Amosando publicacións coa etiqueta Web. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Web. Amosar todas as publicacións

sábado, 30 de maio de 2009

Os tempos da censura xa pasaron

«Co tranquilos que viviamos sen que ninguen soubese de nos e ti andaslle enseñando onde vivimos os de fora, sera para que veñan a roubarnolo pouco que temos».
Así de rotundo foi este anónimo que deixou este mensaxe na web que teño de Nebra: Libro de visitas.
É difícil razoar con alguén que se agocha no anonimato para dicir todo este tipo de sandeces. Isto só pode dicilo alguén que acaba de descubrir Internet, e non lle vexo ningunha lóxica.
Simplemente dicirlle que Nebra estaba en Internet moito antes de que eu chegase e a dese a coñecer nas miñas páxinas, onde por certo, coma na comunidade, sempre dou a "cara".
Recomendaríalle que visite earth.google.es para que descubra como se pode ver a súa casa dende calquera confín do mundo e de paso, que aproveite para mandarlles outro anónimo ou mellor dito, que de a cara e que pida a retirada desas imaxes ou non se molestaran nin en ler a súa queixa.
Neste caso e outros, ao mellor non lle sabe mal que sexamos vistos polo mundo e o que lle molesta é que isto o faga un veciño por aquilo de que ninguén é profeta na súa terra. Como nada debo e pago relixiosamente a miña cota de conexión, mentres un xuíz non diga o contrario, seguirei mantendo activas tódalas miñas páxinas persoais.
Podería facer un relatorio das noticias boas e malas polas que Nebra saíu en libros, prensa, radio, televisión, pero non vale a pena facerlles perdelo seu tempo e o meu. Simplemente reafirmarme no que digo de Internet na entrevista de Certo.
«Coido que ben usado Galiza pode saír reforzada por esta gran rede».