Amosando publicacións coa etiqueta Barça. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Barça. Amosar todas as publicacións

mércores, 27 de maio de 2009

Parabéns ao Barcelona

Dende fai uns anos non sigo moito o fútbol, pero con este Barça de Pep Guardiola hai que quitarse o sombreiro.

Este ano mirei algún partido e a verdade é que fixeron un fútbol total, sempre tiñan fame de gol aínda que tivesen os partidos máis que encarrilados.

O meu afastamento do fútbol ben motivado a que fai anos que derivou máis nun negocio que en deporte e ultimamente, anda demasiado metida a política polo medio.