mércores, 27 de maio de 2009

Parabéns ao Barcelona

Dende fai uns anos non sigo moito o fútbol, pero con este Barça de Pep Guardiola hai que quitarse o sombreiro.

Este ano mirei algún partido e a verdade é que fixeron un fútbol total, sempre tiñan fame de gol aínda que tivesen os partidos máis que encarrilados.

O meu afastamento do fútbol ben motivado a que fai anos que derivou máis nun negocio que en deporte e ultimamente, anda demasiado metida a política polo medio.

1 comentario:

  1. fodeme dicilo pero: "parabens" por este gran fútbol aos culés!!! támen será o que gañedes... que pra o ano tito florentino vai facer un equipazoOoO

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.