O pasado domingo como paso previo á Semana Santa, celebrouse en Noia a romaría de San Lázaro ao pe da súa capela enclavada no barrio que leva o seu nome.
Non sei cantos anos tería a primeira vez que fun, pero tiña que ser moi pequerrecho xa que apenas lembro pequenos detalles. Supoño que me levaron cando pasaba longas tempadas na casa de meus avós na Graña, xa que pasarían moitos anos cando recunquei de novo.
A visión que lembro daquela primeira vez e unha capela no medio dun campo rodeada de arbores moi grandes, aínda que non podo precisar que especies. O que si lembro era que non había casas ao seu redor e si camiños embarrados polos que andaban os gaiteiros levando a súa música aos romeiros que comían por alí.
Ata fai pouco anos tamén había verbena, pero na véspera. O motivo era que un empresario que tiña unha sala de festa na zona para evitala competencia, polo visto facía unha importante achega se adiantaban a verbena ao sábado.
Este domingo un grupo de gaitas estivo facendo o pasarrúas e a banda de música de Noia dou un concerto a carón da capela.
As imaxes de hoxe nada ten que ver con aquela postal que apenas lembro, a capela esta rodeada de formigón e máis que-lle vai caer. Tampouco nada ten que ver coa foto antiga do barrio que colgou o alcalde de Noia na súa bitácora.
Se pican no álbum poderán acceder ás imaxes da romaría e ve-lo último recuncho natural que quedaba en San Lázaro.

San Lázaro |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.