mércores, 25 de maio de 2011

Recuncan as corredoiras?


Cando no seu día os veciños e veciñas de Nebra asinamos para reclamala parcelaria, no fixemos só para que nos agrupasen as terras, se non porque sabiamos que unha vez rematada teríamos unhas infraestruturas viarias de acordo as necesidades de hoxe en día. Por iso as pistas de Santa María Nebra non teñen nada que ver coas de San Vicente de Noal, feita nos anos 70.

Hora que vendo como o Concello comezou  a "reducir" esta de Puilla, pregúntome se as nosas flamantes autoridades, incluído algún directivo da comunidade que presuntamente vaia amosando "papeis" polos bares, nos queren remitir aos tempos das corredoiras?. Debe se-la primeira vez que ollo esta desconsideración contra uns veciños e veciñas que "cedemos" parte das nosas terras e agora, atopámonos con esta chapuza, burla, burrada, pitorreo, etc. Copiarían do Corredor Brión-Noia?

Coñezo aldeas por onde non poden pasalos camións de recollidas do lixo e as queixas que desatou no seu día nun pleno, porque nunha delas se instalara un contedor soterrado que non se podía baleirar, e aquí, con un ancho envexable, van e redúcena. O mundo do revés?

Esta redución, pero non tan esaxerada, xa aconteceu con algunha das últimas asfaltadas, sobre todo coa chamada "principal" e iso que polo visto houbo xente que dou queixas.

Rozando o rizo, atópome que cando a directiva de montes e Medio Rural expropiaron ilegalmente a varios propietarios do enclave dos Balados, aló polo 2006, non se cortaron en darlle un ancho do que carece incluso a estrada da Deputación que nos leva do Empalme á Igrexa e agora esta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.