Parece que a fin dos vergoñentos verquidos incontrolados no noso Concello pode te-los seus días contados, xa que o pleno acepta os terreos de Nebra para o punto limpo. Iso si, a la van dous anos e medio perdidos ou tirados, non se sabe ben por culpa de quen, ou si?.
Menos mal que non se puxo unha cláusula de que se non se facía a obra en dous anos ou se pretendese facer outra cousa, a comunidade recuperaría a concesión. Sendo un pouco malo, foi unha oportunidade perdida para "aproveitarnos" un pouco máis do Concello, que xunto con Xuño somos ás parroquias máis desfavorecidas.
Debullando a noticia quédome con dous apuntes:
- Segundo as explicacións do goberno, o motivo de aceptar eses terreos agora foi que Medio Rural «cada quince días pide un documento novo. Agora ocorréuselle que hai que levar este asunto a pleno».
Foi una mágoa que cando gobernaba o bipartito na Xunta non fixesen o mesmo, neste caso, non-lle fixo falla ningún papel para entrarlle a saco no agro de meu pai.
- Paréceme fenomenal que paralicen a obra de Xuño porque se cuestione a titularidade dun camiño. Pero é unha pena que algúns deses excompañeiros que co seu voto agora aproban esa paralización, calasen e consentisen a cacicada que o seu compañeiro cometeu contra meu pai. Esta visto que para eles hai cidadáns de primeira, segunda ou terceira.
Que conste que me corto un pouco porque foron moitos anos coma compañeiros e amigos, que se non ía máis lonxe, pero non vale a pena, cada un é responsable dos seus actos.
Ceñindome exclusivamente á noticia, vou debullar un pouco polo miúdo que pasou nestes dous anos e medio. A primeira noticia que tivemos os comuneiros de que o Concello estaba interesado en construílo Punto Limpo na antiga canteira, curiosamente non foi por mediación dos representantes da Comunidade como seria o correcto, se non mediante o panfleto Nordés, editado polo BNG de Porto do Son. Nel dixéronse cousas que os comuneiros xamais manifestamos, porque era imposible facelo sen antes coñecelas pretensións do Concello.
Días despois almorzabamos con esta noticia: Tomé acusa ao presidente dos comuneiros de Nebra de dilatar a instalación do punto limpo. Parte de razón tiña, se-lle fixo a petición en xaneiro, o normal por parte do presidente era convoca unha asemblea o mais axiña posible para debater, aprobar ou rexeitala cesión. Para iso están as asembleas extraordinarias.
O certo é que seis meses despois engade o punto na asemblea ordinaria, que están máis para debater outros temas, pero en fin: Cuarto punto.- Petición da alcaldía para autorizarmos un PUNTO LIMPO en Cadeiras.
Do que pasou nesa asemblea dei resumida información nun post do blogue adicado á comunidade baixo o titulo: Que vergoña. Asemblea que contou coa presenza dunha comuneira i edil do actual equipo de goberno.
Non se aprobou nada porque o presidente non tivo ningún interese e menosprezando aos comuneiros, volveu a convocarnos outra vez aos quince días, faltando a verdade na convocatoria e facendo comentarios máis propios de taberna.
Por motivos de traballo non puiden asistir a dita asemblea e non houbo ningunha outra, onde se informase da xuntanza mantida varios comuneiros co alcalde. Teño que supoñer que as cláusulas que se pactaron nesa asemblea, foron as que lle presentaron ao alcalde e que este as aceptou. Non é normal o que pasou, pero é que pasan tantas cousas anormais que unha máis non se nota. O certo é novamente gracias á La Voz de Galicia, soubemos que: Comuneiros de Nebra ceden dous mil metros cadrados para que se habilite o punto limpo.
Por certo, ese mesmo día acompañado do Xefe do IV Distrito de Noia foramos ve-la cacicada que lle fixeran a meu pai, e tampouco tiña constancia da cesión. El tamén se informara de todo isto pola prensa.
Zona onde se vai instalar o punto. Aínda que nas fotos se ve moita pedra, esta desapareceu. Non se sabe se a levaron os comuneiros, únicos autorizados a facelo tal é como se aprobou en asemblea, ou a levaron foráneos, con ou sen autorización.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.