mércores, 16 de xaneiro de 2013

A partir do día 19 deste mes cortarase o tráfico na Ponte de Noia



Liña amarela: Ruta alternativa para vehículos pesados en dirección a Santiago e Padrón.

Liña Azul: Ruta alternativa para vehículos lixeiros en dirección a Noia (pola Ponte de San Francisco).

Tamén varia o sentido de circulación na Rúa Ferreiro, podendo baixar por ela dende a Alameda para achegarse a San Lázaro.

Información extraída do FB de Rafael García Guerrero, alcalde de Noia.
Desde o concello avisouse a todos os concellos próximos. Comunicóuselle a todos os centros educativos, asociación de empresarios, uspan, planta de compostaxe...

Segundo se nos indica desde a empresa e Xunta comezarán o acopio de material o venres para iniciar as obras o sábado en función das mareas.

Non é posible poñer a data exacta da finalización da obra, porque dependerá do clima e incluso da aparición de restos arqueolóxicos.

A obra comeza en fin de semana, a petición do concello para minimizar o impacto, entre outras cousas, no transporte escolar

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.