Como non hai dúas sen tres teño que falar de novo sobre os terreos da antiga estación DECCA, ao publicar La Voz de Galicia dúas noticias que se relacionan cos meus post anteriores.
Na primeira un pódese decatar do interese especial que ten o Concello de Lousame por inventarialos coma bens municipais. Vinte mil euros é un negocio demasiado apetecible como para deixalo fuxir, esquecéndose que os terreos pertence aos comuneiros e comuneiras de Camboño, e unha parte aos de Nebra.
Eses cartos ben xestionado pola comunidade pódelle dar moita vida ao monte e aos seus lexítimos propietarios, xestionados polo Concello, poden rematar noutras parroquias que nada teñan que ver co monte que xera o beneficio. Este é o meu punto de vista particular, aplicando o principio de que os únicos beneficiarios dos montes segundo a Lei de Montes son os comuneiros do seu entorno, aínda que como xa apuntei noutra bitácora, en Nebra beneficiouse a xente allea á comunidade. Por iso ao principio, afirmo o de ben xestionados.
Pero hai algo que se me escapa das mans, se o inventario non está aprobado de forma definitiva, ¿como é posible que o Concello inicie antes o procedemento para alugalo?, sabendo que os veciños poden presentar alegacións ata o día 12 de abril.
Á vista da información transmitida polos directivos de Camboño que xa presentaron as alegacións oportunas, ¿que pasará se o Concello ten que renunciar as súas pretensións e o aluga antes?.
Por outra parte, como a día de hoxe o peche que circunda os terreos non foi alterado, ¿que pasa coa parte do monte de Nebra que está dentro do perímetro?. De non haberse feito o deslinde, agardo que coma noutros temas os nosos directivos non deixen pasalos días e se é certo que os técnicos da Consellería de Medio Rural,recoñecen que parte da parcela pertence aos Montes clasificados de Nebra, reclamen os nosos dereitos en tempo e prazo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.