Amosando publicacións coa etiqueta Pistas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pistas. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de xuño de 2011

Remataron coa corredoira

Fai uns días que xa remataron coa pista-corredoira de Puílla, polo que agardemos que o tempo sexa benevolente, porque co que lle "choraron" ou "aforraron", isto vai durar menos que un chuche á porta dunha escola. Pouco más que engadir, as imaxes falan por si solas.
A pesar de achicarse bastante, aínda lle "choraron" o chapapote.
Aforrouse en todo, mesmo non construíndo esta gavia para dirixir as augas cara ao río en vez de facelo directamente sobre o camiño.

mércores, 25 de maio de 2011

Recuncan as corredoiras?


Cando no seu día os veciños e veciñas de Nebra asinamos para reclamala parcelaria, no fixemos só para que nos agrupasen as terras, se non porque sabiamos que unha vez rematada teríamos unhas infraestruturas viarias de acordo as necesidades de hoxe en día. Por iso as pistas de Santa María Nebra non teñen nada que ver coas de San Vicente de Noal, feita nos anos 70.

Hora que vendo como o Concello comezou  a "reducir" esta de Puilla, pregúntome se as nosas flamantes autoridades, incluído algún directivo da comunidade que presuntamente vaia amosando "papeis" polos bares, nos queren remitir aos tempos das corredoiras?. Debe se-la primeira vez que ollo esta desconsideración contra uns veciños e veciñas que "cedemos" parte das nosas terras e agora, atopámonos con esta chapuza, burla, burrada, pitorreo, etc. Copiarían do Corredor Brión-Noia?

Coñezo aldeas por onde non poden pasalos camións de recollidas do lixo e as queixas que desatou no seu día nun pleno, porque nunha delas se instalara un contedor soterrado que non se podía baleirar, e aquí, con un ancho envexable, van e redúcena. O mundo do revés?

Esta redución, pero non tan esaxerada, xa aconteceu con algunha das últimas asfaltadas, sobre todo coa chamada "principal" e iso que polo visto houbo xente que dou queixas.

Rozando o rizo, atópome que cando a directiva de montes e Medio Rural expropiaron ilegalmente a varios propietarios do enclave dos Balados, aló polo 2006, non se cortaron en darlle un ancho do que carece incluso a estrada da Deputación que nos leva do Empalme á Igrexa e agora esta.

xoves, 19 de maio de 2011

Obras... con anzol

Estas obras de última hora que practican en tódolos concellos os diferentes gobernantes sen distinción de ideoloxía atufan ao lonxe. Eu véxoo así, e fai uns anos eramos moit@s os que coincidiamos nisto en eternas reunións, agora ollo que algunha daquela xente procede de igual maneira, polo que cada un que o interprete como queira. Outros van máis aló e chámanlles cacicadas... favores, etc. Non temos máis que indagar en Internet, escoitar mitins e aqueles que gardaron panfletos, decatarse que non digo nada fora do común.

Centrándome no noso Concello e concretamente na miña parroquia, aínda que xa ollei que noutras esta pasando o mesmo, comezouse a actuar nesta pista que da acceso a aldea de Puilla, despois de que en decembro lles puxesen os "dentes lagos" aos seus veciños e veciñas. A causa foi que só actuaron na entrada, que xa estaba asfaltada a medias de antigo e despois de que presuntamente o presidente da comunidade lles prometera asfaltala. O certo é que cando unha representación de veciños foi falar coa responsable de obras, presuntamente díxolles que non había cartos... agora parece que afloraron por arte de maxia.

Tamén me fago eco da queixa dos veciños, porque nesa actuación non fixeron cunetas e agora debido a peculiaridade do terreo que ten unha forte pendente, as correntadas abocan directamente á pista.
Aquí pódese ollar como se actuou en decembro a salto de mata. Neste caso só se actuou neste tramo que da acceso a un negocio, que por suposto non critico, pero supoño que os veciños de Puilla terían o mesmo dereito ou quizais máis, por cuestións obvias: o tramo estaba intransitable e porque daba servizo a máis veciños e servizos públicos.
Neste caso a actuación é neste pequeno tramo que da acceso a aldea de Orseño, descoñecendo porque no seu día se deixou a medias. Non podo precisar en que ano ou que equipo de goberno non rematou a obra, pero a resposta ben pode ser..., que tampouco habería cartos.
Poden botar unha ollada a estas fotos e sobre o que dixen aquí en xaneiro, en relación a esta pista recen asfaltada.
... Última hora, hoxe polo visto están coa pista da Pedra do Lobo.. a cachola non para!!!.

xoves, 13 de xaneiro de 2011

Mal, moi mal


Á vista das imaxes, que pista dirían que leva case tres anos asfaltada e cal pouco máis dun mes? Non creen que por parte de quen corresponda: Goberno de España, Xunta de Galicia, Deputación, ou neste caso o Concello, non deberían xestionar algo mellor os nosos impostos?