O non poder facer nada por mor dunha lesión nun xeonllo, fai que me entreteña un pouco máis coa rede para informarme do que pasa na nosa terra. De aí que hoxe publique dúas entradas facendo un percorrido polo pasado, pero sen esquecerme do presente.
Fai dous anos La Voz de Galicia daba conta do que puido ser unha perda irrecuperable dos restos megalíticos que poboan os Chans do Barbanza. O titular era demoledor: A Arca do Barbanza estivo ameazada por unha reforestación.
Unha vez que se descubriu todo, parece que ninguén era o culpable nin coñecían a existencia deste mítico conxunto a pesares de que leva aí máis 5.000 anos, e foi acuñada por moitos arqueólogos como a Catedral do Megalítico.
Lamentablemente dun tempo a esta parte o noso Patrimonio cada vez está máis en perigo por culpa da man do home e pola insensibilidade dos políticos que fan leis de palla, aínda que na maioría dos casos son os principais culpables. Así foi como souben da sorte que correu un petroglifo feito nunha laxe de xisto e os restos das paredes dun xacemento romano. Nestas ligazóns dan conta con fotos do acontecido: Oia permite arramplar cun xacemento rupestre, ideas cavernícolas e unha humanada.
O curioso e que as implicadas sexan dúas comunidades de montes e mentres no primeiro caso, quen debería velar porque iso non acontecera era a Xunta do bipartito, agora tocáballe cargar coas culpas á Xunta do PP. Na prensa soemos ver que a hora de pedir responsabilidades cando acontecen estes casos, uns e outros cando están na oposición son os primeiros en facerse ver de cara á galería, pero a vista deste e outros casos en Cultura suspenden todos.
Segundo relata un expresidente da nosa comunidade no seu libro "Nebra, un lugar por descubrir", por mor da parcelaría aquí tamén desapareceu esta pedra. O curioso é que sabendo dela e vendo como estivo balizada, houbese desaparecido. Polo seu tamaño, incluso me atrevería a asegurar que ao mellor rematou no xardín de alguén.
Outros ataques ao Patrimonio por políticos e vándalos.
Que facemos co cadavre
O indicador que afecta a uns gravados rupestres en Bealo aínda non foi retirado
Cultura obrigou a unha empresa a pór en valor uns petroglifos de Rianxo tras abrirlle un expediente
A Deputación xa encargou un estudo para intentar borrar a pintada do dolmen de Axeitos
Imaxes do que puido se-la desfeita e que no seu día remitira para denunciar en Certo. Na que encabeza a entrada, aínda se pode ve-la pegada dos feitos dous anos despois.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.