sábado, 13 de xuño de 2009

Cadarnoxo

Un día preguntáronme de onde procedía o nome da Fervenza de Cadarnoxo, pois ben, aproveitando unha nova visita a esta marabilla da natureza sobre todo cando chove e bastante respectada ata o momento pola man do home, decidín homenaxear a aldea da que recibe o nome

Lamentablemente a escasos metros encontrámonos con infinidade de pintadas contra unha canteira que esta trocando a fisionomía do monte Iroite pola vertente de Boiro, e con refugallos de toda clase sen retirar dende fai tempo polo concello ou pola empresa adxudicataria do servizo.

Para sacarlles o mal sabor de boca, outra instantánea da Fervenza e un pequeno vídeo.


4 comentarios:

  1. Si, si, preguntáronme o do nome... pero que dixestes? Inventastes algo polo menos? Nós acabamos de ler isto pero aínda non o temos claro. Pero mentres non teñamos máis datos, quedámonos con este: Fervenza dos Guerreiros-
    http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=2966

    ResponderEliminar
  2. Non inventei nada, só intentei explicar que o nome recibíao da propia aldea.
    Iso si, o malo foi cando me preguntaron de onde procedía a toponimia de Cadarnoxo e que significaba.
    Gracias polo enlace e polo apunte. Difícil vai ser recupelo seu topónimo antigo ou ese, se así se denominou algunha vez, salvo que pase como coa praia de Augas Santas, hoxe máis coñecida como de As Catedrais. Todo é posible :c:

    ResponderEliminar
  3. Non queremos facer experimentos, pero chántaslle un cartel que poña "fervenza dos Guerreiros" durante un par de anos, faslle fotos, subes vídeos a Youtube e posicionas o nome Cadarnoxo xunto co de Fervenza dos Guerreiros e listo...
    Logo mandámoslle a Susana Moo que nos escriba un par de contiños, a Xurxo Ayán que nos dea creto "arqueolóxico" e xa a temos liada... O das lendas celtas xurdiu no século XVIII-XIX, no Rexurdimento. Pondal inventou toda unha serie de fabulacións baseándose na mitoloxía grega... O caso é contar un conto: os seres humanos somos devoradores de contos.

    ResponderEliminar
  4. Eu xa empecei co experimento, agardo que a familia que teño en Cadarnoxo, e noutras aldeas de Cures non me "crucifiquen" :i:

    ResponderEliminar

Os comentarios son libres, só pido sentido.