sábado, 10 de novembro de 2012

Xornada Micolóxica en Porto do Son


Organizada pola Consellería de Medio Ambiente do Concello de Porto do Son, en colaboración coa Comunidade de Montes de Baroña tivo lugar no Centro de Interpretación do Castro de Baroña unha charla de iniciación ao reino fungi e identificación, impartida por Jesús Parada, presidente da Asociación Micolóxica Refungando de Ribeira, á que acudimos unhas trinta persoas.

Logo da charla houbo unha visita guiada aos montes de Baroña para recoller insitu e poder identificar mellor as diferentes especies que fósemos atopando. Non foi un bo día para recoller cantidade e variedade, ao sumo puidemos catalogar unha ducia de comestibles e serviunos tamén para saber rexeitar outras tantas.

Por seguridade e para non confundir a ninguén, omito o nome das especies que aparecen na reportaxe, xa que unhas son comestibles e outras non.

Refungando
Asociación Micolóxica Sendeiriña: Publicacións

Xornada Micolóxica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.