Abonda con darse unha volta polo rural do interior da Galiza para darse de conta dos centos, miles de casas que por unha e outra causa foron abandonadas e se converten en ruínas.
Falando con amigos e amizades, poño este exemplo: hoxe practicamente non hai distancias e cada familia case dispón dun coche co que poder desprazarse, cando non fai tanto, menos de 50 anos, nin había estes medios de locomoción, nin pistas. Todo un dilema.
Falando con amigos e amizades, poño este exemplo: hoxe practicamente non hai distancias e cada familia case dispón dun coche co que poder desprazarse, cando non fai tanto, menos de 50 anos, nin había estes medios de locomoción, nin pistas. Todo un dilema.
Vía: El Correo Gallego
QUE o noso mundo rural se esfarela non presenta dúbidas. A paisanía mostra desde hai tempo unha clara desafección polo campo como medio de vida e parece que ninguén tomou en serio este problema de despoboamento para lle poñer remedio eficaz. Durante un paseo pola illa de Cortegada estes días, vendo como a natureza repoboou de bosque o que abandonou a xente que alí vivía da pesca e da agricultura, trasladada para lle regalaren uns señores da zona a illa a Alfonso XIII, vin un espello do que pode ser axiña boa parte da Galicia rural. A diferenza é que a illa está máis protexida polo mar e tamén por vixilancia contra o lume, outra traxedia deste país noso que colabora na destrución da paisaxe e da riqueza.
Segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), no século XX desapareceron de Galicia 1.338 núcleos de poboación e na actualidade hai 751 que teñen un só habitante. A media de idade supera a do estado e estes datos son reveladores de cara a onde camiña o mundo rural tan conformador da Galicia histórica, da Galicia que herdamos quen xa temos un tempo. Ese pobo e esa paisaxe foron quen mellor conservaron a nosa singularidade, centrada fundamentalmente na lingua e na cultura popular.
O que está acontecendo no noso campo, outrora agrogandeiro, aínda ten efectos máis marcados no interior (Lugo e Ourense), onde foi máis demorada a chegada das infraestruturas básicas de comunicación. Galicia, atrasada secularmente nas comunicacións, agás polo mar, non tivo problemas para que a nosa xente marchase cara a Cuba e Argentina, e máis tarde a Europa e os territorios máis desenvoltos da península: Cataluña, Euskadi e Madrid. Na actualidade, hai unha nova emigración da xente moza, a máis preparada, a que podía axudar a modernizar a visión económica dunha terra fértil regada por mil ríos que está ademais colmada de riqueza ecolóxica e etnográfica, ambas constitutivas dun activo con valor singular para as sociedades máis avanzadas. Non só agora. Sempre marcharon os máis preparados, os máis emprendedores, os máis ousados. Esa foi a nosa perda cualitativa. E os tesouros que deixaban non foron debidamente valorados polos lugareños que os identificaron coa súa pobreza. As mentes reitoras da nosa sociedade si puideron traballar na conquista da autoestima e de valorar o propio. Pero parece que tampouco crían niso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.