luns, 29 de marzo de 2010

Exaltación da tortilla

Por segundo ano consecutivo a parroquia de Miñortos volveu a deleitar a veciños e forasteiros coa segunda exaltación da tortilla. O evento esta organizado pola asociación de veciños con Victor León ao fronte. A velada unha vez máis estivo amenizada pola Orquestra Los Estelares.

Na imaxe a señora Ramona do Gorrión, unha incansable colaboradora en cada evento que celebra esta asociación, especialmente na exaltación da festa da filloa celebrada polo entroido.

Como poden comprobar polas imaxes que acompaño, cando cheguei o persoal xa dera moi boa conta das tortillas presentadas ao concurso e as aportadas para degustar.

Crónicas da prensa:

Os asistentes á exaltación da tortilla de Miñortos consumiron unhas cinco mil racións

El restaurante A Parada ganó el concurso de tortillas sonense

II Festa da Tortilla

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.