venres, 1 de xullo de 2011

Unha porqueira é a súa casa


Facía tempo que non daba unha volta polo paseo da Aguieira e isto foi co que me atopei e seguramente os primeiros visitantes deste mes de xullo.


A escasos metros dos contedores, outros incívicos deixaron os restos da súa merenda. Só pensan neles e seguramente hoxe seguramente foron os primeiros en queixarse se noutra praia se atoparon con algo parecido.


O "cachondeo" e a pouca gracia que se gastan algúns non ten nome e non tódolos días é tempo de Entroido ou San Xoán. No caso dos "pales" materia inerte é pero hai que ser ben "burro", con perdón para os cuadrúpedes. As rodas sen palabras.
Por último os letreiros son ben claros e precisos. Contedor grande: só materia inerte. Contedor pequeno, só materia orgánica.


Tema aparte é esta torre dos vixiantes. Son estes pequenos detalles onde se nota o mimo co que se coida e mantén o mobiliario das praias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.