xoves, 13 de xaneiro de 2011

Mal, moi mal


Á vista das imaxes, que pista dirían que leva case tres anos asfaltada e cal pouco máis dun mes? Non creen que por parte de quen corresponda: Goberno de España, Xunta de Galicia, Deputación, ou neste caso o Concello, non deberían xestionar algo mellor os nosos impostos?

1 comentario:

  1. Veciño, ¿decátaste agora que non é todo como o pintabades nos mitins ti e máis os teus compañeiros? Á hora da verdade da igual que sexades nacionalistas, socialistas, pepeiros ou independentes, o único que vos interesa e loitar polo partido, pillar un cargo e se é remunerado, moito mellor.
    Creo que é a primeira vez que en Nebra se da a circunstancia de ter dúas edís no goberno, de aí que moitos agardabamos que se nos respectase un pouco máis, pero atreveriámonos a asegurar que estamos peor que cando non tiñamos ningún.
    Por si faltase algún argumento para afirmar isto, como ben sabes, o presidente da comunidade milita nun dos partidos do goberno, de aí que xunto coa edil de obras, aínda que os veciños non nos explicamos a que ven iso de querer suplantarnos en todo, antes de asfaltar a pista da foto e cachos noutras, inspeccionáronas xuntos. Din que catro ollos ven máis que dous, pero tamén hai outro dito que di, non hai peor cego que o que non quere ver, e iso debeu ser o que aconteceu, porque ninguén se explica que en menos dun mes xa tivesen que parchear, non só o burato da foto, se non moitas máis zonas desta pista e das outras.
    Remato con unha frase coa que case sempre pechabades os mitins, nós non vos faremos como a xente do PP e do PSOE. Xa se ve, as probas están aí á vista de todos e iso que aínda non acabou o inverno.

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.