Xa o di o refrán: Ata o corenta de maio non te quites o saio.
A semana pasada aproveitaba o mediodía para darme os primeiros baños da tempada, relaxarme ao sol e mesmo tomar unha pequena sesta, ata que chegaba o túzaro (recomendación dos amigos de Certo) de sempre para facelas súas gracias co seu quad sobre a praia e as dunas.
Os invernos deste ano foron invernos-invernos, coma os que lembraba de neno. Coa chegada da primavera empezamos a relaxarnos un pouco e a piques de rematar, parece que en vez de achegarse o verán recunca de novo o mal tempo.
Levamos uns días nos que houbo invernos nos últimos anos que, non choveu tanto e nesta Galicia cando chove, lémbrome que as fontes recupéranse, os rios baixan revoltos e as fervenzas, ferven máis que nunca.
Hoxe achegueime unha vez máis á de Cadarnoxo para inmortalizala de novo en fotos e vídeos, pero chovía tanto que preferín non arriscar as cámaras coa humidade, non obstante como me picaba o gusanillo tomei esta foto dende o coche.
O vao, a escuma e o estrondo que se escoitaba era impresionante, botei case unha hora fronte a ela agardando sen sorte que escampase un par de minutos, que non se deron, pero a visita valeu a pena. Coido que hoxe e no mes de abril do ano pasado foron as dúas das veces nas que máis me impresionou.
Como dicía máis ou menos aquel anónimo nunha das túas bitácoras: "andas a contar o que temos e van vir roubárnolo". Jajaja. Que veñan roubar a fervenza de Cadarnoxo! De tanto que falamos dela ímola estragar! Impresionante foto: hai vídeo? Ou non levastes o traxe de neopreno? Jejeje
ResponderEliminarfalta o video!!! impresionante
ResponderEliminarLamentablemente ese día non me foi posible facelo vídeo por culpa da choiva. Máis que traxe de neopreno tiña que levar unha funda para a videocámara e non falo dos "globos" que deixan algúns animais nesta emblemática zona, visitada por moitos rapaces e rapaces :h:
ResponderEliminar