sábado, 7 de maio de 2011

Estampas de Nebra


Corredoira en Resúa-Nebra, que parte da adega do Gonzalvo hasta o lugar de A Eiriñia, da que tomou prestado o nome. Aínda estreita, era usada para andar cos "carros de freos", nome que aquí se-lle daba as chamadas noutras zonas, carrilanas.


Entre lusco e fusco no val de Nebra. Imaxes tomadas dende o monte de O Cotro e do Eiteiro de Quins, en Resúa.


Curioso o deste pequeno carballo pigmentado en amarelo, cando o seu color natural é un verde intenso.


Nunca me había parado a contemplar este tipo de toxo. Do que tan só queda esta pequena colonia no monte de O Cotro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.