Amosando publicacións coa etiqueta Artekille. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Artekille. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de outubro de 2012

Marisa Otero.- Mestra e cineasta afeccionada “Con ‘Nebra’ quixen retomar a historía dos meus avós e bisavós”

Marisa, na homenaxe deste ano, logo de falar cos veciños de Cans e Francisco Sobrado,
con caxato, neto de Antonio Sobrado, o único home falecido en Cans
Marisa Otero, profesora de Lingua e Literatura no IES Manuel García Barros da Estrada, continúa coa súa carreira de cineasta afeccionada. Nesta ocasión, será unha curtametraxe de ficción histórica, Nebra, a que presentará no centro sociocultural de Vedra o sábado ás 21.00 horas.

Como xurdiu a idea de crear esta nova curtametraxe, Nebra?
A idea veume á cabeza a partires dunha historia que me contara miña nai e que lle pasara aos meus avós. Dinme conta de que eles e os meus bisavós tiñan relación coa redención dos foros e cos mártires de Nebra.

Canto tempo tardou en materializarse este proxecto?
Tiven que documentarme moito sobre o tema. Polo menos tardei uns oito meses. Fixen varias entrevistas e visitei varias veces Nebra (Porto do Son) para informarme. Tomando esta historia e a do pobo galego coma base, dándolle un toque de ficción e matizando certos personaxes foi como fun dando forma á curta.

Como foi a rodaxe?
Comezamos fai un ano. Por problemas de mobilidade da cantidade de figurantes que ten a curta, rodamos parte en Nebra, aproveitando lugares como a fonte, a igrexa ou a casado sindicato. algúns exteriores e sobre todo interiores rodáronse en Vedra, na aldea de Santa Isabel e nalgúns locais que nos cederon dende o Concello para utilizalos na curta.

“Axudarnos entre nós é o que fai que os afeccionados poidamos materializar as nosas creacións”

Como fixo para compaxinar o seu labor de mestra co de directora de cine?
Pois no pouco tempo de lecer que me quedaba... O máis importante e o que máis agradezo é a colaboración de todos os profesionais e amigos. O feito de axudarnos é o que posibilita que os cineastas aficionados poidamos materializar as nosas creacións.

Quen colaborou no proxecto?
Por exemplo nunca ocasión que gravamos interiores en Casa de Casal, estabamos cinco directores de curtas traballando xuntos. Ademais, contei coa colaboración de Sergio Pena, que está nominado para uns premios de Hollywood; na postproducción de audio, Jorge Colado, que obtivo dous Goya. Tamén estiveron o sonidista Daniel López e Xoán Diéguez, que puxo a súa cámara e voz. E todo o fixeron desinteresadamente, ao igual que as persoas que participaron como actores e figurantes de Nebra, entre os que se atopan Mela Casal, xente que coñecín no LAV e tamén da canteira do municipio de Vedra.

Non é de estrañar que a estrea se realice na capital vedresa...
Si, porque ademais contei con axuda do Concello durante a rodaxe. aínda así, o pasado día 12 de outubro, aniversario dos fusilamentos na ponte de Cans, fixen unha pequena visualización con veciños da localidade de Nebra, que son descendentes dos mártires. Quería transmitirlles que os seus avós e bisavós non morreron en balde. No caso de Vedra, quero agasallalos presentando alí o resultado final do traballo.

Fonte orixinal: El Correo Gallego (edición papel)

luns, 15 de outubro de 2012

Mártires de Nebra: crónica da XIII homenaxe


Un ano máis veciños, veciñas e familiares (netos, bisnetos e xa tataranetos) dalgunhas das cinco vítimas abatidas naquel funesto 12 de outubro de 1916, volvemos a lembralos no seu 96 cabodano. Xa son 13 edicións (ou 12 + 1, como diría Ángel Nieto do que fun un gran seguidor), pero nós, nada supersticiosos, xa estamos argallando a próxima homenaxe.

Por motivos de axenda, este ano o señor alcalde, Don Luís Oujo, tivo que delegar na edil do seu equipo de goberno, María José Maneiro, que foi testemuña do que alí se estaba montando, para a súa sorpresa.

Por coincidencia ou buscado (ninguén se puxo en contacto con nós para interesarse polo noso tradicional acto floral), á mesma hora houbo un mitin electoral no lugar. Afirmo que foi un mitin, porque unha das candidatas ao final pediu o voto para o seu partido, e o discurso de ámbolos dous poñentes ían por ese camiño tamén. Isto é o que dende fai seis anos procuran con todo isto, ademais das pancartas que penduraron ocupando elementos públicos incitando a votalos; veñen a demostrar, de novo, que para eles o de menos é lembrar ás vítimas. En fin, alá cada quen, pero polo menos que non obriguen a mentir ao xornal, o cal vilipendian denominándoo "La Coz" cando publica, segundo eles, mentiras doutros.

Ese contratempo foi o motivo polo que nos visemos obrigados a demorar a nosa ofrenda anual, xa que nesta ocasión o acto central teriámolo logo da misa, no local da Comunidade de Montes, onde se proxectaría, nun pase privado, a curtametraxe "Nebra", baseada nos feitos acaecidos en Cans. Con guión e dirección de Marisa Otero, que nos honrou un ano máis coa súa presenza.

Logo explicounos un pouco as vicisitudes que pasou para poder levar a cabo este ambicioso proxecto, que a moitos dos asistentes fíxoselles curto, pero como ben nos explicou Marisa, unha curtametraxe é iso.

Parabéns ao visionario que comentou na entrada do adianto da curta, inculpándonos (O_O;) sermos os que lle quitamos a fita do seu "ramo", fita que, hoxe mesmo pola mañá, seguía no seu sitio, como poden ver na foto.


venres, 12 de outubro de 2012

Nebra


En 1916 a Galicia labrega e mariñeira loita por un cambio social importante. Esta é a historia dos seus protagonistas.

Con Mela Casal, María Munín, Sara González Iglesias.


Manu Lourido, Nani Matos, Augusto Suárez, Saamira Ganay, Patricia Iglesias, Edu Rendo, Navia Rendo, X. A. Pose, Xurxo Cerdeira, José Montoto.

Equipo técnico e artístico: Sergio Pena, Javi Grixo, Xoán Diéguez, Dani López, Jorge Colado, María Gaiteiro, Mucha Seijas, Otilia Otero, Fani Mansilla, Paco do Martelo

Produción Artekille


Guión e dirección: Marisa Otero.

Estrea da curtametraxe o 20 de outubro de 2012
na Casa de Cultura e da Terceira Idade de Vedra, ás 21hs.

Rodada en Nebra, Vedra e Lestedo.


Sen interferencias políticas un grupo de veciños, veciñas e descendentes daquelas vítimas, tivemos a honra de ollar nun pase privado esta curtametraxe.

Grazas Marisa por darlle voz e pórlle rostro a todos e todas.