Non me considero un experto en cogomelos, non obstante dado que hai algunhas especies que son, entre cómellas, bastante doadas de distinguir as comestibles das tóxicas, é polo hoxe recomendo esta especie da que recollín o venres un cestiño e hoxe outro. Todo o contrario do que fixo alguén nunha leira a carón da miña casa, que levou grandes, pequenas e mesmo as que aínda non despregaran o chapeu.
Debemos ser conscientes que se non están abertas de todo, evitamos que propaguen as súas esporas e iso é pan para hoxe, e fame para mañá.
Macrolepiota procera (Scop. : Fr.) Sing.
Nomes sinónimos: Lepiota procera / Agaricus procerus / Leucocoprinus procerus
Nome común: Galimpierno, Parasol
Nomes populares: Galego: Choupin / Castelán: Parasol / Catalán: Paloma / Vasco: Galanperna jangarri
Carne esbrancuxada. Arrecendo parecido ás abelás.
Época de Aparición: Remate do verán e no outono.
Hábitat: Dáse preferentemente en pradeiras, bosques, claros e tamén onde hai fieitos É moi común.
Características: É un cogomelo moi grande, o chapeu pode alcanzar até 35 cm. de diámetro. De xove é esférico e parece o pau dun tambor, despois acampanado e finalmente estendido, pero mantendo un mamalón central marrón. Superficie vilosa de cor crema cunhas grosas escamas marróns que aos poucos se desprenden. As laminas son anchas, apertadas, brancas ou crema coa idade. Pé esvelto, groso na base, oco e fibroso cun anel dobre, que termina por facerse móbil a través do pé, como atigrado. A característica do seu anel móbil, como ben se explica no vídeo que achego, é o que nos impedirá que nos confundamos coas tóxicas.
Precaucións: Dentro deste xénero hai moitas macrolepiotas de gran porte e moi similares, salvo polo pé que adoita ser liso no canto de atigrado, todas elas comestibles fóra da Macrolepiota Venenata, que é tóxica ou indixesta e mánchase de vermello escuro cando se corta, ten o anel simple.
PERIGO, para os pouco expertos preséntase o problema de confundir as macrolepiotas coas lepiotas, especies mortais que hai que ter en conta, cuxo aspecto é en ocasións parecido, pero que son sempre moito máis pequenas, as macrolepiotas son sempre grandes, aínda recentemente saídas. Como precaución non consumir xamais unha macrolepiota de menos de 10 cm. de diámetro, xa que as lepiotas mortais nunca alcanzan devandito tamaño.
Valor culinario: Excelente comestible, o pé tirase, débese raspar un pouco as escamas para quitar as máis duras. É unha delicia simplemente rebozada con fariña e ovo.
· Ovos
· Fariña
· Pan raiado
· Sal
· Aceite
Elaboración:
Limpámolas ben, normalmente cun pano húmido ou papel de cocina é suficiente. Cortámolas en cachos, colocamos as láminas cara arriba e salgámolas.
Rebozámolas coa fariña, ovo batido e pasámolas finalmente polo pan raiado.
Frixímolas en abundante aceite de oliva, poñémolas sobre papel de cociña para eliminar o exceso de aceite e sérvense.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.