Estas obras de última hora que practican en tódolos concellos os diferentes gobernantes sen distinción de ideoloxía atufan ao lonxe. Eu véxoo así, e fai uns anos eramos moit@s os que coincidiamos nisto en eternas reunións, agora ollo que algunha daquela xente procede de igual maneira, polo que cada un que o interprete como queira. Outros van máis aló e chámanlles cacicadas... favores, etc. Non temos máis que indagar en Internet, escoitar mitins e aqueles que gardaron panfletos, decatarse que non digo nada fora do común.
Centrándome no noso Concello e concretamente na miña parroquia, aínda que xa ollei que noutras esta pasando o mesmo, comezouse a actuar nesta pista que da acceso a aldea de Puilla, despois de que en decembro lles puxesen os "dentes lagos" aos seus veciños e veciñas. A causa foi que só actuaron na entrada, que xa estaba asfaltada a medias de antigo e despois de que presuntamente o presidente da comunidade lles prometera asfaltala. O certo é que cando unha representación de veciños foi falar coa responsable de obras, presuntamente díxolles que non había cartos... agora parece que afloraron por arte de maxia.
Tamén me fago eco da queixa dos veciños, porque nesa actuación non fixeron cunetas e agora debido a peculiaridade do terreo que ten unha forte pendente, as correntadas abocan directamente á pista.

Aquí pódese ollar como se actuou en decembro a salto de mata. Neste caso só se actuou neste tramo que da acceso a un negocio, que por suposto non critico, pero supoño que os veciños de Puilla terían o mesmo dereito ou quizais máis, por cuestións obvias: o tramo estaba intransitable e porque daba servizo a máis veciños e servizos públicos.
Neste caso a actuación é neste pequeno tramo que da acceso a aldea de Orseño, descoñecendo porque no seu día se deixou a medias. Non podo precisar en que ano ou que equipo de goberno non rematou a obra, pero a resposta ben pode ser..., que tampouco habería cartos.
Poden botar unha ollada a estas fotos e sobre o que dixen aquí en xaneiro, en relación a esta pista recen asfaltada.
... Última hora, hoxe polo visto están coa pista da Pedra do Lobo.. a cachola non para!!!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.