Amosando publicacións coa etiqueta MVMC de Nebra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MVMC de Nebra. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de maio de 2016

NON foi a xente de Nebra a que lle deu a maioría ao PP

Desde o Pleno constituínte non acudirá a outro da actual lexislatura, e o único que saquei claro é que saín bastante aburrido e coido que non fun o único, tras escoitar varios "bostezos", no chamado salón nobre.

A pesar de que agora se celebran ás 20:00 h. a asistencia, baixo a miña opinión foi mínima, xa que apenas pasamos da ducia, contando que 5 eran do BNG.

O que menos me agardaba era que a súa portavoz nos citase por 2 veces aos veciños e veciñas de Nebra, primeiro porque segundo ela, grazas ás obras de última hora a cargo do POS, investido no saneamento (toda aldea de Resúa, Puílla, menos 1 casa e 3 na Aguieira) arrincoulles o seu voto á última hora.

Como o voto é segredo, xa me gustaría saber como está tan segura que TODOS os de esa xente foron parar ao PP, ao igual que os de Beneso.
O gráfico non deixa dúbidas de que o PP gañou en tódalas mesas do Concello, incluso na súa parroquia, polo que non entendo que solo cargara as culpas contra Nebra.
Aínda me resoa nos oídos as risas que soltou moita xente, eu incluído cando nos falou das bondades do monte e como ademais dos porcos lle podíamos sacar máis beneficios. Claro que ese día algunha esquecéuselle dicirnos que a comunidade estaba denunciada polos danos causados que estes lle causaron a un veciño ao que se negaron a indemnizalo, que a día de hoxe non cobrou mentres a outros si que os compensaron.

Das excelencias e mina de ouro que podía ser o monte se gañaban tamén o prometeu no mitin que deron no Son.

Ao mellor Luís e o seu equipo entre outras cousas gañaron en Nebra por isto e iso que daquela non se sabía o que sabemos hoxe de todo o que pasou no monte, porque non foi até setembro cando convocou eleccións ante o "toque que lle deu a Xunta" que apunto estivo de quitarnos o monte. Co que a bo seguro "sería unha arma" a usar contra o PP, porque algúns ven mellor a palla en ollo alleo que a viga «aínda que non estea atravesada» no propio.

Volveunos a citar noutro intre que neste momento non lembro, cando se publique a acta se foi recollido, igual escribo algo a maiores.

O que non podo pasar por alto é a queixa que neste caso fixeron tódolos grupos, pola modificación no proxecto dunha pista en Queiruga, aínda que voume deter expresamente no BNG, polo que pasou aquí coa modificación do proxecto do local veciñal, que a pesar de ser obrigatorio levalo de novo a asemblea, o ex-presidente polas presas que tiña "botábanse unhas eleccións enriba", eludiu adxudicando directamente o 2º proxecto, algo que algunha xente da asemblea local do BNG, coñecía e preferiu poñerse da súa banda en detrimento da legalidade.

Por reclamar esa legalidade foi polo que fun expulsado da secretaría da comunidade. Nuns días publicarei varios documentos que me afectan para que se vexa como fun maltratado e ríndose da ignorancia dos comuneiros e comuneiras, aos que mentiron na asemblea do 13 de maio de 2007.

sábado, 28 de marzo de 2015

ASÍ É COMO MANIPULA O BNG

https://www.facebook.com/
Bárbara Resúa: A verdade qe eu fun e deixou ben clariño qe en dous meses non lle ia dar tempo a realizar todos eses servizos básicos que os veciños pedian e claro que para iso tiñan qe gañar as eleccións en maio. Manda carallo!!!! O que non fixeron en catro anos disque o van facer todo como sigan no goberno. Por certo, tamen dixo que o veciño que precise librar o pozo negro o concello ofrecese a librarllo sin problema ningún así que estamos como queremos que incluso a merda nos veñen limpar ( que xenerosos ).

Paco Do Martelo: Pero acaba porque dixo iso, non te quedes a medias

Xoán Xosé León Martinez: Aparece agora prometendo o que non fixo en 4 anos. e prometendo algo difícil de facer como e o vaciado dos pozos negros por medio dunha cisterna,¿ onde pretende libralos? ademáis tamén llo prometeu aos veciños de Caamaño.

Bárbara Resúa: Siiii esa e outra! Foi o último que se falou nesa charla-mítin. Que ben imos estar en Nebra como estes sigan no goberno, isto vai parecer Madrid Chiquita co Estadio Santiago Bernabéu incluido.

Paco Do Martelo: MANDA CARALLO e despois o manipulador son eu.

Xoán Xosé León Martinez: Outra perla que deixou nese mitin foi:
· O concello contará con tres campos de fútbol de herba artificial: Nebra, na zona norte; Porto do Son, na zona centro; e Caamaño, na zona sur.

Pinchando no enlace pódense ver máis comentarios que os reflectidos aquí.

venres, 20 de marzo de 2015

Alcalde 4 reunións en 4 anos, presidente 0 asembleas en 2

Non debo nin vou mesturar outras parroquias coa nosa como fan algúns co tema de dotar a un campo de fútbol de céspede artificial.

No caso da alcaldía non é a súa obrigación, de feito salvo en tempo de eleccións poucos gobernos fixeron isto, a pesar de que algúns prometían facelo nos mitins, logo xamais o levaron á práctica. O presidente si que está OBRIGADO a convocar 1 asemblea por ano.

Porén para aqueles que acusan a este equipo de goberno de que só se acorden dos veciños e veciñas de Nebra a última hora, NON teñen razón salvo que queiran enganarse así mesmos e aos seus seguidores e seguidoras, e para mostra está o saneamento que se acometeu noutras aldeas e a nova estación de bombeo en Orseño, sen necesidade de expropiar terreos para o pozo, xa que foi feito na pista que cruza o río.

Notable asistencia de veciñas e veciños, tal vez como comentaban algúns antes de entrar polo «mono» que levamos de dous anos sen celebrar unha asemblea. Todo un fito na historia da Comunidade e todo grazas a certo personaxe non oriúndo da parroquia.

Como ben se veu, a xente tiña gañas de falar e pedir cousas, tamén houbo algunha crítica por unha chapuza que se fixo na Aguieira, cando se asfaltou a primeira pista que vindo do Son lévanos a Coira, no canto de poñer unha tapa de ferro nun pozo puxeron unha de madeira.

O máis importante que se nos transmitiu, con alivio para moitos, e que axiña van a comezar co saneamento de Resúa e de Puílla, para o cal cando se fixo o de Cornido xa cruzaron a estrada do Empalme á Igrexa.

Tamén se informou que aquela vivenda que teña necesidade de baleiralo pozo negro, que unha vez homologada a cisterna do Concello habilitarase un número para poder solicitar o seu servizo, procedendo a baleirala na depuradora de Loreto, xa que agora non se pode tirar nas nosas propiedades. Hoxe mesmo algunha xente non presente preguntaban onde ían facelo. Alí quedou ben claro como van actuar.

luns, 1 de decembro de 2014

E AGORA QUE?

Aplicando a lóxica do Ébora, se non hai volta atrás, o Concello, que somos todos, xa pode ir afastando a partida correspondente para efectuala demolición da parte afectada e para compensar aos afectados que non vai se «moco de pavo». Nese caso a familia propietaria tivo que pechalo seu medio de vida.

Escoitando ao alcalde está claro que se se ve obrigado, vai acatala sentenza. E aínda que lle caian «paus» ten toda razón, xa que se é inhabilitado non podería volver a presentarse, e o que suceda vai se ver na mesma tesitura, xa que as sentenzas non prescriben.

Isto é algo que debería ter en conta o impostor que temos de presidente na Comunidade, que se nega a acatala sentenza pola cal acadei que o solar no que temos o local da comunidade, pasase a ser de tódolos comuneiros, sen que el movese un dedo, xa que até onde sei segue sendo propiedade de exreitores, xa que a donataria aínda non me pagou a parte das costas que lle impuxo o xuíz, quedando absoltos os donatarios porque se achandaronse á demanda, cando como consta en acta, estaban cheos de razón e a pesar de que din, que se nós tiñamos a razón, pagarían eles... notase que o xuíz non quixo ollar iso.

El Correo Gallego: O TSXG obriga a derrubar parte do edificio Maraxiña de O Son

O tribunal tombou outro recurso do Concello contra a sentenza que anulou a licenza por exceso de edificabilidade // Agora volverase a apelar en casación

A derriba parcial do edificio Maraxiña de nova planta construído sobre a antiga conserveira de Porto do Son, na rúa Barranqueira esquina avenida de Galicia, segue adiante tras ditarse un auto contra o que xa non cabe recurso ordinario algún.

O Concello recibiu o último revés nun litixio que data de hai 16 anos, cando tivo lugar a denuncia por parte dun veciño que indicaba que o portal 2 incumpría as normas subsidiarias do Concello ao exceder en 30 centímetros a altura e non respectar, por 16 centímetros, o retranqueo á rúa Barranqueira.

A primeira sentenza, que data do 16 de xaneiro de 2003, anulou a licenza de primeira ocupación do citado portal e obrigaba á restitución dos bens afectados á legalidade. Agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acaba de desestimar un novo recurso de reposición presentado polo consistorio contra o auto do mesmo tribunal que o 1 de outubro deste ano volveu dar orde de executar a sentenza.


venres, 5 de xullo de 2013

Onde estabades todos cando nos roubaban a vida?

Dóeme mesturar de novo a cacicada cometida polo bipartito contra meu pai, coas preferentes, mais ollando como os excompañeiros volven a facelo mesmo tentando presentar a enésima moción no Concello para declarar persoa non grata a calquera deputado do PP, polo voto á quita no Congreso, nomeadamente un veciño de Noia, síntome na obriga de lembrarlles unha vez máis que son os menos indicados para tentar dar leccións de moralidade a outros.


Escoitalos retráeme de novo á derradeira reunión que tiven con eles e outros, na Asemblea Local, onde ao igual que fixeron eses deputados, eles tamén tomaron partido polos seus compañeiros, no canto do agraviado polo "roubo". A proba máis palpable é que fixeron igual que no PP, o banqueiro que vendeu as preferentes saíu "premiado" polo partido con un posto de saída nas eleccións xerais e aquí, o culpable da "quita" a meu pai, nas municipais..., pero de recheo.

O único que digo e repito é que meu pai antes da cacicada tiña unha propiedade intacta e agora, quedáronnos dous cachos atravesados por unha pista, e por riba, sen un tractor de leña e todo o que deixa de producila zona.

O culpable
O consentidor e cómplice
O agro galego non se defende roubándolle a un comuneiro para lucimento persoal do presidente da comunidade, ao que o exconselleiro de Medio Rural e á prostre, seu curmán non soubo poñer couto ou non quixo, de aí que estes señores negáranse a repudialos por ser do partido. Por descontado que se fosen doutro, non teño a menor dúbida que trocaría o conto, porén a estas alturas sei ben de que pe coxean.

Supoño que o saben, porén, se non é así, deixo esta noticia dun compañeiro que vendeu preferentes, mais tivo a valentía de pedirlles perdón aos clientes estafados.

Un concelleiro de Gondomar pide perdón por colocar preferentes: O nacionalista Crego, que traballou en banca, é o primeiro político que o fai.

Recuncando ao problema dos estafados coas preferentes, cando se darán conta os políticos, sexan do goberno ou da oposición que, saben perfectamente que uns e ouros levan tempo xogando con eles? De aí que sexan os únicos sinceros na comisión de investigación das caixas no Parlamento galego?

Ana María Cedeira Zas: "a min non me importa quen estaba; estabas todos". "Deixade de pasarvos a pelota", instou e recriminou que os banqueiros facían o que lles daba a gana" e os políticos "miraban para outro lado"

Pola súa banda, os grupos coincidiron en defender a vía da arbitraxe e a devolución total. O BNG agradeceu aos comparecentes que lembren ao Parlamento que debate sobre "persoas de carne e óso", mentres AGE criticou que esta sexa a primeira vez que "unha lei di aos afectados que teñen que deixar unha parte ao ladrón".

O PSdeG pediu perdón por "os erros" que puidese cometer o partido e trasladou o seu apoio ás reivindicacións dos afectados. O PP manifestou o seu "compresión" e "apoio" ás demandas e o ofreceu tamén as súas "desculpas".
Aquí a proba palpable do dobre traseiro da xente do BNG

Contradicións do BNG relacionadas:

Francisco Jorquera instou aos populares a posicionarse, “a carón dos estafados ou dos estafadores”

O portavoz nacional do BNG visita este venres 5 aos estafados das preferentes pechados no Concello

Manifesto das Alcaldías do BNG en solidariedade coas vítimas das preferentes e contra a lei da administración local

Guillerme Vázquez (BNG): "Ningún gobierno que permite o roubo das preferentes debería durmir tranquilo"

Pero... ¿Quen ten a culpa das preferentes?

El origen de la reglamentación de los polémicos productos financieros está en una reforma legal del Gobierno de Aznar. Mientras fueron emitidos gobernaron en el Estado populares y socialistas y en Galicia, el PP y el bipartito de PSdeG y BNG.





xoves, 12 de agosto de 2010

As cousas non son así

Hai cousas que non logro comprender, tanto en El Ideal Gallego «o primeiro diario que tivo a ben publicarme unha nota de prensa», como La Voz de Galicia ou El Correo Gallego, sempre que-lles mandaba escritos ou acudín persoalmente, debía identificarme e clarificar se falaba en nome propio ou de varios. Hoxe vexo con certa incredulidade que algúns poden facelo sen necesidade de cumprir ese requisito e o que é peor, que poidan falar en nome de tódolos veciños de Nebra e po riba, non dicila verdade:
Los vecinos de la parroquia de Nebra mostraron su malestar al respecto de unas declaraciones realizadas por el alcalde, Xoán Pastor, en las que anunciaba que centraría esfuerzos en dotar a Xuño de una casa de cultura al ser esta la única parroquia que no cuenta por el momento con una infraestructura de este tipo.
Puidera ser que o redactor da noticia escribise veciños no canto de comuneiros, entón eu estaría falando de máis, nun caso, noutros non. Pola contra se dixese comuneiros, entendería que a queixa foi remitida previo consenso da Xunta Reitora da Comunidade de Montes, por algún dos seus membros, aínda que o normal e que se identificase alguén.

Cumpre antes de nada clarificar a diferenza entre veciño e comuneiro. O primeiro é toda persoa que tendo vivenda propia ou alugada en Nebra, more aquí tempadas e sería tamén comuneiro, se o fai como mínimo nove meses cada ano. Cumpren outros requisitos, pero só tentaron aplicarmos a min fai anos para expulsarme por non comungar con rodas de muíño, como facía o resto. Mesmo se tentou implicar a departamentos da Xunta de Galicia e consta nunha acta, pero tiveron que recuncar.
Los vecinos de Nebra recuerdan que ellos tampoco tienen casa de cultura municipal y que el local vecinal del que disponen está construido y financiado "exclusivamente" por la comunidad de montes vecinales, "sen ningunha axuda, máis ben ao contrario" ya que incluso se les habría cobrado la licencia municipal de construcción para este edificio financiado con el esfuerzo económico de los vecinos.
É neste bloque da noticia onde se falta á verdade e ademais terxiversando as cousas. Tal é como manifestei aquí, corrixo ao señor alcalde pero fágoo tamén co seu equipo de goberno, na nota descargan tódalas culpas nel por se-lo autor material da frase, pero obvian, non sei se intencionadamente, ao resto que tampouco o sacou do erro. A diferenza é substancial, salvo que se tentase «protexer a alguén».

Por último méntese claramente ao dicir que o local «está construido y financiado "exclusivamente" por la comunidad de montes vecinales», porque non é verdade. Aquí é onde teño as miñas dúbidas sobre quen remitiu a queixa, porque se foi algún membro da Xunta Reitora, debería dimitir «ipso facto» por isto. É de todos coñecidos que tivemos unha subvención e así mesmo o reflicte a placa que aporto na foto.

É certo que o Concello non nos dou ren e por riba cobrounos a licenza municipal, aínda que coido que-lle teño escoitado nunha asemblea ao ex-alcalde Antonio González Groveiro, que durante o seu mandato para obras sociais se había excluído este tipo de pagos. Curiosamente obviase tamén quen gobernaba cando se nos cobrou e non é por defender a ninguén, pero son dos que penso que non se pode acusar e agochala man ou andar con medias tintas: gobernaba o PSOE.

Digo isto, porque cando se levou a unha asemblea cedelos terreos para o Punto Limpo, máis dun comuneiro e comuneira botáballe a culpa ao ex-alcalde Manuel Tomé.

Voume tomar agora a licenza de dicir dúas cosas, porque me saen de dentro. Con respecto ao local, cando o presidente dixo que ía regatealo prezo co construtor, a todo o mundo salvo a 3 ou 4, pareceunos unha tomadura de pelo, porque cunha obra súa podía facelo que-lle petase, pero neste caso tiña que volver a poxalo en sobre pechado, como fixeramos ao primeiro, co proxecto que era o da casa de cultura. En que comunidade se viu tal cousa, coma aquí en Nebra?

E por último lembrarlle tamén aos autores da nota, que a recuperación do solar onde esta o local, ata o momento foi sufragado única i exclusivamente por este comuneiro, sen ningún tipo de axuda, nin moral nin económica por parte da maioría. Máis ben todo o contrario.

mércores, 11 de agosto de 2010

Un lapsus, señor alcalde?

Mira por onde, parece que en Nebra temos Casa de Cultura i eu sen sabelo: «Das dez parroquias que forman o termo municipal de Porto do Son, unicamente Xuño carece de casa de cultura, explicou o rexedor sonense, Xoán Pastor Rodríguez, ao referirse á recentemente inaugurada en Portosín». O que resulta cando menos curioso, é que tampouco ninguén do seu equipo de goberno o sacase do lamentable lapsus, ou non interesaba?

Pois non señores, a verdade é que Nebra, a parroquia máis extensa do Concello non ten nin casa de cultura, nin xeito de que nola vaian a facer nun prazo relativamente corto, se é que algún nola fan, e iso que os veciños e veciñas que aportámolas nosas terras para a parcelaria, cedemos entre todos 23 ferrados «9.660 m2» para unha parcela comunal. Que esa é outra, agora son copropietarios no presente e no futuro, mesmo quen non aportou nada.

A desculpa que sempre se nos puxo era que o concello non tiña terreos aquí, claro, porque os da Aguieira serviron só para malvendelos e facer negocio. Tampouco noutras os había e ben que se compraron, en Portosín con edificio engadido.

É certo que somos dez parroquias e que hai nove casas de cultura, pero é que a parroquia de Noal ten dúas, unha no casco urbano e outra, en Loreto. Polo tanto a día de hoxe Xuño e Nebra somos as cincentas do Concello.

O de Xuño tamén ten delito, fai anos que se comezou a facerlle non unha nave, nin dúas, coido que tres, chámolle naves por non dicir outra cousa, porque cada ano que paso por alí en xaneiro, véxoas máis arruinadas. Notase ben que os políticos sexan da cor que sexa, non pagan estas cousas co seu soldo.

Aquí tamén houbo un intento de facela a medias coa comunidade de montes, primeiro impulsada por unha directiva e despois por outra. No primeiro caso non se sabe porque non fraguou esa colaboración e no segundo, presuntamente porque o alcalde por aquel entón se volveu atrás. O certo é que esta última nunca vin clara, todo o contrario no caso dos ex-compañeiros, que sempre me achacaban que daba para atrás a todo. O tempo veume a dala razón, porque non había forma de cadrala a titularidade final do edificio, máis outras argucias de dubidosa legalidade que buscaba o presidente para acadar esa colaboración.