A nota é ben clara: Horario de deposito de lixo 20:00 a 22:00. Aclarado isto o que non pode ser e que veña xente ou empresas de dubidosa reputación e de tódolos recunchos da bisbarra a tirala súa merda a Nebra e por riba, o fagan fora do horario e fora do contedor especifico, sen que este estivese cheo.
Considéroa non só unha falta de respecto sobre todo para os que vivimos aquí, se non que se esta a dar unha moi mala imaxe do Concello, que como xa dixen aquí, agora os flamantes gobernantes deben revirala vista cando pasan ao seu carón ou están cegos?. Sinto ser tan duro pero máis duras son as imaxes e perigoso o que aquí se tira.
No circulo roxo pódense ver algúns restos deste materiais, que poden ollar na seguinte foto moito máis preto. Fibras de vidro, que precisan dunha recollida selectiva pola súa perigosidade para o medio ambiente e así, podería tirar non unha, se non varias. Despois hai outros elementos, que coas choivas remataran no río de Quintáns que esta a escasos metros, curiosamente do que se bombea auga para medio Concello.
Non é que a empresa de hoxe tirara residuos perigosos, aínda que non me puxen a mirar dentro da bolsa que depositaron a carón do contedor de residuos orgánicos, supoño que é herba de xardín, pero fíxense a que hora o fixo e como agora os responsables da empresa de recollida, se o teñen a ben, deberan recollelas plantas que lles guindaron fora.
Nas fotos non se aprecia o nome da empresa, pero chega dicir que se dedica a xardinería i é da terra de Castelao, concretamente da parroquia onde fai anos tiveron un grave conflito co arcebispado por quitarlles un cura.
Non ten nada que ver co tema, pero sempre me gusta comentar algunha anécdota cando se da o caso. Un dos cura qe-lles mandaran para suplir esa baixa, fora un que xa estivera aquí: Don Arturo.
Esta última tomeina o día catro, despois de comprobar que o martes, primeiro día do mes de recollida obrigatoria, non o fixeran. Segundo me comentaron os veciños, porque ao parecer a empresa concesionaria non está obrigada a facelo, porque din que é cousa do Concello. Eu non sei a quen compete, o que sei é que os veciños pagamos os nosos impostos coma os do casco urbano e temos que aguantar isto.
A foto foi tomada entre lusco e fusco e por mor desa escuridade, o resto non tiña unha boa calidade, pero dicir que o día cinco recolleron parte do que había neste tramo da estrada i ese plástico negro. Entón a pregunta é, a quen compete recollelo resto?

Se se fixan nas imaxes da anterior entrada e nestas dúas, tiveron que trocar de posición os contedores i esas dúas bolsas, seguen aí como mínimo dende o 21 de xullo. Tamén se pode observar que a merda xa ocupa parte da estrada i esparrase por todo, leiras, estrada, camiño, etc.
Esta última tomeina o día catro, despois de comprobar que o martes, primeiro día do mes de recollida obrigatoria, non o fixeran. Segundo me comentaron os veciños, porque ao parecer a empresa concesionaria non está obrigada a facelo, porque din que é cousa do Concello. Eu non sei a quen compete, o que sei é que os veciños pagamos os nosos impostos coma os do casco urbano e temos que aguantar isto.
A foto foi tomada entre lusco e fusco e por mor desa escuridade, o resto non tiña unha boa calidade, pero dicir que o día cinco recolleron parte do que había neste tramo da estrada i ese plástico negro. Entón a pregunta é, a quen compete recollelo resto?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.