xoves, 15 de novembro de 2012

Presentación de «Nebra» en Porto do Son


Despois da súa exitosa estrea o pasado 20 de outubro en Vedra, presentase na Casa de Cultura do Concello de Porto do Son, a curtametraxe: Nebra.


Canta razón ten Marisa nesta entrevista, porque é verdade, fai uns anos a xente era moi remisa a falar disto. A min aconteceume o mesmo. Aquí expliquei as vicisitudes que pasei para coñecer de primeira man o que acontecera aquel ano.

Tamén recoñezo que son un dos que se emocionou coa película, xa me pasara cando pasamos o pase privado en Nebra, pero Mela Casal, que para min borda o seu papel, é quen de transportarnos no tempo a ese fatídico 12 de outubro.


Marisa Otero, no centro, con algúns actores que interviron na curta, o día da súa estrea en Vedra.


Ah, e non se esquezan que antes podemos desfrutar do magosto que nos ofrece o Concello, coa colaboración das APAS de Santa Irene.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.