Circulando onte pola estrada dende Carballosa ata Boa, decateime que a carón dos contedores se había feito unha limpeza a fondo, pero cal non seria a miña sorpresa ao comprobar que só na miña aldea todo seguía igual...
A verdade é que algunhas zonas daban noxo. Na Arnela había preto dunha ducia de sacos pechados que debían de levar alí máis de dous meses. No Alto de Olveira a pesar de se-lo único sitio que ten un cartel, a xente non o respectou dende o primeiro día. Na pista que leva a Miñortos pasa outro tanto, pero dende logo a zona que ultimamente leva a batuta é a que está na miña aldea: electrodomésticos, rodas, restos de coches, de obras, de albanelería, de carpintería, mobles, cristais e o que é peor, materiais perigosos. Menos mal que cada días pasan os chatarreiros e aproveitan o que-lles vale para vender, se non isto xa seria un caos.
Tiña pensado denunciar aquí o agravio comparativo acompañado dunhas fotos, pero como cando pasei chovían chuzos non puiden e agora, supoño que grazas á foto de La Voz de Galicia, hoxe ao mediodía sacaron todo.
Agardemos que isto non sexa só un lavado de cara para que os turistas se leven unha boa imaxe de Porto do Son e os que vivimos aquí, teñamos que seguir aturando estas cousas. Supoño que agora algúns tamén se decataran que non todo era culpa dos gobernos de turno.
Por certo, hoxe a carón dos contedores que hai na entrada de Caamaño indo de Ribeira, xa había pequenos enseres que tal e como di a normativa, só se poden depositar nas véspera do primeiro e terceiro martes de cada mes, se non me falla a memoria.
Segundo La Voz de Galicia: A concienciación co medio ambiente brilla pola súa ausencia en Porto do Son, pero se a isto lle aplicamos que a pesar das promesas dos distintos gobernos da Xunta de Galicia, o prometido Punto Limpo está no Limbo, apaga e vamos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.