2013

Non se pode nadar e gardala roupa


A Comedela destes días en Noia foi a talla desta acacia, que suscitou un intenso debate nalgúns foros, e na rúa. Por conciencia medioambiental aínda que non sexa de Noia, tamén aportei o meu gran de area, xa que nun principio, presuntamente a desculpa de tamaña aberración fora que os paxaros que se pousaban nela «defecaban» sobre a xente... Vamos que por esa regra de tres habería que tallar a maioría de arbores do entorno.

Porén cando alguén dixo que o motivo fora unha sentenza xudicial, pola miña parte decidín pechalo tema, mais ollando as desculpas do BNG de Noia seguramente pola presión social, culpando a unha compañeira, non do partido, se non do trigoberno do que forman parte, quedei abraiado.

Como pode ser posible que unha edil, por moita competencia que delegaran nela, poida facer e desfacer na súa area de goberno o que se lle antolle, sen darlle explicacións ao resto dos membros do trigoberno?

Na foto, observase perfectamente que a talla non se fixo de noite, con premeditación e aleivosía, se non que efectuouse a plena luz do día. A pregunta é onde estaban os edís do BNG, nese intre?

De estar gobernando outro partido, dáme igual cal, deixarían tallala e logo sacarían a nota de prensa ou farían algo máis como fixeron noutras zonas?

Tema distinto de aí que aproveite esta polémica, foi o que nos fixo a Consellería do Medio Rural en mans do BNG e o presidente da Comunidade de Montes, tamén do BNG, abríndonos esta pista polo medio e medio dun agro. Neste caso os dous, si que actuaron con premeditación, aleivosía, porque como ben teño dito, sendo o secretario da Comunidade fun o último en ser informado do que para min, considero que foi un roubo.

Poida ser que os Concellos xa sexan: monopartitos, bipartitos ou tripartitos funcionen por áreas delegadas pola alcaldía, porén nas Comunidades de Montes non é así. As Xuntas Reitoras previa reunión e acordos tomados, están obrigadas a levalos a Asemblea, para que sexan ratificados ou se é o caso, desbótalos. Algo que como ben digo, isto non sucedeu con esta pista. Mais a gravidade do asunto foi que o Concelleiro cometese fragrante delito.

A maiores, todo isto ben a darme a razón na contra daqueles que, na última xuntanza que tiven na Asemblea Local do BNG de O Son, déronlle a razón ao presidente e polo tanto tamén a seu primo: O Concelleiro.

Ollando a tres deles neste vídeo, está visto que, se a «quita ou roubo» a exercen outros partidos, é censurable, se o comete o seu, é perdoable.




Xornal Certo: Noia: o Bng, socio no goberno local, tamén en contra da talla da acacia do parque infantil da Alameda

Inda están a suscitarse reaccións ante a talla da enorme acacia que estivo no parque infantil da Alameda de Noia ata o pasado luns 20 de maio. Desta volta é un socio do goberno tripartito local, o Bng, que emitiu a seguinte nota de prensa:

“Con respecto ao triste suceso da talla da acacia do parque infantil da alameda de Noia o BNG mantén o posicionamento seguinte:

O grupo municipal do BNG do Concello de Noia por principios de protección medioambiental rexeita a talla de árbores, sexan estas especies catalogadas e protexidas, ou non. Só en casos moi fundamentados e inevitábeis se vería procedente tal acción.

Calquera que se interese pode comprobar que o que estamos a dicir non se trata de simple retórica. Cando o BNG tivo a responsabilidade de goberno nesta materia en Noia, fixéronse plantacións tanto na zona urbana como na periurbana. Aí están os casos da rúa Carreiriña, rúa de Galicia, rúa Espírito Santo, Malecón de San Lázaro ou Testal, por citar algúns exemplos. Unicamente, e no que nós consideramos conxuntura de forza maior, naquel tempo fixérase o trasladocustosísimo dunha árbore de moito porte, un magnolio, que desgraciadamente non sobreviviu. Fora con motivo de abrir a que hoxe é a principal arteria viaria de Noia, a rúa Pedra Sartaña, e sen a cal actualmente non poderíamos contar cunha estación de autobuses na nosa Vila.

ERRO DUNHA CONCELLEIRA QUE NON É DO BNG

Aclaracións sobre o funcionamento dos gobernos municipais

Segundo a actual Lei de Réxime Local, o grupo de goberno, sexa este monopartito, bipartito ou tripartito funciona por áreas delegadas pola alcaldía. Aínda que, en principio, a lei outórgalle ao alcalde a capacidade de reter na súa posesión o control de todas as áreas de goberno, este pode delegar nos distintos concelleiros e concelleiras que compoñen o grupo de goberno. Unha vez que o alcalde delega nun concelleiro ou concelleira, estes teñen plenos poderes para organizar e tomar decisións sobre todas aquelas materias que ateñen á súa área delegada. Só aqueles proxectos ou resolucións sobre temas de moita envergadura precisan da participación e decisión do conxunto do grupo de goberno municipal; podíamos pór o exemplo da redacción do PXOM.

No que respecta á xestión cotiá non se producen interferencias nas distintas áreas de goberno. Así, se o concelleiro-delegado de urbanismo comete un erro, ilegalidade ou abuso na concesión da licenza dunha obra, evidentemente, non se lle pode imputar esta falta ou delito ao conxunto do grupo de goberno, que nada tería a ver na comisión de tal falta ou delito.

Noia: a asociación cultural “A Devesa” critica a talla da acacia do parque infantil da Alameda

sábado, 25 de maio de 2013

Onde vai a coherencia da xente e políticos?

Vaia por diante que sempre sufría cando na casa matabamos o porco. De pequeno, xunto con meu irmán, sempre nos escamoteabamos, porén segundo íamos cumprindo anos iso xa non nos foi posible. Xa eramos grandes e había que botar unha man, ben meténdolle a cebola na boca para que non gritara ou remexendo a sangue, para poder facelas filloas.

Ninguén se poden imaxinar o alivio que sentimos cando por primeira vez veu o señor José de Veliña «q.e.p.d», veu matárnolo co seu rifle, o seguinte foi Mariño e o derradeiro Antonio do Facho.

Porén hoxe non toca falar dos porcos, porque a pesares de sufrir moito menos que os touros e tratarse dunha forma de supervivencia no rural galego e non dun divertimento de masas, a Xunta de Galicia, sacou unha Lei que prohibe acoitelalos, sen antes atordalos ou sacrificalos con pistola.

Se o matachín era certeiro o tempo de agonía duraba un minuto escaso, mais a angustia dos touros pode facerse eterna, dende a sorte de varas, banderillas, espada de matar, espada de descavillo cando o toureiro non acertaba matalo á primeira, ou subalterno coa puntilla, para rematalo.

A dúbida que teño sobre as corridas e outros espectáculos onde conxéneres seus, son os tristes protagonistas, é saber se sofren menos, cando goberna a dereita ou gobernos que se autodenominan «progresistas»? Na pasada lexislatura A Coruña estivo gobernada polo PSdeG e polo BNG, e logo de levarse celebrando máis de 20 anos corridas baixo as masivas maiorías absolutas de Paco Vázquez, estas seguíronse celebrando a pesar de que, de portas para fora parece que houbo un «choque» no pacto do goberno, que como se viu non pasou a maiores. Poderoso cabaleiro Don Diñeiro, que primou máis o peto que a conciencia...


Praza: Moción popular contra as touradas na Coruña

A feira inaugurarase con touros de Fernando Pena para Enrique Ponce, Francisco Rivera Ordóñez "Paquirri" e David Fandila "O Fandi".



Faro de Vigo: Vigo converterase na primeira cidade de Galicia en prohibir os circos con animais

O Concello apela a cuestión de sanidade e seguridade para evitar que caravanas e carpas se instalen en parcelas municipais - No poderán impedir que o fagan en fincas privadas.

Faro de Vigo: Ourense prohibe a actuación na cidade de circos con animais

Ourense é desde onte un dos 111 municipios de España nos que quedan prohibidos os circos con animais. Foi o resultado dunha moción presentada polo BNG e defendida con vehemencia pola edil Ximena González, e que derivou nunha disparatada sucesión de intervencións absolutamente circenses, para defender posturas atopadas respecto diso.

A moción saíu adiante cos votos do PSOE e o BNG. O PP abstívose ao ser rexeitada a súa emenda na que propuña a prohibición en Ourense dos circos que fagan números nos que se degrade ou se lesións aos animais, e os edís de DO votaron por separado. Nun exercicio de democracia interna, Susana Gómez de DO apoiou a moción do BNG e Gonzalo Pérez Jácome votou en contra, tras defender o seu curioso razoamento que logo fora moi rechiado polo cal o uso de animais, forma parte da evolución humana e de feito "o homo sapiens sobreviviu porque foi capaz de domesticar ao can e o Neanderthal non".

Nun escenario acrobacias dialécticas, Miguel Abad do PP deulle un xiro bioetico ao asunto para defender o uso respectuoso de animais nos números de circo, mostrou unha foto do alcalde disfrazado de domador no pasado entroido, para facer un símil entre os faquires, acróbatas, e malabarista e magos e a xestión do goberno local, e mesmo tivo tempo de lembrarlle ao BNG a incongruencia defender esta moción mentres en Allariz "levan a un boi atado polos cornos".

Hoxe precisamente comeza por terras alaricanas esta festa?



Discordia pública en Noia

Os 'touros' do Barbanza e as súas peculiares corridas (1)
Os ‘touros’ do Barbanza e as súas peculiares corridas (2)

Á vista dos documentos e fotos publicadas na ligazón, haberíalle que preguntar a algúns grupos políticos que entenden por tradición secular?


O 25 de abril de 2009, tres anos antes da anterior ligazón, facíame eco dunha transmisión oral de meu avó de A Graña, que cedía vacas bravas para tourealas no curro pola Feira de San Marcos.

Non estou reivindicando as corridas porque como dixen ó principio, sufro cando se maltrata un animal ou o matan, de feito xamais fun quen de facelo coas galiñas galos ou coellos. Como ben digo nesa entrada, sendo moi rapaz leváronme a presenciar unha en Noia e non recunquei.

Do que non tiña constancia era que aquí, no Son, tamén houbo corridas.


E para rematar...
Cataluña sen touros e algúns sen ética
Hai máis zonas onde os valentes?, mulleres incluídas a súa ética pásana polo forro...

Máis salvaxadas que nalgúns pobos xa pasaron a mellor vida.

Peña Taurina Gijona

domingo, 20 de xaneiro de 2013

Respecto e falsidades son incompatibles


Ao fío deste comentario publicado aquí, síntome na obriga, unha vez máis, de saír ao paso desta nova mentira e falsidade sobre a orixe da homenaxe aos mártires de Cans, e máis se quen a argalla, nin tan sequera estivo na primeira homenaxe.

Os do Bloque fomos os que estabamos acaron de Ramon Sampedro cando non era famoso, somos os que seguimos respetando o que representa a sua memoria e seguiremos.
Gracias por notar a nosa falta, porque cando estamos nos, parece que foramos invisibles ou se nos ataca de "politizar" os homenaxes,exemplo o homenaxe de Cans.
O noso respeto sempre estara con estos dos emblemas de exemplo e loita polas liberdades.
Moitas gracias RAMON, por o teu exemplo a seguir.
Moitas gracias MARTIRES DE NEBRA,tamen polo exemplo que nos dades.
Sempre tedes e teredes o respeto do BNG .

Anxela Franco...

Dende logo hai que ter ben pouca sensibilidade e mala fe para manipular así o xerme do acto en memoria dos nosos devanceiros que deixaron as súa vida en Cans, e querer presumir de seguilo seu exemplo... que exemplo? Porén a verdade é que xa non me estraña nada, porque todos aqueles que militaban no partido e non acudiron a ese primeiro acto, son curiosamente os máis emperrenchados en querer levala auga ao seu rego, algún renegando incluso do que dixo aquí, fai once anos. Tanto é que os que se afiliaron anos despois tamén queren meter baza nisto. Por sorte tralo meu paso polo partido, que hoxe non repetiría, aínda quedáronme algúns amigos de verdade que non teñen inconveniente en recoñecer de quen partiu a idea. Outros que tampouco albiscan dubidas son os veciños que ollando no que derivou a homenaxe, dinme que se me estivese quedo isto non pasaba. O último toque de atención déronmo o ano pasado logo de ollaren a movida da foto cando celebrabamos o noso acto, porque claro é mellor pedirlle contas a un veciño que a un político.

Cartel ano 1999
No tocante aos actos en memoria de Ramón, nada que obxectar pero si clarificar. Corría o ano 1999, cando nunha asemblea, APROBAMOS, facerlle a homenaxe ao cumprirse o cabodano do seu pasamento. Pasou tanto tempo que non podo asegurar de quen partiu a proposta, o que si lembro é que a maioría dos militantes, por non dicir todos, achegámonos a Xuño. Ano e pico despois, a Nebra acudiron unicamente os dous edís que tiñamos no Concello, triste bagaxe, xa que ningún outro militante ou simpatizante se molestou en achegarse a pesar de que os invitara persoalmente. Esa foi a forma de respectar o que representa a súa memoria por parte de quen agora quere levalos méritos.

A pesar desa deserción?, aquel acto, pese a non haber un precedente na parroquia foi todo un éxito grazas a asistencia dos veciños, netos, bisnetos e incluso tataranetos de dúas vítimas mortais, que participaron, primeiro da misa celebrada na súa honra e logo achegándose ao acto central sobre a ponte de Cans levando as familias incluso ramos de flores que ao remate do acto deixamos pendurados na varanda da ponte a carón da bandeira galega que colgara pola mañá con un crespón negro. Todos estes datos deberían ser dabondo para facelos recapacitar. Mais coma queren reescribila Historia ao seu xeito.

Ao contrario do que lles aconteceu co acto de Ramón, "que se lles foi das mans", non lembro en que ano, tras gobernar en coalición co PSOE e do que hoxe tanto se laian, en Nebra non se deu o caso xa que xamais deixei de organizalo e se estaba ausente suplíame a familia, nunca deleguei en ninguén, nin no partido, quizais para evitar que me pasara o mesmo. Sen embargo aquí ao contrario que en Xuño a súa ousadía non ten nome polo que trala miña baixa coma militante deron de facelo seu acto, xa máis "político" (agochando coas pancartas os monólitos, como vemos na foto de cabeceira) que do que foi aquela primeira homenaxe aos nosos mártires, sen bandeiras partidista polo medio. Por iso atrévome a dicirlles que é unha verdadeira mágoa que non saiban seguilo seu exemplo.

domingo, 10 de outubro de 2010

Non se merecen isto

Este año non pensaba facerme eco da contra-homenaxe que dende a miña baixa coma militante organiza o BNG de O Son en Cans, porque póñase como se poñan algúns dos militantes, «coido que non todos, pero o que cala outorga», non van conseguir manipulala verdade por moito que este ano haxan invitado a toda unha parlamentaria e La Voz de Galicia, lles siga o xogo e me acuse de facer un acto paralelo, a pesar de que-lles entreguei o programa o martes. Por certo, nunha bitácora local que enlaza novas do día, o meu fillo, autor dos debuxos que cada ano convocan ao acto aberto, doulle un contundente tirón de orellas.

Retomando a contradición do BNG, en realidade só son catro militantes os que afirman esta falsidade, pero o máis curioso e que ningún deles estivo na primeira homenaxe e algúns, nin na segunda, terceira, etc.

Xa cansa ter que explicar de novo como comecei isto. En realidade a primeira homenaxe fíxena cando se cumpriu o 75 aniversario, publicando un escrito a base de entrevistas feitas entre xente que xa non esta entre nós, como foi a señora María de Olveira, testemuña da masacre, o señor Pepe, o cego de Cans, e a súa irmán. O motivo de que non seguise esa xeira veu motivado a que por razóns de traballo, tiven que emigrar.

Foi un escrito anos despois en La Voz de Galicia do tamén desaparecido Carlos García Bayón, cronista oficial de Ribeira, o que me fixo recapacitar, ao denunciar como era posible que no lugar dos feitos non houbese unha placa que os lembrase e ademais, porque a percepción que había en Nebra era que foran fusilados e así é como se coñecía ata fai ben pouco, as tumbas onde están soterradas as tres vítimas xuntas. As outras dúas foron soterradas en Santiago.

Que nesa época militase en dito partido, non lles da dereito agora a querer atribuírse a súa paternidade, ¿ou acaso tamén pretenden facerlle ver aos veciños e veciñas, que o éxito que acadaron as festas de Nebra baixo a miña dirección, foi gracias tamén ao BNG? Pois de igual modo foi como comecei esta xeira, coma veciño de Nebra, non coma militante, como familiar dos represaliados e co apoio da miña familia, que incluso me supliu estando emigrado.

Salvo cando se colocou o monólito e placa, financiado de xeito altruísta por moita xente e diversos colectivos, tódolos anos sufraguei eu solo as flores que deposito dende fai 11 anos na súa lembranza. O BNG como tal, tivo anos e anos para facelo, incluso antes de que eu militase, pero como non foron quen, foi aproveitala miña baixa para xunto ao presidente da comunidade de montes, tentar agora manipulala historia e mesmo lucir símbolos nacionalistas, que nunca antes se viu, porque tampouco o permitiría.

Non quero pasar por alto que nestes dous últimos anos deron en criticala presenza de Manuel Tomé, primeiro e único alcalde que como máxima autoridade do pobo se dignou coa súa presenza a darlle un aire institucional á homenaxe, colocando incluso o Concello unha placa conmemorativa. Agora resulta que convoca o acto paralelo a tenente de alcalde e por suposto, como non ía ser menos, anunciando a súa presencia.

A única homenaxe que organizamos baixo as siglas do BNG e que deixaron que se-lles fose das mans, laiándose máis dunha vez por ilo, foi a de Ramón Sampedro: Gonzalo de Lucas Lema, portavoz do BNG sonense, mostrou a súa alegría o domingo ao comprobar que ao acto conmemorativo do terceiro aniversario da morte de Ramón Sampedro, organizado polo seu partido nas Furnas, acudiu numeroso público. O edil avogou por legalizar a eutanasia.

Caraveis sobre a praia das Furnas. Á unha da tarde, iniciarase a lectura de poemas de Ramón Sampedro e arroxaranse caraveis ao mar. Será un acto aberto ao público, como nas edicións anteriores, aínda que nesta ocasión estará desvinculado dos partidos políticos. Hai que recordar que, ata agora, a homenaxe estaba organizado polo BNG.

Tal vez me falle a memoria, pero non lembro haber visto nunca en As Furnas unha bandeira nacionalistas, nin as houbo, porque non o permitiría, nos actos que convoquei en Cans, por que exhibilas entón agora? a caso eran militantes do BNG? Esa xente no eran políticos, só eran uns labregos e labregas que morreron por defendelos seus dereitos e matáronnos indirectamente os políticos, aínda que fose a Garda Civil a que apertase o gatillo. Foron os políticos os que lle fallaron, os mesmos que agora tentan facerse só unha foto e política barata, sobre as súas cinzas e memoria.

Como mostra do que-lles importa, podémolo ver como estaba o entorno dos monólitos hasta fai uns días, aínda que a miña denuncia vai polo estado das beirarrúas, obrigación neste caso do Concello de mantelas en perfecto estado. Con esta denuncia tamén dou solución a adiviña do post anterior, aínda que algúns xa se deron conta por onde ían os tiros.

Monólitos de Cans