xoves, 6 de maio de 2010

Estamos vendidos?

Abraiado i estupefacto me quedei ao ve-las declaracións en El Correo Gallego do conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández respecto á rotonda da autovía en Xarás (Ribeira):

"está pendiente del auxilio de las fuerzas del orden público para retirar el tractor colocado por el dueño de un terreno que estaba disconforme con su ocupación. El Xurado de Expropiación ya fijó la cuantía, muy por debajo de lo que pedía el afectado, y ya no hay motivo para no hacer la rotonda".

La Voz de Galicia tamén recolleu: «está pendente do auxilio dás forzas de orde público para retirar o tractor».

Só no Diario de Arousa podemos ve-la opinión do portavoz da firma propietaria:

...el tema está en manos de la justicia, después de que el TSXG admitió a trámite un contencioso-administrativo por nulidad del expediente de expropiación, y una querella criminal por falsificación documental, que podrían ampliar a los actuales responsables “si deciden meterse”

Como troca o conto de estar na oposición ou no goberno, na oposición uns e outros defenden o indefendible por un puñado de votos, e tamén nos decatamos que para eles é moi loado preitear cos cartos de todos.

Como lembraremos este caso saltara a luz pública ao entrala empresa Sacyr neses terreos sen que o bipartito fixera os deberes, como era inicialo proceso de expropiación forzosa caso de non chegar a un principio de acordo. No caso da expropiación ilegal que Medio Rural efectuara tamén na propiedade de meu pai, foran moito máis rápidos ao actuar con nocturnidade, premeditación e aleivosía.

Recoñezo que esa rotonda é moi necesaria, crúzoa dúas veces ao día como mínimo e prodúcense bastantes embotellamentos, pero o que non se pode é ir de prepotentes e "chulitos" pola vida, por moi políticos que sexan, pisando os nosos dereitos. Neste caso notase que deron cun oso duro de roer, o malo é cando dan con xente que non se pode defender. Dende a morte de Franco pensei que rematara a Ditadura, pero ou moito me engano ou estamos noutra pero con minúsculas.

Agardemos que no caso de heliporto do Hospital da Barbanza, outra mala herdanza do bipartito, tamén sexan igual de rápidos i eficientes.

Algunhas ligazóns de interese sobre o tema e que conste, nin teño parentesco cos propietarios, nin os coñezo.

11/12/2008 Unha empresa reclama xudicialmente que se paralice a ocupación dun terreo situado en Xarás

28/12/2008 Un veciño fai garda 24 horas en Xarás para impedir que Sacyr traballe

09/03/2009 Sacyr ocupa os terreos próximos á rotonda de Xarás

10/03/2009 Sacyr entra na leira de Xarás escoltada pola Policía Autonómica

10/03/2009 O propietario da parcela anuncia medidas legais para paralizar de novo as obras

26/03/2009 Os afectados polas obras de Sacyr presentan unha queixa ante o Valedor

10/12/2009 O tractor de Xarás cumpre un ano sen moverse e co litixio da expropiación sen resolver

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.