Eran as 7:30 da maña cando divisei a carón do peirao de Porto do Son un helicóptero cun foco e dúas lanchas de salvamento ao seu arredor doume moi mala espiña. Ao mediodía confirmou meu pai e as edicións dixitais de El Correo Gallego e La Voz de Galicia.
Outro naufraxio co resultado dun mariñeiro morto tinxe de novo de loito a unha familia da bisbarra. O falecido é Carlos Queiro Otero natural de Miñortos e con parentes en Nebra. Os seus compañeiros, un galego e un peruano salváronse o aferrarse aos restos do barco mentres agardaban pola axuda.
Descoñezo se grazas a un chaleco salvavidas o infortunado mariñeiro houbese tido mellor sorte, pero seguro que tería unha porcentaxe moi alta de salvarse igual que os seus compañeiros.
Teño comentado nalgún foro como un compañeiro de Portonovo salvou a súa vida ao caer do barco no que traballamos no Mar do Norte, grazas a el.
Sen saír desa zona, en Noruega é normal ver á xente nos barcos de pesca ou recreo levalos e tamén aquí ós mariñeiros dos barcos dependentes de Fomento, levanos posto, non así á maioría dos da Xunta de Galicia.
Hoxe é hora de lamentos, maña coido que haberá que empezar a poñer remedios para que na medida das posibilidades isto non volva a acontecer. Fun mariñeiro e sei que pode ser molesto traballar con eles, aínda que hoxe son moito menos voluminosos, pero grazas a eles pódense salvar moitas vidas.
D.E.P Carlos.
Actualizado 30/09/2009
As noticias onte eran moi confusos e cometín algúns erros na entrada.
Segundo relataron os superviventes, nadaron preto de 2 horas ata que foron recollidos por outro barco, sen embargo o falecido, segundo eles, preferiu quedarse aferrado á quilla despois de ter que mergullarse ao quedar atrapado dentro da ponte de mando.
Tal vez decidise quedar preto do barco na espera dunha pronta axuda, xa que si se tivo que mergullar intuíse que algo tiña que saber nada, pero tal vez o cansazo e o frío fixeron mella nel.
A miña valoración final segue sendo a mesma, un chaleco pode ser de moita axuda. Pensemos nel cando nos fagamos ao mar.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.