luns, 26 de abril de 2010

Unha vida por vinte arbores

Hoxe de novo a prensa volve a mostrarnos a incompetencia duns políticos, que de traballar nunha empresa privada faría tempo que estarían nas listas do paro. Parece cousa de risa, pero a verdade é que unha pélea por vinte árbores deixa a Ribeira sen heliporto. E a Xustiza que ten que dicir a todo isto?. Nada, lavarse as mans coma Pilatos, porque Herodes só houbo un.

No seu día xa me fixera eco disto descargando adrenalina contra os políticos, uns por non facer ben as cousas e outros por tentar lavarse as mans... coma Pilatos, cando sabían perfectamente ou deberían sabelo, que o problema deixarano os seus sobre a mesa.

Aquí falaba de odiosas comparacións, porque mentres para salvar vidas humanas non fixeran nada, para unha rotonda en Xaras (COTOP) e para lucimento dalgúns (Medio Rural), arrasaron con propiedades privadas. Nas imaxes a pista aberta polo bipartito e a Comunidade de Montes sobre propiedades privadas, sen coñecemento e permiso de 6 propietarios. Na foto 2, parte do agro de meu pai.

Non son xuíz, pero salvando os causes legais, son partidario de que se corten esas arbores e que se depositen os cartos nun banco ata que se dite sentenza. Non quixera estar no "pelexo" duns e outros, se por non poder usarse o heliporto se perde unha vida humana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.