Por segundo ano consecutivo e tras un paron de varios sen celebrarse, o pasado domingo Portosín volveu a organizala súa tradicional Procesión Marítima na honra á Virxe do Carme, aínda que só participaron media ducia de barcos e varias lanchas.
O motivo de tan escasa participación ben a raíz dunha indemnización que un Xulgado lle impuxo a un barco de Aguiño, como responsable civil subsidiario dun accidente ocorrido cando celebraban naquel pobo a súa procesión. A imaxe foi transportada polo Mar de Galilea.
Xa na entrada do porto e mentres a Banda de Música interpretaba o himno galego, botouse ao mar unha coroa de flores e caraveis en lembranza de tódolos mariñeiros falecidos. Na memoria de moitas familias e amigos estiveron moi presentes os últimos desaparecidos: Joaquín Vázquez, mariñeiro do "Escalador" (en ausencia do seu tío e mestre, déranos moitas veces clases), Carlos Queiro, patrón do "Furacán" e Cándido Méndez, patrón do "Salvador".
Por desgraza houbo moitos máis desaparecidos dos que neste momento non lembro os seus nomes, polo que pido as oportunas desculpas.

Procesión Marítima Portosín |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.