xoves, 24 de xuño de 2010

San Xoán 2010

Coa chegada do solsticio do verán a noite de San Xoán ten un encanto especial.
Pola tardiña recóllense todo tipo herbas aromáticas e flores para deixar a remollo en auga, para lavala cara pola mañá. Despois déixanse a secar e na nosa zona cando che morría calquera animal, afumábase o cortello onde moraba.
Xa o di o refrán: as sardiñas por San Xoán mollan o pan. Unha boa ocasión para dar boa conta delas a carón das cacharelas, acompañadas de boroa (pan de millo) e bebida ao gusto de cada quen.


Como acompañamento non vai mal un bo churrasco, se é de porco da casa coma o meu caso, moio mellor e uns críollos, faise a noite aínda máis corta.


Os valentes aproveitan para saltar polas ascuas da cacharela e os moi, moi valentes, camiñan descalzos sobre elas.

Feliz día de San Xoán e non esquezan levantarse antes de que saia o Sol para ve-lo bailar... aínda que por Nebra non vai ser posible.

A fogueira de San Xoán en España e noutras partes do mundo. Interesante artigo en castelán e galego sobre o San Xoán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.