luns, 29 de novembro de 2010

Veciñ@s de segunda?

Foto: El Correo Gallego
Sen citarme, onte El Correo Gallego fíxose eco de novo do vergonzoso vertedeiro incontrolado con todo tipo de refugallos que día tras día e semana tras semana temos que aturar os veciños de Quintáns. Isto quere dicir en contra da opinión dalgúns, que os blogues son algo máis que un ego persoal e que os lee moita xente.

Supoño que os nosos representantes no Concello tamén, aínda que polas veces que-lles saquei as cores parece que moito caso non nos fan. Se a isto lle engadimos que Nebra aporta ao actual goberno dúas edís e que algúns compañeiros o ven tódolos días, ollase claramente que a cousa agora non vai con eles, especialmente cos que no seu día dende a oposición tanto parecían preocuparse.

Os veciños de Quintáns estamos tan vendidos, que nin a oposición na súa labor de fiscalización ao goberno se fai eco, todo o contrario da prensa: La Voz de Galicia ou El Correo Gallego. Supoño que en maio uns e outros se preocuparan moito máis..., pero deles.

Podería ser que fósemos os únicos que estéemos nesta tesitura, pero é que os de A Insúa en Baroña, e As Pardiñas en Miñortos, por poñer dous exemplos a carón da estrada, por non citar aldeas interiores, tampouco nos andan a zaga, aínda que nós levamos tódalas honras.

Fai uns días retiraron un contedor subterráneo no casco urbano, aducindo entre outras cousas, que fora porque os veciños depositaban as bolsas fora deles, pois apliquen o conto. Os veciños de Quintáns tamén pagamos coma os da Vila e non temos porque aturar isto, sobre todo porque o 99,99% destes refugallos son tirados por empresarios sen escrúpulos e xente que non é de aquí.

Non quixera rematar se denuncialo forte cheiro que agora tamén desprenden os contedores e iso que estamos no outono. Se chegamos a estar no verán, cómenos as moscas.

Ligazón directas a outras entradas polo mesmo tema:
Isto xa cheira
Agora calamos
Nesta última poden ollar o que opinaba dende a oposición un dos partidos que agora nos goberna.

2 comentarios:

  1. E para que che ían citar! Se cada nebrense e cada habitante de Porto do Son ten un blog actualizado! Oh, agarda... :p: Non atopamos moitos non. Vannos sobrar os dedos das mans. Os dunha man!
    :i:

    ResponderEliminar
  2. Supoño que me traizoou o subconsciente, pero é verdade, parece mentira que en pleno Século XXI ningún veciño ou veciña de Nebra se molle neste e outros temas. Só falta que mexen por eles e digan que chove.
    Moitas veces pregúntome qué foi daquel espírito loitador dos nosos avós e os seus dereitos a comezos do Século XX?
    Retrocedemos un século en Nebra?

    O texto que acompaña este comentario, foi recollido fielmente do voceiro dun partido político, do que só suprimín as palabras entrecomilladas.

    Como contestación á denuncia formulada polo «...» ao Valedor do Pobo, debido á desidia do goberno municipal diante da persitente acumulación de lixo e residuos especiais a carón dos contedores (ademáis de outros verquidos incontrolados), queremos facer público un breve resumo da resposta recibida.
    Na mesma comunícasenos a apertura dun expediente de queixa en relación cos devanditos depósitos, e da solicitude de información sobre este tema ao concello de «...», o cal contesta que "os verquidos ós que con fotografías fai referencia a denunciante, «...», xa foron solventados" (recórdese que nesas datas produceuse á visita do «...», o que obligou a un rapidísimo lavado de cara); e que "o Concello non ten capacidade para vaciar tódolos verquidos que poidan acontecer". Desta contestación dedúcese que non se trata dunha situación puntual, senón dunha actitude reiterada. Finalmente, o Valedor do Pobo diríxeuse de novo ao Concello co fin de requerir con urxencia aclaración sobre as medidas adoptadas ou previstas polo mesmo para ordea-la recollida destes verquidos, e remata a misiva prometendo que axiña que se reciba o preceptivo informe do Concello poranse de novo en contacto connosco.
    Pola nosa banda só temos que salientar que o problema persiste aínda máis acentuado, coa mesma actitude de abandono e desinterés por parte do Concello.

    Agora cada un que poña nome ao Concello, ao partido, o/a denunciante e mesmo ao ilustre visitante.

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.