Hoxe, 4 de febreiro, está de aniversario o Padre Calo, 93 anos cumpre esta eminencia que non se esquece do seu val de Nebra natal.
Amosando publicacións coa etiqueta Nebra b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nebra b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 4 de febreiro de 2015
venres, 15 de agosto de 2014
Festa da Nosa Señora de Nebra e II Mercado
Ás veces por moita ilusión que lle poñamos a unha cousa, se te falta o apoio da xente que promete implicarse, falla todo.
Isto foi o que lle pasou hoxe á Comisión de Festas co II Mercado que unha ducia de vendedores comprometeron a súa presenza, e só se presentaron estes tres. Curiosamente o das figuras, non puido comprometerse, mais aí está.
Ao remate da misa que é as 13:15H., sesión vermú co Cuarteto Rumba de O Son e o Grupo Acuarela, todo acompañado de pincho xentileza da Comisión.

sábado, 1 de marzo de 2014
Exposición póstuma de Antonio Vila Paz
Antonio Vila, máis coñecido como Antonio de Carou, naceu na aldea de Calo, Nebra, e cando casou foise a vivir á parroquia de Miñortos.
Está é unha pequena mostra do seu traballo. Os que vivan aquí poden ollalo até o 14, e os que moren lonxe, grazas á maxia de Internet.
Está é unha pequena mostra do seu traballo. Os que vivan aquí poden ollalo até o 14, e os que moren lonxe, grazas á maxia de Internet.
Porto do Son: Exposición de maquetas de Antonio Vila Paz na Casa da Cultura de Porto do Son
El Correo Gallego: Tributo póstumo con monumentos a escala en O Son
Trátase de maquetas de madeira nas que o albanel Antonio Vila reproduciu desde a Torre Eiffel até a de Pisa
Purificación Sande, esqda., e súa irmán
A casa de cultura de Porto do Son expón a obra do artesán local Antonio Vila Paz, un albanel falecido fai case catro meses. Trátase de monumentos do mundo cun percorrido por algúns edificios emblemáticos de diversos países, reproducidos en forma de maquetas de madeira. A igrexa da parroquia sonense de San Martín de Miñortos, a torre de Hércules, a torre de Pisa ou a torre Eiffell son algunhas das súas magníficas obras.
A súa viúva, Purificación Sande Fernández, explica Antonio empezou hai 30 anos a elaborar maquetas que reproducen diversos monumentos históricos e outros elementos como copas, cinceiros, cruceiros, hórreos, carros e até un portal de Belén. Unha vez pasados case catro meses do seu falecemento, aos 54 anos, debido a unha cruel enfermidade, a muller do artista accedeu a expor a súa obra co fin de que poida ser admirada por todas aquelas persoas que se acheguen á casa de cultura de Porto do Son.
venres, 19 de xullo de 2013
luns, 19 de novembro de 2012
Nebra: seleccionada para a XIII Mostra de curtas Vila de Noia
LISTA DE CURTAMETRAXES SELECCIONADAS
CATEGORÍA DE 35mm:
5ºB escalera derecha – María Adánez
Abstenerse agencias – Gaizka Urresti
La última secuencia – Arturo Ruíz Serrano
Nadie tiene la culpa – Esteban Crespo
Sin palabras – Bel Armenteros
The rattle of Benghazi – Paco Torres
Vanuatu o la felicidad – Rafa Piqueras
CATEGORÍA DE VIDEO:
036 – Juanfer Andrés & Esteban Roel
Anacos – Xacio Baño
Aquel no era yo – Esteban Crespo
Ayúdame a recordar – Fran Casanova
Conversa cunha muller morta – Sonia Méndez
Desayuno con diadema – Oscar Bernacer
Efímera – Diego Modino
Fracaso escolar – Gracia Querejeta
Prólogo – Lucas Figueroa
Reflejos – Juan López Salvatierra
The whistler – David Castro González
CATEGORÍA DE ANIMACIÓN:
El vendedor de humo – Jaime Maestro
Luminaris – Juan Pablo Zaramella
Yaku – Nacho Pesquera & Nacho Subirats
Friendsheep – Jaime Maestro Sellés
O xigante – Luis de Mata
Zeinek Gehiago (quién aguanta más?) – Gregorio Muro
Leo – Rubén Mateo
Grand prix – Marc Riba & Anna Solanas
La creación – Marc Hierro
CATEGORÍA DE COMARCAIS:
Luz – Peña Produccións
Love songs – Peña Produccións
Nebra – Marisa Otero
Catapum – Anxo F. Couceiro
Ramón e Xulia – Adriana Pérez Villanueva
Dende a organización queremos agradecer a tódolos participantes a súa achega a esta Mostra e toda a sorte do mundo para os seleccionados.

venres, 12 de outubro de 2012
Nebra
En 1916 a Galicia labrega e mariñeira loita por un cambio social importante. Esta é a historia dos seus protagonistas.
Con Mela Casal, María Munín, Sara González Iglesias.
Manu Lourido, Nani Matos, Augusto Suárez, Saamira Ganay, Patricia Iglesias, Edu Rendo, Navia Rendo, X. A. Pose, Xurxo Cerdeira, José Montoto.
Equipo técnico e artístico: Sergio Pena, Javi Grixo, Xoán Diéguez, Dani López, Jorge Colado, María Gaiteiro, Mucha Seijas, Otilia Otero, Fani Mansilla, Paco do Martelo
Produción Artekille
Guión e dirección: Marisa Otero.
Estrea da curtametraxe o 20 de outubro de 2012
na Casa de Cultura e da Terceira Idade de Vedra, ás 21hs.
Rodada en Nebra, Vedra e Lestedo.
Sen interferencias políticas un grupo de veciños, veciñas e descendentes daquelas vítimas, tivemos a honra de ollar nun pase privado esta curtametraxe.
Grazas Marisa por darlle voz e pórlle rostro a todos e todas.

luns, 16 de xullo de 2012
Novo accidente no Empalme
Onte publicaba no Twitter a foto deste accidente acontecido no Empalme de Nebra. Ollando os coches con apenas desperfectos, pensei que non houbera feridos, pero hóuboos. Agardamos que se repoñan rápido.
Non tiña porque ser un punto negro, pero por desgracia nesta zona xa se acumulan demasiados accidentes. Os máis son por alcance, xusto aí. Despois están as saídas de vía, con moita fortuna tanto para usuarios, coma para os peóns. Nunha ocasión ata levaron a marquesiña por diante, xusto despois embarcala xente no bus. Lamentablemente tamén aconteceron moitos atropelos, por desgraza con vítimas mortais.
A simple vista e como se pode comprobar insitu ou no mapa, do Son a Noia temos esta recta, e vindo de Noia, aínda que no fondo haxa unha curva, dende moito atrás a vista alcanza ata onde se atopan os coches. Andando na estrada tamén hai despistes.

La Voz de Galicia: Dous feridos de carácter leve nunha colisión en Nebra
Unha colisión por alcance ocorrida en Nebra (Porto do Son) saldouse con dous feridos de carácter leve. O primeiro vehículo implicado, un Kia, atopábase parado na vía, para virar á esquerda, cando un segundo coche, un Seat Ibiza, o embestiu. Un dos condutores queixábase de dores no pescozo e outro no peito. No entanto, ambos acudiron polos seus propios medios ao centro de saúde. Ata o lugar dos feitos desprazouse a Policía Local e membros do Grumir. O accidente tivo lugar pouco despois das doce deste mediodía.
mércores, 13 de xuño de 2012
Corpus 2012 (O Son)
Preparativos previos e alfombra floral con motivo do domingo de Corpus en Porto do Son. Debido ás inclemencias meteorolóxicas, tiveron que recortala con respecto a outros anos.
En Nebra, por primeira vez tamén se elaborou unha bastante longa e fermosa: Santo Sacramento 2012. O domingo tócalle aos veciños e veciñas de Xuño lucila súa. Agardemos que teñen mellor tempo.
martes, 8 de novembro de 2011
Parcelarias de nunca acabar
| Segundo a súa valoración isto tiña que ser unha braña «prado con auga» |
Fai anos que a concentración parcelaria era un ben necesario e ninguén o poñía en dubida. Hoxe polo que se ve e opina moita xente, nalgunhas zonas dubidase da súa utilidade... salvo que sexa para facer pistas sen ter que pagar expropiacións.
Explicareime. En Nebra, salvo honrosas excepcións, algunhas parcelas quedaron do mesmo tamaño que tiñan antes «2 ou 3 cuncas = 64 m2». Estou a falar de veciños que tiñan máis que ese terreo,aos que como mínimo deixáronlles outra parcela. Noutros casos, propiedades «agros pechados de por si» de máis de 100 ferrados «38.400 m2» foron divididos entre varios. Tamén se dou o caso do veciño que xa de por si tiña unha parcela de 6 ferrados «2.304 m2», que tamén foi divida en varios e a el, non lle deixaron ningunha con esa medida, a parte das que tiña por si.
Unha cousa que non entendemos os veciños, é como a algúns paisanos que nin veciños son, lles achegaron terras nosas, sen que eles aportasen un cm das súas. É mais, nun caso un pechou a súa propiedade mentres a parcelaria estaba en marcha, polo que obrigou a modificar un pista, que agora non da practicamente servizo. Eses terreos en todo casos terían que quedar como masas comúns e logo, cando transcorrido os prazos legais se vendesen, si que poderían ter preferencia para compralos.
Outra grave irregularidade é que cando se taxan os terreos valorase por categoría «1ª, 2ª, 3ªº, 4ª, etc», pero a hora de collelas, moitas delas perderon esa categoría polo que o valor real e ficticio. Poño uns exemplos: Non pode ter o mesmo valor unha braña que cando se taxou daba bo pasto, que cando a colle o novo propietario, so lle da fentos. Ou unha leira que agora esta chea de bidueiros e a Xunta non lle deixa cortalos.
O malo de todo isto é que pasaron pola Xunta de Galicia varios gobernos do PP e o bipartito do PSOE e do BNG, e ningún deles aportou solucións. Todo o contrario, como se botaban enriba as ultimas eleccións autonómicas, a Consellería do Medio Rural, sen rematar de poñelos «marcos», e abrila maioría de pistas secundarias, as que maioritariamente das acceso as parcelas, obrigounos a botar man delas. E algún directivo da comunidade que non ten terreos parcelados, quería pedilos títulos... pero ai reaccionou a xente e fíxoo desistir, por non dicir, que calar. A día de hoxe, a Xunta aínda non rematou de poñelos marcos para delimitar unha gran maioría de parcelas. Sabemos onde quedan polo planos, pero no terreo non sabemos onde remata a dun veciño e comeza a do outro.
A modo de resumo, o que non pode ser e que acometan un sen fin de parcelarias ao mesmo tempo e despois, queden todas a medias.
Explicareime. En Nebra, salvo honrosas excepcións, algunhas parcelas quedaron do mesmo tamaño que tiñan antes «2 ou 3 cuncas = 64 m2». Estou a falar de veciños que tiñan máis que ese terreo,aos que como mínimo deixáronlles outra parcela. Noutros casos, propiedades «agros pechados de por si» de máis de 100 ferrados «38.400 m2» foron divididos entre varios. Tamén se dou o caso do veciño que xa de por si tiña unha parcela de 6 ferrados «2.304 m2», que tamén foi divida en varios e a el, non lle deixaron ningunha con esa medida, a parte das que tiña por si.
Unha cousa que non entendemos os veciños, é como a algúns paisanos que nin veciños son, lles achegaron terras nosas, sen que eles aportasen un cm das súas. É mais, nun caso un pechou a súa propiedade mentres a parcelaria estaba en marcha, polo que obrigou a modificar un pista, que agora non da practicamente servizo. Eses terreos en todo casos terían que quedar como masas comúns e logo, cando transcorrido os prazos legais se vendesen, si que poderían ter preferencia para compralos.
![]() |
| Nota publicada nunha parroquia do Concello de Santiso 2/2/2008 |
| O que algún día foi outra braña |
A modo de resumo, o que non pode ser e que acometan un sen fin de parcelarias ao mesmo tempo e despois, queden todas a medias.
Parcelarias iniciadas en Galicia nos anos 60 seguen sen concluír
Un problema extensible a gran parte das comarcas da comunidade
Os atrasos nas concentracións parcelarias constitúen un problema visible en todas as comarcas galegas. Trátase dun fenómeno extensible tanto á costa como ao interior. Nalgunhas agrupacións de terras están inmersos máis de mil propietarios e hai casos nos que se superan os 2.000, tal e como ocorre en Ferrol e en Valdoviño, o que evidencia o elevado grao de fragmentación da terra. En Porto do Son «refírese a Nebra», por exemplo, hai un proceso aberto iniciado en 1991 e que ten pendentes a 1.160 donos de parcelas. Outro tanto sucede na parroquia de San Xoán de Calo, no municipio de Teo, con 1.103 propietarios á espera, ou no concello de Ames, onde hai unha concentración con 1.537 persoas implicadas. Lonxe de alí, no municipio lucense de Alfoz hai pendente unha agrupación de terras desde os anos noventa nas que están involucrados 1.580 veciños.
«Meu pai morreu antes de ve-lo feito»
En Arcos (Mazaricos) fai máis de 40 anos que esperan pola concentración.
Un longo e custoso procedemento agora en dúbida
sábado, 7 de maio de 2011
Estampas de Nebra
Corredoira en Resúa-Nebra, que parte da adega do Gonzalvo hasta o lugar de A Eiriñia, da que tomou prestado o nome. Aínda estreita, era usada para andar cos "carros de freos", nome que aquí se-lle daba as chamadas noutras zonas, carrilanas.
Entre lusco e fusco no val de Nebra. Imaxes tomadas dende o monte de O Cotro e do Eiteiro de Quins, en Resúa.
Curioso o deste pequeno carballo pigmentado en amarelo, cando o seu color natural é un verde intenso.
Nunca me había parado a contemplar este tipo de toxo. Do que tan só queda esta pequena colonia no monte de O Cotro.

luns, 18 de abril de 2011
Posta de sol e bruma na ría
Ás 20:00 horas entraba esta bruma que vista dende Calo-Nebra, dáballe estes efectos á ría e a Monte Louro.
luns, 9 de agosto de 2010
domingo, 14 de xuño de 2009
Fervenza do Río Toxa
Gracias a Internet "por moito que se empeñe algún veciño en criticarme por amosala miña parroquia como se fose patrimonio seu", coñecía esta espectacular e fermosa fervenza coma moitas da nosa terra, pero faltábame, non tocala como Santo Tomás a Xesús, se non escoitala, vela en vivo e por suposto, roubarlle unhas fotos e vídeo.
Aproveitando unha visita á Feira Internacional de Silleda, decidín repartilo día. Pola mañá visita ao mosteiro de Carboeiro e o seu entorno, polo mediodía relax na fervenza e polo serán, de feira. O mellor sen dúbida, a visita á natureza e repoñer forzas ante un polvo á feira e un excelente churrasco.
O entorno esta rodeado de arbores autóctonos: carballos, falsos carballos, sobreiras, acivros e loureiros. En primavera todo é un manto verde, en outono ten que ser un contraste de cores.
A magoa é que unha eléctrica "róuballe" parte do caudal e dende o miradoiro, notase o paso do progreso da man da autoestrada Santiago-Ourense. Custos do progreso.
Salvo estes detalles, recomendo a súa visita. Eu como teña outra oportunidade penso repetila, pero seguindo o itinerario marcado dende o Mosteiro ata a Fervenza e repoñer forzas no merendeiro alí instalado.

sábado, 30 de maio de 2009
Os tempos da censura xa pasaron
«Co tranquilos que viviamos sen que ninguen soubese de nos e ti andaslle enseñando onde vivimos os de fora, sera para que veñan a roubarnolo pouco que temos».Así de rotundo foi este anónimo que deixou este mensaxe na web que teño de Nebra: Libro de visitas.
É difícil razoar con alguén que se agocha no anonimato para dicir todo este tipo de sandeces. Isto só pode dicilo alguén que acaba de descubrir Internet, e non lle vexo ningunha lóxica.
Simplemente dicirlle que Nebra estaba en Internet moito antes de que eu chegase e a dese a coñecer nas miñas páxinas, onde por certo, coma na comunidade, sempre dou a "cara".
Recomendaríalle que visite earth.google.es para que descubra como se pode ver a súa casa dende calquera confín do mundo e de paso, que aproveite para mandarlles outro anónimo ou mellor dito, que de a cara e que pida a retirada desas imaxes ou non se molestaran nin en ler a súa queixa.
Neste caso e outros, ao mellor non lle sabe mal que sexamos vistos polo mundo e o que lle molesta é que isto o faga un veciño por aquilo de que ninguén é profeta na súa terra. Como nada debo e pago relixiosamente a miña cota de conexión, mentres un xuíz non diga o contrario, seguirei mantendo activas tódalas miñas páxinas persoais.
Podería facer un relatorio das noticias boas e malas polas que Nebra saíu en libros, prensa, radio, televisión, pero non vale a pena facerlles perdelo seu tempo e o meu. Simplemente reafirmarme no que digo de Internet na entrevista de Certo.
«Coido que ben usado Galiza pode saír reforzada por esta gran rede».
mércores, 27 de maio de 2009
Parabéns ao Barcelona
Dende fai uns anos non sigo moito o fútbol, pero con este Barça de Pep Guardiola hai que quitarse o sombreiro.Este ano mirei algún partido e a verdade é que fixeron un fútbol total, sempre tiñan fame de gol aínda que tivesen os partidos máis que encarrilados.
O meu afastamento do fútbol ben motivado a que fai anos que derivou máis nun negocio que en deporte e ultimamente, anda demasiado metida a política polo medio.
martes, 4 de decembro de 2007
Entre luzco e fuzco
Hoxe saín dar unha volta polo monte e atopeime con esta fantástica conxugación, mágoa que o monte teña un aspecto tan desolador. As poucas arbores que se ven, son só esqueletos no medio da nada. Cruceime cun tractor que estaba desbrozando, pero descoñezo quen ordenou ou aprobou eses traballos, xa que os comuneiros (ou sexa, os propietarios do monte), levamos dende maio sen ser convocados a unha asemblea xeral (a última que se fixo foi na que se me expulsou do meu cargo de secretario).
En La Voz de Galicia, hoxe publicaron unha nova sobre as concentracións parcelarias e nela aparece citada tamén a de Nebra: Medio Rural asegura que dará prioridade no 2008 aos lugares con maior peso do sector primario.
Apañados imos, en Nebra xa non quedan vacas (e chegou a haber sobre 800 cabezas), e as leiras están a barbeito, cando antes gozabamos dunha zona privilexiada para a agricultura.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)