domingo, 14 de xuño de 2009

Fervenza do Río Toxa



Gracias a Internet "por moito que se empeñe algún veciño en criticarme por amosala miña parroquia como se fose patrimonio seu", coñecía esta espectacular e fermosa fervenza coma moitas da nosa terra, pero faltábame, non tocala como Santo Tomás a Xesús, se non escoitala, vela en vivo e por suposto, roubarlle unhas fotos e vídeo.

Aproveitando unha visita á Feira Internacional de Silleda, decidín repartilo día. Pola mañá visita ao mosteiro de Carboeiro e o seu entorno, polo mediodía relax na fervenza e polo serán, de feira. O mellor sen dúbida, a visita á natureza e repoñer forzas ante un polvo á feira e un excelente churrasco.

O entorno esta rodeado de arbores autóctonos: carballos, falsos carballos, sobreiras, acivros e loureiros. En primavera todo é un manto verde, en outono ten que ser un contraste de cores.

A magoa é que unha eléctrica "róuballe" parte do caudal e dende o miradoiro, notase o paso do progreso da man da autoestrada Santiago-Ourense. Custos do progreso.

Salvo estes detalles, recomendo a súa visita. Eu como teña outra oportunidade penso repetila, pero seguindo o itinerario marcado dende o Mosteiro ata a Fervenza e repoñer forzas no merendeiro alí instalado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.