Amosando publicacións coa etiqueta Corpus Christi. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Corpus Christi. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de xullo de 2016

Paseo por Camboño o día do Corpus

San Xoán de Camboño é a parroquia máis occidental do concello de Lousame.

Limita ao Noroeste con Porto do Son, ao Nordés con Noia, ao Sur con Boiro e coa parroquia de Tállara ao Leste.

Na parte baixa do val que forma o río Hornanda. As vías principais de entrada a Camboño parten desde a AC-550 desde Argalo (Noia) e desde A Gafa (Porto do Son).

A igrexa parroquial atópase na aldea da Igrexa e na aldea de A Gorgosa está a ermida de Santa Mariña (A Gorgosa).

mércores, 24 de xullo de 2013

Corpus de Baroña 2013

Con algo de atraso, aquí están as fotos e vídeos do que deu de si esta efeméride nesta parroquia veciña.

A particularidade da alfombra floral que elaboran aquí é que, son as rapazas e rapaces que fan a Primeira Comuñón, xunto con outros, mais os que a fixeron o ano anterior, os que van tirando tirando as flores e pétalos diante da Procesión.


martes, 4 de xuño de 2013

Alfombra floral de Porto do Son: Corpus 2013


A pesar de que este ano as flores escasearon, no Son tamén souberon sacarlle proveito, predominando o verde da tulla e o amarelo do saramago. Coa experiencia de tantos anos é normal que lles luza así de radiante.



mércores, 13 de xuño de 2012

Corpus 2012 (O Son)


Preparativos previos e alfombra floral con motivo do domingo de Corpus en Porto do Son. Debido ás inclemencias meteorolóxicas, tiveron que recortala con respecto a outros anos.


En Nebra, por primeira vez tamén se elaborou unha bastante longa e fermosa: Santo Sacramento 2012. O domingo tócalle aos veciños e veciñas de Xuño lucila súa. Agardemos que teñen mellor tempo.

mércores, 17 de xuño de 2009

Alfombra do Corpus Christi en Porto do Son

arben

arben Como cada ano polo Corpus Christi, en Porto do Son engalanaron as rúas de A Roda e da Atalaia coas súas típicas alfombras florais.
Para que isto chegue a bo fin, son varias mulleres e algunhas raparigas, que xa comezan a tomalo relevo, as que traballan arreo varios días antes recollendo flores silvestres no campo, nos seus xardíns e no de algunha veciña ou veciño.

Nas fotos seguintes vemos, na da esquerda, a Manuel Mariño de pe sobre a alfombra, coordinando o colorido e as formas da figura que en punta de frecha se pode ver abaixo. Na da dereita, Lola do Café depositando pétalos de hortensias que o vento removía. O vento foi o principal inimigo destas incansables mulleres e para evitar que se lles estragase o traballo, regábana constantemente (mesmo se viron obrigadas a engadirlle un pouco de cola).

arben arben
arben arben arben

Nestas observamos a dúas nenas dando mostras de como están preparadas para afrontar o relevo das súas avoas e nais. Hai futuro.

Ao longo do percorrido, diversas figuras e o nome de Porto do Son, engalanaban a fermosa alfombra cuberta principalmente por un manto follas de tulla.
arben arben arben arben
E velaquí o primeiro treito onde comeza a alfombra, na rúa de A Roda. Ao fondo da foto, teñen o remate desta rúa e onde se xunta coa da Atalaia, que é o treito recollido pola foto que encabeza esta entrada. Foto cun pequeno axuste por ordenador para darlle un aspecto máis entrañable á estampa.
arben arben