venres, 18 de xaneiro de 2013

Mutuas incompetentes e Xustiza demasiado lenta


Ben..., a punto de cumprirse tres anos, fainos a primeiros de marzo, desde que tiven un accidente laboral nun xeonllo do que a Mutua Gallega, de Santiago e de Boiro desentendéronse totalmente e máis tarde un Inspector Médico, -todo contrario das dúas primeiras inspectoras que me atenderon moi ben-, logo da miña segunda reclamación ante a Inspección Médica de A Coruña. Hoxe chámanme do Centro de Saúde de O Son, para comezala rehabilitación, porque despois de quedarme sen traballo por culpa deses INCOMPETENTES puiden ser atendido polo médico de cabeceira, antes, ao ser accidente laboral, polo protocolo da Seguridade Social non podía facelo. Foi entón cando me pediu unha placa, para máis tarde remitirme ao servizo de traumatoloxía do Hospital da Barbanza, onde logo de facerme unha resonancia magnética confirmáronme que tiña rotura do ligamento cruzado, remitíndome ao servizo de rehabilitación do propio Hospital, Entre medias pasou ano e pico polo medio e xa cando me chaman e me atende o specalista, no intre de facerme unha exploración coas mans e punzarme con un dedo nunha zona do xeonllo, fíxome saltalas bagoas e iso que non son moi "queixumes", indicándome que tiña "pata de ganso", verba descoñecida para min ata ese día. Alí mesmo pregúntame se podía infiltrarme. Infiltración que non me serviu de moito, porque un mes más tarde o problema persistía, polo que me derivou ao Centro de Saúde para comezala rehabilitación. Polo meu ben, agardo que non xa demasiado tarde para recuperarme ao 100%.

A pesares da miña queixa polo menos a Seguridade Social vai algo máis rápida que a Xustiza, porque tamén estou agardando para que me saia o xuízo contra os incompetentes que me deixaron tirado, cando noutros casos fan a vista máis gorda, será porque na miña casa fai anos que o porco comémolo dende o fouciño ata o rabo e tamén xa fai moitos, que non vou ao marisco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.