Hoxe toca lembrar ou facer un pouco do desaparecido Felíx Rodríguez de la Fuente, con esta serie fotográfica que por primeira vez logro acadar dun raposo tan preto e a pleno día. Téñome encontrado varias veces cos seus conxéneres, pero a maioría das veces saíame a foto borrosa ou só pillábaos pola sombra.
Polo xeral é raro que non fuxan con rabo entre as pernas ante a presenza do home, pero este, moi noviño, non só non fuxiu, se non que foise achegando paseniñamente e ao mesmo tempo observándome até que se detivo un bo rato para mirarme fixamente. Foi entón cando debeu pensar que ese era o seu límite de seguridade e decidiu enfilar cara á Casota do Páramo, para baixar igualmente con moita parsimonia cara á Graña ou a súa guarida.

O raposo non vai dicir nada, pero dicímolo nós: o curioso es ti... Que boa serie! Parabéns!
ResponderEliminarQue oportuno estiveches!
ResponderEliminar