Mentres no último pleno presidido por Tomé, este tivo unha paciencia infinita con parte do público asistente (nalgúns casos con afiliación política ou simpatía) que cos seus comentarios e aplausos impedía o normal desenrolo do pleno, neste, o novo alcalde, foi taxante, aínda que a min, sooume a ameaza: «abstéñase o público de intervir no pleno ou será expulsado». Iso si, deixou claro que ao remate poderían intervir... sempre e cando non rematase antes das doce.
Acudín a varios plenos e nunca vin que o publico puidese intervir despois desa hora, a única excepción vivina nese pleno de Tomé, e aínda así a oposición e algúns militantes increpárono. Tampouco lembro que se debatese pasadas as doce e media como pasou ese día. Coido que houbo fai anos un que rematou as doce e retomouse o sábado, se non lembro mal, para non perder unha subvención. Vexan se non, a valoración do pleno de novembro que fixo o señor Guerrero, alcalde de Noia, na súa bitácora.
No canto ás retribucións aprobadas hai moito que falar. Agardo que XAMAIS un partido obteña os dezasete edís que compoñen ata o momento a corporación municipal de O Son, porque vistas a explicacións que se deron para xustificalas cinco adicacións: «é que como agora somos nove». Cantas habería de ser os dezasete?
Tampouco podo pasar por alto que se digan "mentiras piadosas", como quen foi o primeiro edil que máis barato saíu ao pobo, se foi así, é porque cobraría doutro lado e suponse que renunciou ao soldo máis baixo. O que non se dixo é que esa renuncia cobrouna outro. Estes políticos!
Por último pareceume unha "perrogullada" escoitar que seguro que a moitos lles «jode» que unha muller gañe máis que un home (sic).
Criticaban ao anterior goberno que nos convocaba e que saia na prensa dicindo que obras ían facer sen darlle a oportunidade de poder expola súa. As primeiras de cambio, devolvéronlle a pelota.
Como ben saben os que me coñecen militei moitos anos nun partido e dende el criticabamos que a máxima dos gobernantes era poñernos catro farois, e agora resulta que na primeira decisión que toman, caen no mesmo erro. A desculpa esgrimida para poñer o alumeado dende Queiruga a Baroña foi, «que como a Xunta non pon beirarrúas...». Supoño que nesa crítica irá incluída a actual... e a anterior.
Tamén se dixo que era porque moita xente facía esa ruta para pasear, aínda que disinto un pouco disto, eu non vexo esa xente e levo pasando por aí unha tempada. Iso si, vexo a un señor maior acompañado dun cadeliño pequeno moitas veces, camiñando sempre co seu chaleco obrigatorio, cousa que poucos fan.
Non creo que ese alumeado sexa só para dar servizo a un bar do entorno como se dixo, pero tampouco era para replicarlle logo coas luces do Empalme a Cans ou do cemiterio de Miñortos. É certo que os finados non precisan o alumeado, polo que é de supor que se puxo polas súas familias que acoden a el.
A anécdota produciuse cando se denunciou un presunto pago ilegal, en vez de facelo a portavoz do goberno, anticipóuselle o segundo portavoz (?). O alcalde non lle quería dala replica á edil criticada, aínda que ao final tivo que "claudicar".
Un último apunte, como ben digo foron varios aos plenos que acudín e quedeime con este detalle, mentres noutras lexislaturas todo que dicía un integrante do novo goberno eran "barrabasadas", neste pleno todo foron "gracias", mesmo cando meteu a pata. Nunca cuspades para arriba...
A destacar as intervencións comedidas e respectuosas efectuadas polo edil de IPS, algúns ou algunhas de seguro que se levaron máis dunha sorpresa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.