O 31 de agosto celebrase en moitas parroquias a festividade de San Ramón, en Nebra tamén. O Carme adiantouse ao día 30.
Para que o día da festividade tivese un pouco máis de "color", o meu fillo acompañou o alzar coa gaita, e logo co tambor a procesión. Moncho de Xusto, da aldea de Calo, encargouse de botar uns foguetes froito dunha promesa.
Ao igual que aconteceu nas festas patronais, non tivemos verbenas, pero no caso de San Ramón é a segunda vez en 60 anos que se queda ser verbena e o Carme, moitos máis.
Isto case houbo de acontecer por primeira vez en 1989, pero daquela gracias a unha iniciativa propia, acudiron moitos veciños ansiosos á chamada e logrei nunha semana organizalas verbenas. Ademais acadei que tamén se celebrase a romaría da Balbanera, que levaba o mesmo camiño de non organizarse, inda sabendo que eu esas non as ía poder desfrutar.
Aquel ano recadaranse 543.450 ptas, gastaranse 490.475 ptas e tiveramos un superávit na recadación casa por casa de 52.975 ptas.

Gastos:
- Orquestra Tauro, 100.000 ptas.
- Orquestra Concorde, 125.000 ptas.
- Fogos pirotécnicos, 118.000 ptas.
- Banda de Gaitas Infantil Os Amables de Negreira, 35.000 ptas.
- Grupo de Gaitas e Baile Os Emigrantes, 35.000 ptas.
- Xerador, 35.000 ptas.
- Permisos e SGAE, 11.758 ptas.
- Outros gastos, 30.000 ptas (edición rifas, carneiro, Seguridade Social, invitacións orquestras e gaiteiros, etc).
- Bar da comisión 25.000 ptas, despois de deducir tres gratificacións.
- Venta rifas 19.550 ptas.
Esas cantidades sumadas ao superávit sumaron un total de 97.525 ptas, que como dixen, quedaron para as festas da Balbanera.
Noutra entrada, tal vez me decida a contalo final desta rocambolesca historia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.