mércores, 21 de xullo de 2010

Agora calamos?

A praga de vertedeiros incontrolados: A nadie se le escapa que los vertederos incontrolados son un riesgo para la salud pública, un foco de contaminación para el agua y el aire, además de un cúmulo de incomodidades para la ciudadanía. Aún así, es muy difícil erradicarlos, como este caso, en el entorno del río Quintáns, en O Son.

Eu tamén opino que os vertedeiros incontrolados ademais de ser un risco para saúde pública, un foco de contaminación para a auga e o aire, son unha excelente oportunidade para que as oposicións, sexan do signo que sexan, fagan «política da barata» contra os gobernos de quenda.
Isto é o que sucede acotío en calquera Concello da bisbarra se miramos un pouco a prensa, e foi o que sucedeu no noso non fai moito tempo. O malo é que unha vez que acadan as rendas do poder, sofren tal cegueira, que onde antes vían de todo agora non ven ren. É coma se se puxeran unhas anteolleiras como as que antigamente se-lles poñían aos animais de carga. Poñer burros, sería pola miña parte unha falta de respecto a estes animais que tanto fixeron por nós, e se-lle pagou tan mal.
Non é cousa tamén de acusalos que non vexan os que proliferan polos nosos montes ou a carón de camiños e pistas afastadas, pero os que están preto da estrada vémolos todos e todas, menos eles, e por desgraza os cegos e cegas.

No tocante ao cúmulo de incomodidades para a cidadanía, se todos «veciños, forasteiros, empresas, Concello i empresa responsable da recollida» respectásemos un mínimo as regras do xogo, non sería tal. Sabemos que cunha simple chamada, unha empresa acode a recollernos todo, aínda que descoñezo se cobra algo aparte do que xa-lle pagamos ao Concello, outra cousa son os refugallos de obras, que por iso si que hai que pagar. Se pola contra optamos por depositalos nos días e horas sinalados, todos sairiamos gañando, sobre todo os que vivimos a carón destes focos de infección.
O que non pode ser é o que esta a suceder ultimamente no vertedeiro de Quintáns, ao que se achega xente mesmo doutras parroquias e sobre todo, empresarios sen escrúpulos con refugallos moi perigosos e de obras.

As imaxes que amoso son demasiado elocuentes e para que vexan que non me tiro farois, decidín engadirlle data e hora.

Este mes segundo se pode ver nos carteis pegados nos contedores do Concello, a empresa responsable de recoller todo isto tiña que facelo obrigatoriamente o día 6, e onte, día 20, e non o fixo.

Mentres o día 6 noutras zonas recolleran todo «no que hai na Insua fixérano parcialmente ao deixalos restos dun wc branco», a miña rabia contida veu ao ver que aquí seguía todo igual. Menos mal que isto pasou días despois da enquisa telefónica sobre a recollida dos residuos, porque se non, aínda que non tivese culpa a pobre rapaza, íame escoitar.

Precisamente na noite do luns día 5, persoalmente levei os taboleiros que sinalei coas estrelas azuis. Parte dos sinalados coa vermella xa levaban aí varios días. Digo días, porque non podo probar que fosen semanas.



Por fin, cando onte chegou ese camión pensei que por uns días os veciños e veciñas de Nebra, pero principalmente os de Quintáns, que somos os que máis sufrimos o problema, respirariamos un pouco.


Iluso de min, máis parece que se non fora polas fotos, ata mesmo diría que sufrín un espellismo, pero non, aí segue todo case imperturbable.


Se pinchan sobres as fotos, poderán ver perfectamente como todo é parte da mesma merda que xa leva aí máis dun mes. Con todo iso, xa se nota que a xente non para de seguir tirando fora das datas sinaladas e seguiran...


Cando a miña lexión no xeonllo me permite dar un paseo, aproveito e teño por costume facelo coa cámara de fotos, así foi como cando pasei por Queiro o día de San Xoán, fixen a primeira foto e un pouco escamado e coa mosca trala orella, dóuseme onte por ir alí. Os xoguetes desapareceron «ao igual que a chatarra, hai xente que os recolle», pero o resto de refugallos seguen aí.


Mentres fai cinco anos nos prometían incluso facer dous puntos limpos, outros, como xa digo, protestabamos «nesa época andaba polo medio» contra este tipo de vertedoiros na prensa e mesmo ante o Valedor do Pobo. Non podo obviar que fai dous anos tentouse facer un punto limpo, pero inexplicablemente dende a directiva da Comunidade de Montes, segundo o ex-alcalde boicoteouse mediante atrasos inexplicables o debate da cesión dos terreos, Tomé acusa ao presidente dos comuneiros de Nebra de dilatar a instalación do punto limpo. O certo é que a primeira asemblea celebrouse seis meses despois da petición feita polo Concello e o presidente fixo todo posible, para que non houbese un debate claro, o que fixo que os comuneiros se marchasen antes de tempo polo desaire. Quince días despois, noutra asemblea presuntamente debateuse e aprobouse a cesión, que non foi ratificada pola asemblea xeral ou polo menos, non se dou a coñecelo contrato de cesión ratificado por ambas partes, o certo é que dous anos despois seguimos esperando por un punto limpo.

Una proba da posición que tiña daquela contra este tipo de vertedeiros e que hoxe sigo mantendo «os tempos non mudan, mudan as persoas», é esta foto antiga. Como poden ver, xa daquela acumulábase de todo, semanas ou incluso meses, «non se recollía, digamos como agora cada quince días». Neste caso actuarase despois de saír na prensa, por certo, o tractor marchou ben arramplado.


12 de novembro del 2005: O Concello da os primeiros pasos para construír dous puntos limpos en O Son
22 de abril del 2006: O Valedor do Pobo pedirá informes ao Concello sonense dos vertidos ilegais
Publicado por Paco do Martelo en 21:20 31/03/10 Lavado de cara
Publicado por Paco do Martelo en 21:32 02/04/10 Nin 24 horas

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.