Hai cousas que non logro comprender, tanto en El Ideal Gallego «o primeiro diario que tivo a ben publicarme unha nota de prensa», como La Voz de Galicia ou El Correo Gallego, sempre que-lles mandaba escritos ou acudín persoalmente, debía identificarme e clarificar se falaba en nome propio ou de varios. Hoxe vexo con certa incredulidade que algúns poden facelo sen necesidade de cumprir ese requisito e o que é peor, que poidan falar en nome de tódolos veciños de Nebra e po riba, non dicila verdade:
Cumpre antes de nada clarificar a diferenza entre veciño e comuneiro. O primeiro é toda persoa que tendo vivenda propia ou alugada en Nebra, more aquí tempadas e sería tamén comuneiro, se o fai como mínimo nove meses cada ano. Cumpren outros requisitos, pero só tentaron aplicarmos a min fai anos para expulsarme por non comungar con rodas de muíño, como facía o resto. Mesmo se tentou implicar a departamentos da Xunta de Galicia e consta nunha acta, pero tiveron que recuncar.
Por último méntese claramente ao dicir que o local «está construido y financiado "exclusivamente" por la comunidad de montes vecinales», porque non é verdade. Aquí é onde teño as miñas dúbidas sobre quen remitiu a queixa, porque se foi algún membro da Xunta Reitora, debería dimitir «ipso facto» por isto. É de todos coñecidos que tivemos unha subvención e así mesmo o reflicte a placa que aporto na foto.
É certo que o Concello non nos dou ren e por riba cobrounos a licenza municipal, aínda que coido que-lle teño escoitado nunha asemblea ao ex-alcalde Antonio González Groveiro, que durante o seu mandato para obras sociais se había excluído este tipo de pagos. Curiosamente obviase tamén quen gobernaba cando se nos cobrou e non é por defender a ninguén, pero son dos que penso que non se pode acusar e agochala man ou andar con medias tintas: gobernaba o PSOE.
Digo isto, porque cando se levou a unha asemblea cedelos terreos para o Punto Limpo, máis dun comuneiro e comuneira botáballe a culpa ao ex-alcalde Manuel Tomé.
Voume tomar agora a licenza de dicir dúas cosas, porque me saen de dentro. Con respecto ao local, cando o presidente dixo que ía regatealo prezo co construtor, a todo o mundo salvo a 3 ou 4, pareceunos unha tomadura de pelo, porque cunha obra súa podía facelo que-lle petase, pero neste caso tiña que volver a poxalo en sobre pechado, como fixeramos ao primeiro, co proxecto que era o da casa de cultura. En que comunidade se viu tal cousa, coma aquí en Nebra?
E por último lembrarlle tamén aos autores da nota, que a recuperación do solar onde esta o local, ata o momento foi sufragado única i exclusivamente por este comuneiro, sen ningún tipo de axuda, nin moral nin económica por parte da maioría. Máis ben todo o contrario.
Los vecinos de la parroquia de Nebra mostraron su malestar al respecto de unas declaraciones realizadas por el alcalde, Xoán Pastor, en las que anunciaba que centraría esfuerzos en dotar a Xuño de una casa de cultura al ser esta la única parroquia que no cuenta por el momento con una infraestructura de este tipo.Puidera ser que o redactor da noticia escribise veciños no canto de comuneiros, entón eu estaría falando de máis, nun caso, noutros non. Pola contra se dixese comuneiros, entendería que a queixa foi remitida previo consenso da Xunta Reitora da Comunidade de Montes, por algún dos seus membros, aínda que o normal e que se identificase alguén.
Cumpre antes de nada clarificar a diferenza entre veciño e comuneiro. O primeiro é toda persoa que tendo vivenda propia ou alugada en Nebra, more aquí tempadas e sería tamén comuneiro, se o fai como mínimo nove meses cada ano. Cumpren outros requisitos, pero só tentaron aplicarmos a min fai anos para expulsarme por non comungar con rodas de muíño, como facía o resto. Mesmo se tentou implicar a departamentos da Xunta de Galicia e consta nunha acta, pero tiveron que recuncar.
Los vecinos de Nebra recuerdan que ellos tampoco tienen casa de cultura municipal y que el local vecinal del que disponen está construido y financiado "exclusivamente" por la comunidad de montes vecinales, "sen ningunha axuda, máis ben ao contrario" ya que incluso se les habría cobrado la licencia municipal de construcción para este edificio financiado con el esfuerzo económico de los vecinos.É neste bloque da noticia onde se falta á verdade e ademais terxiversando as cousas. Tal é como manifestei aquí, corrixo ao señor alcalde pero fágoo tamén co seu equipo de goberno, na nota descargan tódalas culpas nel por se-lo autor material da frase, pero obvian, non sei se intencionadamente, ao resto que tampouco o sacou do erro. A diferenza é substancial, salvo que se tentase «protexer a alguén».
Por último méntese claramente ao dicir que o local «está construido y financiado "exclusivamente" por la comunidad de montes vecinales», porque non é verdade. Aquí é onde teño as miñas dúbidas sobre quen remitiu a queixa, porque se foi algún membro da Xunta Reitora, debería dimitir «ipso facto» por isto. É de todos coñecidos que tivemos unha subvención e así mesmo o reflicte a placa que aporto na foto.
É certo que o Concello non nos dou ren e por riba cobrounos a licenza municipal, aínda que coido que-lle teño escoitado nunha asemblea ao ex-alcalde Antonio González Groveiro, que durante o seu mandato para obras sociais se había excluído este tipo de pagos. Curiosamente obviase tamén quen gobernaba cando se nos cobrou e non é por defender a ninguén, pero son dos que penso que non se pode acusar e agochala man ou andar con medias tintas: gobernaba o PSOE.
Digo isto, porque cando se levou a unha asemblea cedelos terreos para o Punto Limpo, máis dun comuneiro e comuneira botáballe a culpa ao ex-alcalde Manuel Tomé.
Voume tomar agora a licenza de dicir dúas cosas, porque me saen de dentro. Con respecto ao local, cando o presidente dixo que ía regatealo prezo co construtor, a todo o mundo salvo a 3 ou 4, pareceunos unha tomadura de pelo, porque cunha obra súa podía facelo que-lle petase, pero neste caso tiña que volver a poxalo en sobre pechado, como fixeramos ao primeiro, co proxecto que era o da casa de cultura. En que comunidade se viu tal cousa, coma aquí en Nebra?
E por último lembrarlle tamén aos autores da nota, que a recuperación do solar onde esta o local, ata o momento foi sufragado única i exclusivamente por este comuneiro, sen ningún tipo de axuda, nin moral nin económica por parte da maioría. Máis ben todo o contrario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.