O peirao da Agueira foi construído no ano 1908 para desembarcala sardiña que pescaban as traíñas e que vendían na fabrica que se construíra neste illote.
Oito anos despois prestou un servizo para o cal non fora concibido. Dende el foron embarcados en traíñas os feridos da represión e masacre acontecida na ponte de Cans. A súa punta enfía precisamente a esa aldea.
Logo foron desembarcados no peirao de Noia, e alí foron subidos ao coche de liña que os levaría ao Hospital Real de Santiago, hoxe reconvertido no Hostal dos Reis Católicos. Alí faleceran as dúas últimas vítimas: Ramona Suárez e Rosa Cadórniga.
No acto faleceran Antonio Sobrado e Francisca Carou. Xenerosa Vidal, que ante a gravidade das súas feridas fora levada directamente para a súa casa, faleceu tres días despois.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Os comentarios son libres, só pido sentido.