Amosando publicacións coa etiqueta San Xoán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta San Xoán. Amosar todas as publicacións

martes, 24 de xuño de 2014

Un ano máis cumprindo cos ritos do San Xoán

Pola noite acendela cacharela para asalas sardiñas, costela, chourizos criollos e logo saltala fogueira para espantalas meigas...

... e pola mañá, levantarse antes de saír o Sol para ollalo bailar e lavala cara na olorosa auga de flores.



xoves, 24 de xuño de 2010

San Xoán 2010

Coa chegada do solsticio do verán a noite de San Xoán ten un encanto especial.
Pola tardiña recóllense todo tipo herbas aromáticas e flores para deixar a remollo en auga, para lavala cara pola mañá. Despois déixanse a secar e na nosa zona cando che morría calquera animal, afumábase o cortello onde moraba.
Xa o di o refrán: as sardiñas por San Xoán mollan o pan. Unha boa ocasión para dar boa conta delas a carón das cacharelas, acompañadas de boroa (pan de millo) e bebida ao gusto de cada quen.


Como acompañamento non vai mal un bo churrasco, se é de porco da casa coma o meu caso, moio mellor e uns críollos, faise a noite aínda máis corta.


Os valentes aproveitan para saltar polas ascuas da cacharela e os moi, moi valentes, camiñan descalzos sobre elas.

Feliz día de San Xoán e non esquezan levantarse antes de que saia o Sol para ve-lo bailar... aínda que por Nebra non vai ser posible.

A fogueira de San Xoán en España e noutras partes do mundo. Interesante artigo en castelán e galego sobre o San Xoán.