mércores, 4 de agosto de 2010

Volve o sentido común?

Gracias ao amigos de Certo vía facebook, acabo de enterarme que o muro da Arnela despois de varios anos volve a recuperala súa antiga faciana, aínda que coincido plenamente co texto que-lle engadiron: «O deste muro ten pouco amaño (e se o ten, cunha cuberta xeitosa, ou, se alguén fose moderno no goberno deste concello, cuns grafittis feitos por profesionais sobre os numerosos atractivos turísticos do concello, non sería barato).

Pero polo menos, logo de máis de tres anos, está un pouco máis decente. Logo os políticos irán por aí pedindo que os veciños cumpran ordenanzas sobre lixo e desleixos nos solares. Co que predican co exemplo!».


Isto doume unha idea que-lles comuniquei: Non é nada mala a vosa proposta, hai grafittis por aí que son verdadeiras obras de arte. Abrimos unha enquisa?.

É aquí estamos, propoñéndolles que se podería facer nel, con permiso, iso si, dos seus lexítimos propietarios, que tampouco é cousa de que proteste pola cacicada que-lle fixeron a meu pai no agro i eu tente facelo mesmo. Aínda que se nunca protestaron, supoño que tampouco tería moito censo que o fixesen de facerse algo decente.

Unha boa proposta dos infatigables compañeiros de Internet a un veciño de Queiruga: Pois fai o Castro de Baroña reconstruído, e por enriba a fervenza de Ribasieira, como se caera no castro...

A enquisa xa está en marcha hasta o día de San Ramón, voten, comenten e aporten ideas.

Fonte da noticia: fonforron.blogspot.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.