sábado, 5 de setembro de 2009

Festa da malla

Ao carón da Capela das Pardiñas, adicada á advocación da Virxe dos Desamparados, celebrouse a II Festa da Malla organizada pola Asociación Veciñal de Miñortos.


Tal e como nos informou a incansable e colaboradora señora Ramona, que estaba facendo filloas, estropeouselles o trigo polo que a malla quedou moi deslucida.


Á esquerda, a ducia escasa de monllos que puideron mallar.


Este tipo de malladoras séguense usando neste Concello aínda que cada vez menos debido a presenza xa das modernas segadoras. En Nebra temos unha propiedade de Manuel do Xouleiro de Coira, que veu de substituír á  unha malladora moi antiga que había, primeiro propiedade do señor Ramón das Pousas de Quintáns, que finalmente vendeu ao señor Antonio de Santiños de Puilla.


Vista xeral, rematada a malla, coa maxestosa sobreira que fai sombra ao cruceiro e o impresionante pino que creceu ao seu carón.


Ese foi todo trigo que dou a colleita, pouco máis que para un par de filloas.


Parella de córranchos para rifar na festa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.