Fai catro anos en virtude dun pacto "non escrito" con varios excompañeir@s do BNG de Porto do Son, aceptei a miña expulsión da secretaría da comunidade de montes sen facer "ruído", se a comunidade me pagaba os gastos do preito co que había recuperado o solar no que hoxe está construído o local social. Antes estaba como doado a nome de varios directivos, cando a comunidade había pagado 851.000 pesetas por el, máis 132.200 por rexistralo ao seu nome, ao que debemos engadirlle os gastos de notario e o máis rechamante, dietas a favor dos propios directivos polas "molestias".
Pago que, aínda recoñecido por Lei tiña dereito a el sen necesidade de pasar por unha asemblea, en febreiro do 94 aceptei pasar ese trámite para que me foran aceptados. Logo veu a directiva que nos precedeu, que despois de mirar para outro lado cando eu loitaba por todos, cheos de razón pretenderon ser quen de dicirme o que podía e non podía cobrar. De aí até cando foi de facela candidatura, tamén moi boas palabras, hasta como digo arriba, xurdiu ese pacto non escrito.
Aínda que coma militante xa me había dado de baixa, por suposto que non era a miña intención prexudicar á candidata e por iso aceptei nesa reunión á que me convocaron, marcharme en silencio da directiva. Iso si, ese día a señora candidata estaba moito más preocupada polo seu futuro, que polo "roubo", palabra que onte lle gustou usar moito no mitin. Porque si para ela votar por outros partidos é un roubo, para min máis roubo foi o cometido no agro de meu pai polo exconselleiro de Medio Rural e o seu curmán, o presidente da comunidade.
Que non ían ser fieis á súa palabra, intuíno cando na última reunión que tivera cos directivos no Bar Universal, o presidente soltoume a patada de que era falso que houbese recuperado a leira, só lle faltou acusar ao xuíz de Primeira Instancia de Noia, que foi o que ditou a sentenza, que prevaricara ou que era amigo meu. Onde non hai, non hai que sacar. Aínda sabendo iso, permanecín fiel aos meus principios e á miña palabra, eles xa ven, polo tanto nesta ocasión non rompo ningún pacto.
Metido neste brete, teño dereito a responder a unha das mentiras que escoitei no seu mitin onte na casa de Cultura. É falso, señora Ánxela, que fose vostede e o seu grupo os que acadaron a cesión dos terreos para o Punto Limpo. Dita cesión materializou durante o mandato de Manuel Tomé, a pesar do boicot do presidente. Porque non foi normal que entre a solicitude efectuada polo alcalde e el en convocar unha asemblea extraordinaria para debatelo tema, pasasen cinco meses. Tampouco foi normal que ante as preguntas dos comuneiros e comuneiras negase a contestarlles, polo que tivo que suspendela asemblea ao marcharlle a xente cabreada. Iso si, despois cando nos convocou por segunda vez, aínda tivo máis que dicir na súa convocatoria. Entre a solicitude e a cesión pasaron dez meses, cando se podía facer en menos dun mes.
Despois xa sabemos o que pasou, o bipartito da Xunta marchouse sen facelo e así seguimos, mentres tanto as escombreiras que si ollaban na oposición, non as vían desde o goberno.
Comuneiros de Nebra ceden dous mil metros cadrados para que se habilite o punto limpo
Agora vou debullar un pouco o seu programa, porque tampouco albisco que fixesen tantas marabillas.
Quilómetros de pistas. Vale, si, para dous quilómetros asfaltados debemos usalo plural. Porque iso é o que hasta o momento se fixo. Un cacho no Pedroso, hasta a carpintería de Fontán, outro dende A Cova á Lomba e outro na Modoña. O tramo máis largo vai no seguinte apartado.
Construción de arteria principal de comunicación. Esta é a pista que parte de Quintáns hasta o cruceiro de Pouso, que nos papeis si que a tratan como arteria principal, pero a realidade é outra, porque o asfalto que se-lle votou é de pena. aquí díxeno ben claro. Unha arteria principal debería levar asfalto en quente, o mesmo que se usou na pasada lexislatura en pistas de escaso uso como foi na do Castrallón a Portofoloña e no novo tramo de Calo.
Mellora de pontes. Pontes é plural e facendo caso ao que se dixo, a única que presuntamente repararon foi a de Queiro. Non sei agora, pero cando pasei por xunto ela fai uns días, estaba como na pasada lexislatura ou peor.
Puntos de luz. Non ollei colocación de novos puntos, salvo que consistise nun troco de bombillas, pero tampouco quero quedar como mentireiro.
Desbroce de camiños e sendeiros. Algo si que se fixo, sobre todo neses tramos que se asfaltaron, como tiña que ser. Pero tamén se me informou por parte de vogais, oficialmente non teño constancia, porque esa é a transparencia dalgunha xente, que ese traballo nalgunhas pistas da parcelaria -do Concello- acometeunas a comunidade de montes, algo que durante o goberno do señor Tomé non se fixo, pero cada un é responsable dos seus actos, sempre e cando non xogue cos cartos de todos, como seria o caso. Noutra ocasión, outra directiva moito menos progresista, pretendeu facelo mesmo, pero democraticamente nunha asemblea dixémoslle que non, porque quen cobra polo imposto de circulación é o Concello, non a comunidade de montes. Agora de ser certo, non tivemos oportunidade de pronunciarnos, pero si de pagar.
Mellora do Polideportivo en colaboración ca Mancomunidade de Montes. Por Mancomunidade entendo a Mancomunidade da Serra do Barbanza, matizo isto, porque hai quen usa o mesmo termo para referirse á comunidade de montes, que non seria o caso.
Sinalización de viais. OK, media ducia de STOP.
Tamén hai cousas ás que non se nos fixo caso, a pesar de comunicarlle a súa situación. Refírome á fonte de Quintáns, que cando a Deputación limpou a beirarrúa no seu entorno, levou o tubo que había de paso e alí segue sen el. Menos mal que alguén lle puxo esa "rústica" ponte. Noutra ocasión, tamén se comenta que os avisaron que non botaba auga e de novo tiveron que ser os veciños, os que-lle tiveron que sacalas raíces.
Isto é todo o que se fixo en Nebra durante a etapa do bipartito. Agora xusto é que nomee a etapa anterior, ¿non? Ademais do parque infantil, humanización de Cornido, reparación de pasarelas na Aguieira, asfaltado da pista do Sanguiñal a Puilla, alumeado do Empalme a Cans, da Igrexa á Perdigueira, instalouse o saneamento dende as aldeas a carón da Igrexa hasta Quintáns, fixéronse as beirarrúas de Cans, deixando todo preparado para soterralas liñas de Fenosa e Telefónica... e recuperouse o cruceiro de Quintáns despois de longos anos de espera, ese que cando se conseguiu, xurdíronlle moitos padriños. Moito non seria, pero pouco tampouco... todo depende con que ollos se mire. Supoño que me queda algo no tinteiro, porque por mor do meu traballo non estou permanentemente en Nebra.
Como colofón sinto dicilo, pero Nebra foi a eterna esquecida polo Concello, de feito seremos a última parroquia en poder dispor dunha casa de cultura. Lémbrome do anterior bipartito, que lle solicitara unha varanda para pista de Puilla, que ten un desnivel de máis de 2 metros e non se-lle puxo porque valía 400.000 pts. De nada me valeu ter un goberno amigo e polo que tanto me mollara. O colofón de todo isto é que tempo despois, a un veciño caeulle un pucho e unha señora maior, caeu e partiu unha perna. Seguramente de ser outra persoa ou de acontecer algo máis grave, daríalle un bo susto as arcas do concello.

Despois de numerosos contratempos, parece que cesaron os problemas e que o punto limpo de Porto do Son poderá ser realidade a medio prazo. O alcalde, Manuel Tomé , confirmou onte que os comuneiros cederon dous mil metros de terreo próximos ás leiras do futuro polígono industrial e que o executivo xa achegou a documentación á Xunta para que reforme o anterior proxecto.Froito da cesión, fíxose o parque infantil, a humanización do rio en Cornido, acondicionáronse as pasarelas da Aguieira e se algún día se pon en marcha o Punto Limpo, que unha das perdoas contratadas sexa de Nebra. Segundo vostedes durante o seu goberno non fixo nada, pero por favor, por lo menos non lle "rouben" o pouco que fixo.
O motivo de que a actuación demorásese débese, como noutras ocasións, a que cando se ía obrar no primeiro terreo ofrecido, próximo ao actual, descubriuse que había petróglifos e houbo que parar en seco a intervención.
Esta situación obrigou ao Concello a encargar un informe arqueolóxico de todo o perímetro e a buscar novo emprazamento. A segunda alternativa recibiu o visto e prace de Patrimonio e, coa súa autorización, comezou de novo o proceso para a instalación deste servizo.
Agora vou debullar un pouco o seu programa, porque tampouco albisco que fixesen tantas marabillas.
Quilómetros de pistas. Vale, si, para dous quilómetros asfaltados debemos usalo plural. Porque iso é o que hasta o momento se fixo. Un cacho no Pedroso, hasta a carpintería de Fontán, outro dende A Cova á Lomba e outro na Modoña. O tramo máis largo vai no seguinte apartado.
Construción de arteria principal de comunicación. Esta é a pista que parte de Quintáns hasta o cruceiro de Pouso, que nos papeis si que a tratan como arteria principal, pero a realidade é outra, porque o asfalto que se-lle votou é de pena. aquí díxeno ben claro. Unha arteria principal debería levar asfalto en quente, o mesmo que se usou na pasada lexislatura en pistas de escaso uso como foi na do Castrallón a Portofoloña e no novo tramo de Calo.
Mellora de pontes. Pontes é plural e facendo caso ao que se dixo, a única que presuntamente repararon foi a de Queiro. Non sei agora, pero cando pasei por xunto ela fai uns días, estaba como na pasada lexislatura ou peor.
Puntos de luz. Non ollei colocación de novos puntos, salvo que consistise nun troco de bombillas, pero tampouco quero quedar como mentireiro.
Desbroce de camiños e sendeiros. Algo si que se fixo, sobre todo neses tramos que se asfaltaron, como tiña que ser. Pero tamén se me informou por parte de vogais, oficialmente non teño constancia, porque esa é a transparencia dalgunha xente, que ese traballo nalgunhas pistas da parcelaria -do Concello- acometeunas a comunidade de montes, algo que durante o goberno do señor Tomé non se fixo, pero cada un é responsable dos seus actos, sempre e cando non xogue cos cartos de todos, como seria o caso. Noutra ocasión, outra directiva moito menos progresista, pretendeu facelo mesmo, pero democraticamente nunha asemblea dixémoslle que non, porque quen cobra polo imposto de circulación é o Concello, non a comunidade de montes. Agora de ser certo, non tivemos oportunidade de pronunciarnos, pero si de pagar.
Mellora do Polideportivo en colaboración ca Mancomunidade de Montes. Por Mancomunidade entendo a Mancomunidade da Serra do Barbanza, matizo isto, porque hai quen usa o mesmo termo para referirse á comunidade de montes, que non seria o caso.
Sinalización de viais. OK, media ducia de STOP.
Tamén hai cousas ás que non se nos fixo caso, a pesar de comunicarlle a súa situación. Refírome á fonte de Quintáns, que cando a Deputación limpou a beirarrúa no seu entorno, levou o tubo que había de paso e alí segue sen el. Menos mal que alguén lle puxo esa "rústica" ponte. Noutra ocasión, tamén se comenta que os avisaron que non botaba auga e de novo tiveron que ser os veciños, os que-lle tiveron que sacalas raíces.
Isto é todo o que se fixo en Nebra durante a etapa do bipartito. Agora xusto é que nomee a etapa anterior, ¿non? Ademais do parque infantil, humanización de Cornido, reparación de pasarelas na Aguieira, asfaltado da pista do Sanguiñal a Puilla, alumeado do Empalme a Cans, da Igrexa á Perdigueira, instalouse o saneamento dende as aldeas a carón da Igrexa hasta Quintáns, fixéronse as beirarrúas de Cans, deixando todo preparado para soterralas liñas de Fenosa e Telefónica... e recuperouse o cruceiro de Quintáns despois de longos anos de espera, ese que cando se conseguiu, xurdíronlle moitos padriños. Moito non seria, pero pouco tampouco... todo depende con que ollos se mire. Supoño que me queda algo no tinteiro, porque por mor do meu traballo non estou permanentemente en Nebra.
Como colofón sinto dicilo, pero Nebra foi a eterna esquecida polo Concello, de feito seremos a última parroquia en poder dispor dunha casa de cultura. Lémbrome do anterior bipartito, que lle solicitara unha varanda para pista de Puilla, que ten un desnivel de máis de 2 metros e non se-lle puxo porque valía 400.000 pts. De nada me valeu ter un goberno amigo e polo que tanto me mollara. O colofón de todo isto é que tempo despois, a un veciño caeulle un pucho e unha señora maior, caeu e partiu unha perna. Seguramente de ser outra persoa ou de acontecer algo máis grave, daríalle un bo susto as arcas do concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.