O 24 de novembro de 1910 a Garda Civil abría fogo contra unha manifestación de tres mil persoas que protestaban en Noia contra a suba do imposto de consumos. A política do mauser volvíase a facerse presente en Galiza como sostén do réxime da I Restauración, provocando nove feridos e a morte de Ricardo Alonso Arias, un mariñeiro de Manle que deixaba cinco fillos, e dunha moza de dezaseis anos chamada Consuelo Queiro Gómez.
Oportunidade histórica que perdeu o BNG para non ir a remolque en Nebra co acto dos mártires de Cans. Dito relato sae no monográfico editado por Sermos Galiza, presentado en Nebra o pasado 12 de outubro.
Tantos anos como gobernaron en Noia e que ningún militante coñecese a súa Historia da que pensar, como aquí aproveitáronse da miña boa fe, por non pararlles os pes a tempo, cando promovín a primeira homenaxe sobre a ponte de Cans onde coloquei con un lazo negro a bandeira galega. Acto ao que non acudiron os que hoxe presumen de ser cousa súa. Non hai máis que ollar a foto do día. Foi a única homenaxe á que acudiu unha ampla representación da familia de Antonio Sobrado.
Este ano acompañounos a choiva, que segundo pasaba o tempo, e impulsada polo vento mollaba moito máis. Con todo, seguimos segundo o planificado, xa que a presentación do monográfico "Rebeldía galega contra a inxustiza", editado por Sermos Galiza, fíxose ao amparo do Local da Comunidade que por 2ª vez deu pe para presentar outro libro sobre a crónica negra da parroquia.
Tivemos coñecemento da publicación a través da súa web, polo que fomos ao primeiro acto de presentación no mes de marzo en Ferrol. Ao remate, pasada a rolda de sinaturas polos autores, propuxémoslle ao director de Sermos, Xoán Costa, a súa presentación en Nebra. Eles tiñan un calendario de presentacións que ían desenvolver entre marzo e abril, e contaban tamén con Nebra, mais pasou o tempo, sucedéronse outras presentacións, pero en Nebra non se fixo.
Pouco despois da Balbanera visitamos a sede de Sermos en Santiago para ir artellando o acto. Cabe destacar a grande recepción por parte dos integrantes da editorial en todo o tema. Máis tarde, na presentación do libro de "O Son que coñeceu Ramón Caamaño", informamos dalgúns detalles a persoas interesadas no acto. Por un problema de axenda, non podía asistir o autor do capítulo de Nebra, Eliseo Fernández. Dende que elaboramos o centenario e, vistas varias publicacións de carácter histórico en La Voz de Galicia, tiñamos a idea de facer unha mesa educativa ou coloquio con Patricia Torrado Queiruga. A baixa de Eliseo púxonos na tesitura de avisar con pouco tempo de reacción a Patricia, pero estivo moi aberta a colaborar, poñendo o enfoque nun apartado que, case que sempre, queda acantoado cando se fala destas revoltas, o papel das mulleres.
Ampliando a información na que Patricia preguntase se foi decisión propia das mulleres acudir á protesta ou impulsadas polos homes. No caso de Nebra, concretamente Generosa da que abarco máis información acude en contra da súa opinión que a a prevé que podía haber problemas, mais ela insistiu en ir, deixando á súa filla Rosa que, tan só tiña uns meses ao coidado da miña bisavoa.
Dada á gravidade das súas feridas de morte levárona para a súa modesta casa nunha improvisada ancórella que non era máis que unha escada das habituais usadas nas labores agrícolas. Casa que aínda hoxe conservase como un alpendre.
Rematada a presentación, dispuxémonos coa ofrenda floral na ponte de Cans. A chuvia que caía non daba pe a moitas palabras ao pe do monólito polo que se axilizou a colocación das flores por parte de Patricia e agradecer á persoas que tiveron o pracer de achegarse.
Media hora máis tarde, na misa tivemos a asistencia de familiares directos e a presenza do padre Calo.:ao que o Concello Concello de Porto do Son ven de concederlle a medalla de ouro do municipio.. O "outro" acto Como apunta La Voz de Galicia na súa crónica sucedéronse dous actos, e, como vén sendo habitual, danlle máis visibilidade ao do BNG e deixando en segundo plano o noso, e todo a pesar da extensa conversa telefónica mantida comentándolle pouco máis do escrito aquí e como se ve excluíron totalmente o da presentación dun libro ou a presenza de Francisco Rodríguez. En canto ás verbas recollidas no acto do BNG, teñan por seguro que non se vai esquecer este suceso porque os que estamos dende o primeiro ano organizándoo (e incluso antes), non imos deixar de facelo, por moito que lles pese aos que veñen facelo seu paripé "verba usada por todo un mestre nacionalista" para referirse ao noso.
Se tivese algo de vergoña calaba por dúas razóns que eran ben ngr@s e porque amosa que no lle chega ao adoite daquela xente que perderon a súa vida polos seus dereitos e pola xente de todo o Concello.
Ese ano ao contrario que fai 2 ningún dos seus colegas puido darme replica na rede social Facebook, xa que como proba partillei un artigo de La Voz de Galicia, onde persoalmente recoñecía como se sufragara e quen foi o partícipe de levar a cabo estas lembranzas, co que non contaban era que cedese ante a súa pretensión de deixalos solos unha vez que perderon a hexemonía nos actos de Ramón Sampedro.
Aquí tamén van ao seu aire e xamais se dignaron a falar coas familias, porque á maioría nin sequera os coñecen.
O da "manipulación" ben porque alguén que tapa un monolito para destacar a súa "marca", xa o di todo. Como outros anos, invito ao BNG do Son a que asista a algún dos actos de recordo noutras localidades (salvo en Sofán, Oseira e Noia, que notase que nesas asembleas locais da non tiveron outro Paco do Martelo, para poñela primeira pedra) e tomen nota do seu funcionamento: en Sobredo só hai un acto oficial ao que asisten todos (e o BNG fica entre o público) ou en Carral o BNG fai o seu acto días posteriores ao día oficial. Tal e como lles comentamos a xente do BNG que asistiu á presentación e ofrenda que viñeron doutra localidade, lamentamos que se siga sucedendo outro acto o mesmo día, o que motiva a desconfianza das familias que non queren verse involucradas en política; e aclarar, unha vez máis, que non temos culpa, e como propulsores destes actos non vamos a deixar de organizalo noso que é o único oficial, non o deles que como se pode ver na captura do vídeo, onde máis ben a ofrenda parece que é á estreleira, que cando ollei unha foto, sen ser adiviño intuín que fora cousa do mestre e expresidente da comunidade por desenmascaralo e deixalo por mentireiro ano pasado, cando presumiu ante os seus que o monólito fora costeado integramente pola "súa asemblea local".“Las mentiras tienen las patas cortas pero los charlatanes, las piernas muy largas”.
Un ano máis veciños, veciñas e familiares (netos, bisnetos e xa tataranetos) dalgunhas das cinco vítimas abatidas naquel funesto 12 de outubro de 1916, volvemos a lembralos no seu 96 cabodano. Xa son 13 edicións (ou 12 + 1, como diría Ángel Nieto do que fun un gran seguidor), pero nós, nada supersticiosos, xa estamos argallando a próxima homenaxe.
Por motivos de axenda, este ano o señor alcalde, Don Luís Oujo, tivo que delegar na edil do seu equipo de goberno, María José Maneiro, que foi testemuña do que alí se estaba montando, para a súa sorpresa.
Por coincidencia ou buscado (ninguén se puxo en contacto con nós para interesarse polo noso tradicional acto floral), á mesma hora houbo un mitin electoral no lugar. Afirmo que foi un mitin, porque unha das candidatas ao final pediu o voto para o seu partido, e o discurso de ámbolos dous poñentes ían por ese camiño tamén. Isto é o que dende fai seis anos procuran con todo isto, ademais das pancartas que penduraron ocupando elementos públicos incitando a votalos; veñen a demostrar, de novo, que para eles o de menos é lembrar ás vítimas. En fin, alá cada quen, pero polo menos que non obriguen a mentir ao xornal, o cal vilipendian denominándoo "La Coz" cando publica, segundo eles, mentiras doutros.
Ese contratempo foi o motivo polo que nos visemos obrigados a demorar a nosa ofrenda anual, xa que nesta ocasión o acto central teriámolo logo da misa, no local da Comunidade de Montes, onde se proxectaría, nun pase privado, a curtametraxe "Nebra", baseada nos feitos acaecidos en Cans. Con guión e dirección de Marisa Otero, que nos honrou un ano máis coa súa presenza.
Logo explicounos un pouco as vicisitudes que pasou para poder levar a cabo este ambicioso proxecto, que a moitos dos asistentes fíxoselles curto, pero como ben nos explicou Marisa, unha curtametraxe é iso.
Parabéns ao visionario que comentou na entrada do adianto da curta, inculpándonos (O_O;) sermos os que lle quitamos a fita do seu "ramo", fita que, hoxe mesmo pola mañá, seguía no seu sitio, como poden ver na foto.