mércores, 17 de xuño de 2009

Alfombra do Corpus Christi en Porto do Son

arben

arben Como cada ano polo Corpus Christi, en Porto do Son engalanaron as rúas de A Roda e da Atalaia coas súas típicas alfombras florais.
Para que isto chegue a bo fin, son varias mulleres e algunhas raparigas, que xa comezan a tomalo relevo, as que traballan arreo varios días antes recollendo flores silvestres no campo, nos seus xardíns e no de algunha veciña ou veciño.

Nas fotos seguintes vemos, na da esquerda, a Manuel Mariño de pe sobre a alfombra, coordinando o colorido e as formas da figura que en punta de frecha se pode ver abaixo. Na da dereita, Lola do Café depositando pétalos de hortensias que o vento removía. O vento foi o principal inimigo destas incansables mulleres e para evitar que se lles estragase o traballo, regábana constantemente (mesmo se viron obrigadas a engadirlle un pouco de cola).

arben arben
arben arben arben

Nestas observamos a dúas nenas dando mostras de como están preparadas para afrontar o relevo das súas avoas e nais. Hai futuro.

Ao longo do percorrido, diversas figuras e o nome de Porto do Son, engalanaban a fermosa alfombra cuberta principalmente por un manto follas de tulla.
arben arben arben arben
E velaquí o primeiro treito onde comeza a alfombra, na rúa de A Roda. Ao fondo da foto, teñen o remate desta rúa e onde se xunta coa da Atalaia, que é o treito recollido pola foto que encabeza esta entrada. Foto cun pequeno axuste por ordenador para darlle un aspecto máis entrañable á estampa.
arben arben

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.