venres, 3 de decembro de 2010

Négome a ser cómplice


Son as 10:36 h. do venres día 3 de Nadal, unha empresa dedicada á venda de electrodomésticos e mobles da Vila acaba de deixalos sofás, cartóns e plásticos que adxunto, cando para recollida de voluminosos teñen un teléfono ao que chamar; no caso do cartón tíñan un contedor especifico a menos de cincocentos metros e o plástico, por educación e civismo, deberían metelo no amarelo.

Pola miña parte xa pode te-las mellores ofertas, porque non me vai pillar. Négome a ser cómplice de empresarios que só miran o seu, porque se vivise na casa que sae nas fotos ou tivese o seu establecemento enfronte, sería o primeiro en protestar.

Lémbrolle ás empresas que os días habilitados para depositar este tipo de enseres, son o primeiro e terceiro martes de cada mes, xa que "oficialmente" se recollen ao día seguinte, e aos políticos ou empresa contratada, que o mes de Santos tivo catro mércores, pero aquí non se recolleu nada. Veremos quen se aburre antes!!!

Vergoña de políticos _2


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.