Amosando publicacións coa etiqueta Accidentes tráfico. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Accidentes tráfico. Amosar todas as publicacións

domingo, 18 de outubro de 2015

Accidente en Nebra

Ás 10:15 h. produciuse un accidente na estrada AC-550 a altura de Quintáns. Tal e como se pode ver nas imaxes o condutor debeuse quedar durmido, xa que circulou como 10 metros por riba da beirarrúa, pasando entre 2 coches, aos que non tocou e o muro polo que foi rascando o seu. Logo de pegar na esquina saíu rebotado e "voou" dous metros até que chocou co Renault 19, que recibiu un forte impacto e como consecuencia foi bater contra un muro e o Peugeot 308.

Por sorte o ocupante saíu ileso, xa que lle saltou o airbag. Estaba algo atordado, mais non preciso asistencia médica, xa que en todo momento víase ben.

A pesar das reiteradas chamadas a Protección Civil, tanto pola grúa como polos propietarios dos coches afectados, ninguén colleu a chamada tendo que dirixilo tráfico os propios veciños, xa non é a primeira vez que se produce un accidente nesta zona, en parte culpa de que no seu día unha inmobiliaria "comeulle" o terreo á vella estrada, para facer unha urbanización.

xoves, 21 de agosto de 2014

Moito control e radar de día, e pola noite?



O choque produciuse na parroquia de Carballosa, cando un dos vehículos perdeu o control e chocou con outro que estaba estacionado

Unha chamada efectuada por un particular ao Centro de Emerxencias 112 Galicia mobilizou, pasadas as doce da noite, un espectacular despregamento de medios para socorrer a dous ocupantes dun turismo que se viron envolvidos nun espectacular accidente en Carballosa, Porto do Son.

O brutal choque produciuse cando o condutor do turismo gris, con placas de matrícula 2289-CSW, perdeu o control do seu vehículo, invadindo así o carril contrario até chocar con outro cuadriciclo estacionado, o cal tamén sufriu cuantiosos danos.

Despois de bater contra o citado vehículo aparcado, o coche accidentado saltou a beirarrúa, e acabou encaixado contra un muro que derrubou e que, por fortuna, acabou freando o coche.

Os Bombeiros de Boiro e Ribeira foron os encargados de excarcerar aos feridos, ambos duns trinta anos de idade naturais da Pobra do Caramiñal e que, segundo sinalaron fontes de Protección Civil de Porto do Son, "foron evacuados polo 061 ao Hospital, un deles en estado reservado".

Até o lugar desprazouse, ademais de Bombeiros e Protección Civil, a Policía Local e Garda Civil de Tráfico, que serán os encargados de elaborar o ateigado. Non se descarta ningunha hipótese como causa principal do accidente.

Foto: Cedida por Protección Civil de Porto do Son

luns, 16 de xullo de 2012

Novo accidente no Empalme


Onte publicaba no Twitter a foto deste accidente acontecido no Empalme de Nebra. Ollando os coches con apenas desperfectos, pensei que non houbera feridos, pero hóuboos. Agardamos que se repoñan rápido.

Non tiña porque ser un punto negro, pero por desgracia nesta zona xa se acumulan demasiados accidentes. Os máis son por alcance, xusto aí. Despois están as saídas de vía, con moita fortuna tanto para usuarios, coma para os peóns. Nunha ocasión ata levaron a marquesiña por diante, xusto despois embarcala xente no bus. Lamentablemente tamén aconteceron moitos atropelos, por desgraza con vítimas mortais.

A simple vista e como se pode comprobar insitu ou no mapa, do Son a Noia temos esta recta, e vindo de Noia, aínda que no fondo haxa unha curva, dende moito atrás a vista alcanza ata onde se atopan os coches. Andando na estrada tamén hai despistes.
La Voz de Galicia: Dous feridos de carácter leve nunha colisión en Nebra

Unha colisión por alcance ocorrida en Nebra (Porto do Son) saldouse con dous feridos de carácter leve. O primeiro vehículo implicado, un Kia, atopábase parado na vía, para virar á esquerda, cando un segundo coche, un Seat Ibiza, o embestiu. Un dos condutores queixábase de dores no pescozo e outro no peito. No entanto, ambos acudiron polos seus propios medios ao centro de saúde. Ata o lugar dos feitos desprazouse a Policía Local e membros do Grumir. O accidente tivo lugar pouco despois das doce deste mediodía.

xoves, 31 de decembro de 2009

Moita precaución ao volante


Pasadas as 12 e media do mediodía na estrada Ribeira-Aguiño, pola costa, acontecía un aparatoso accidente no que se viron implicados dous coches.

Afortunadamente todo quedou nun susto, pero vendo a traxectoria do coche vermello e como quedou, puido ser unha traxedia.

mércores, 3 de xuño de 2009

Precaución ao volante

Hoxe na autovía do Barbanza cruceime cun coche que se estrelou contra mediana e rebotou cara á súa dereita. Por sorte non se apreciaban feridos aínda que o coche quedou moi "magullado".

Polo serán na incorporación en San Lázaro a autoestrada do Atlántico (AP 9), volvín a presenciar outro accidente por alcance entre dous coches.

Neste caso fixo acto de presencia unha ambulancia para socorrer aos posibles feridos.